Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
CXG Gestión Operativa
18/7/2013 A empresa, que recoñece a improcedencia dos despedimentos, estase a desfacer do persoal con máis antigüidade
Traballadores e traballadoras de Hewlett Packard (antiga Coinsa e Stba) realizaron dúas concentracións consecutivas a primeira hora desta tarde nos centros de traballo situados no Polígono de Pocomaco e A Grela na Coruña, en rexeitamento aos despedimentos inxustificados que está a executar a multinacional.
5/5/2010 A nova propietaria, HP, ten intención de pasar ao persoal convenio do telemárketing
O Comité da antiga CxG Gestión Operativa, acompañado por delegados e delegadas da CIG, desenvolveron esta mañá unha nova concentración diante da Oficina Principal de Caixa Galicia en A Coruña para esixir garantías da continuidade do emprego e o mantemento das súas condicións laborais.
22/3/2010 Rexeitan as intencións da nova propietaria, HP, de cambiar o convenio de referencia e esixen a Caixa Galicia que medie ante a multinacional
Os/as traballadores/as da antiga CXG Gestión Operativa, filial que Caixa Galicia vendeu o pasado mes de decembro a Hewlett Packard, retomaron este luns as mobilizacións para esixir a ambas entidades garantías da continuidade dos empregos e rexeitar as intencións de HP de cambiar o convenio de referencia a partir do vindeiro ano e aplicar ao persoal o convenio do telemárketing. Este cambio suporía unha redución substancial das condicións laborais e salariais do conxunto dos/as traballadores/as, polo que dende a CIG se reclama á Caixa Galicia que asuma as súas responsabilidades e medie diante da multinacional norteamericana.
22/2/2010 HP, actual propietaria da filial de Caixa Galicia, comunicou ao persoal que aplicará o convenio do telémarketing en lugar do de oficinas
O Comité de empresa da antiga CxG Gestión Operativa e delegados e delegadas da CIG concentráronse novamente na mañá deste luns diante da oficina principal de Caixa Galicia en A Coruña para reclamar á entidade e a HP (actual propietaria de CxG) que respecten as condicións laborais dos traballadores/as, logo do anuncio da multinacional de que aplicará ao persoal ao convenio de telemárketing en canto remate a vixencia do actual convenio de oficinas e despachos. Isto significará un descenso considerábel nas condicións laborais dos máis de cen empregados/as, moitos dos/as que levan na empresa máis de 20 anos, así como a conxelación dos seus salarios.
28/12/2009 O Comité e delegados/as da CIG levaron a cabo unha concentración diante da Oficina Principal de Caixa Galicia en A Coruña
Traballadores da antiga CxG Gestión Operativa e delegados/as da CIG desenvolveron unha nova concentración diante da Oficina principal de Caixa Galicia en A Coruña para demandar garantías para a continuidade do emprego e das condicións laborais na filial da entidade financeira, recentemente adquirida pola multinacional HP. Baixo a consigna "Os negocios de Méndez, que non os paguen os inocentes", a central e o Comité advertiron que as mobilizacións continuarán até que ambas empresas acheguen compromisos de futuro para os traballadores/as.
23/12/2009 Caixa Galicia vendeu á multinacional HP a auxiliar o pasado 1 de decembro
A federación de Banca da CIG vén de convocar para o próximo luns, día 28 de decembro, ás 11:00 horas, unha concentración ante a oficina principal de Caixa Galicia, na Coruña, ante a negativa desta entidade financeira e Hewlet Packard a negociar o futuro do emprego e  as condicións laborais en CxG Gestión Operativa (antiga COINSA) e diante da táctica de dividir ao cadro de persoal para que parte del se enfronte ao Comité e á CIG.
2/12/2009 A caixa galega efectivizou este 1 de decembro a venda da súa auxiliar á multinacional norteamericana
Máis de 50 delegados e delegadas da CIG, xunto co Comité de Empresa de CxG Gestión Operativa, actual Hewlett-Packard Procesos de Negocios, desenvolveron unha concentración na mañá deste mércores diante da oficina principal de Caixa Galicia en A Coruña para esixir á entidade financeira e á multinacional HP garantías para o mantemento do emprego e das condicións laborais de todo o cadro de persoal de CxG.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com