Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
O neoliberalismo do século XX foi uma tragédia. Um neoliberalismo do século XXI seria uma nova tragédia e uma farsa. O neoliberalismo surgiu...
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
sectores produtivos
12/6/2013 A CIG denuncia as preocupantes taxas de paro e a ausencia de expectativas para os sectores produtivos das respectivas zonas
Milleiros de persoas mobilizáronse hoxe en Vigo, Santiago, Pontevedra e Ribeira en defensa do emprego e para esixir a posta en marcha de medidas que permitan recuperar as súas economías. Durante as protestas, que coincidiron coa convocatoria de folga en Ferrolterra, denunciáronse as nefastas políticas que está a impor o Partido Popular á fronte dos gobernos do Estado e da Xunta e reclamouse a convocatoria dun paro xeral en Galiza.
11/6/2013 Este mércores 12 de xuño, na defensa do emprego e a exixencia de medidas que garantan a supervivencia e recuperación dos nosos sectores produtivos
A CIG ten convocadas este mércores, 12 de xuño, mobilizacións en Vigo, Compostela, Pontevedra e Ribeira para denunciar a grave situación de desemprego que padecen estas comarcas e as nefastas políticas que está a impor o Partido Popular e a Xunta de Galiza.
14/11/2012 Na quenda de noite apoiouse masivamente o paro nunha xornada que transcorreu con normalidade e sen máis incidentes destacábeis
Os datos de seguimento da folga xeral, actualizados ás nove da mañá, certifican o éxito da convocatoria, que foi seguida en Galiza, de media, por un 90% das traballadoras e traballadores. Os datos do consumo eléctrico rexistrado durante as primeiras horas do paro amosan que a demanda caeu un 8,15% con respecto ao mércores da semana pasada. Os datos de participación poñen de relevo o rexeitamento do conxunto dos traballadores/as galegos/as das políticas de recortes e austeridade e a petición, por parte da cidadanía, dun cambio de rumbo.
14/4/2011 A CIG alerta da situación de emerxencia que atravesa Ferrolterra e acusa ás forzas políticas estatais de adoptar medidas que limitan a súa capacidade produtiva
Máis de un milleiro de persoas manifestáronse na tarde deste xoves polas rúas de Ferrol en defensa do emprego e da comarca e para denunciar a inexistencia de decisións políticas que alivien esta crítica situación socio-laboral, que ten levado a acadar cifras históricas de desemprego e á emigración como única saída. Dende a CIG de Ferrol apuntouse que a causa desta situación non se atopa só na conxuntura de crise económica mundial, senón que ten responsábeis no entorno político e económico máis próximo, cuxas decisións limitan ou impiden de xeito grave a capacidade produtiva.
4/4/2011 Dende agosto de 2007 máis de 100.000 traballadores e traballadoras sumáronse ás listas do desemprego no noso País
As cifras de desemprego continuaron incrementándose en Galiza durante o mes de marzo até chegaren as/os 249.246 paradas/os, un 0.4% máis que en febreiro. Deste xeito, as listas do paro suman 967 novas persoas, acadando un incremento da taxa interanual do paro do 5.4%, a respecto do mesmo mes do ano anterior. Como dato revelador, cabe subliñar que dende agosto de 2007, ano no que se rexistrou a cifra máis baixa de parados/as, sumáronse ás listas de desemprego no noso País máis de 100.000 traballadores e traballadoras.
13/3/2011 A CIG demanda un cambio nas políticas antisociais, o mantemento das caixas de aforros e unha reactivación do tecido produtivo galego
Máis de 5.000 persoas participaron este domingo na manifestación convocada pola CIG e o BNG baixo o lema “Galiza ten dereito. En defensa do aforro, o emprego e o País”. A marcha saíu pouco despois das doce do mediodía dende a Alameda de Compostela e rematou na Praza da Quintana. Alí o catedrático de economía aplicada da USC, Xavier Vence, foi o encargado de ler un manifesto no que se demandou unha viraxe inmediata das políticas antisociais practicadas polos gobernos galego e español e se denunciou o abandono ao que se ven sometidos sectores básicos da nosa economía.
11/3/2011 A marcha sairá ás 12:00 horas dende a Alameda de Compostela
A CIG e o BNG teñen convocada unha manifestación nacional este domingo, 13 de marzo, en Compostela, baixo o lema “Galiza ten dereito. En defensa do aforro, o emprego e o país”. A marcha quere ser unha resposta contundente aos ataques que están a padecer sectores estratéxicos do noso País, nomeadamente as caixas de aforros. Así mesmo, a manifestación que a Federación de Químicas da CIG tiña previsto realizar o domingo 13 na cidade da Coruña en contra do Decreto do Carbón, ficou finalmente desconvocada, ao integrarse na marcha de Compostela, dado o seu carácter máis global.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com