Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Nos 70 anos da Vitória de 1945
13/05/2015Jorge Cadima
A História mostra que o fascismo torna-se uma ameaça séria quando as classes dominantes optam pelo exercício do seu poder através da violência...
O medo de sair da zona do euro não deveria mais paralisar a Grécia
13/05/2015Stathis Kouvélakis
O que está em jogo na Grécia é a possibilidade de uma mudança radical e uma virada política na direção da emancipação não só de um povo e...
Stathis Kouvelakis
13/05/2015
...
Odessa não esquece
08/05/2015Luís Carapinha
Cumpriu-se o primeiro aniversário dos sangrentos acontecimentos de 2 de Maio em Odessa que culminaram com o incêndio e a chacina na Casa dos Sindi...
Grécia, ditadura financeira e caos
08/05/2015Immanuel Wallerstein
A Grécia foi admitida na zona do euro em 2000, supostamente por ter alcançado as exigências formais para isso. Quando, depois de 2008, a dívida ...
Hai alternativas ao TTIP e aos tratados de “libre comercio”?
05/05/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
Tragédia no Mediterrâneo
30/04/2015Albano Nunes
ensino
4/3/2015 Reclama da consellaría de Educación un Plan de Igualdade que permita mudar esta situación
Con motivo do 8 de marzo, a CIG-Ensino realizou un estudo sobre a representación que teñen as mulleres nos cargos directivos. No estudo pódese comprobar que tamén neste sector existe desigualdade á hora de ostentar cargos directivos. Por iso reclama da consellaría que articule os mecanismos necesarios, mediante a elaboración dun Plan de Igualdade, para mudar esta situación.
27/11/2013 Apostan por unha educación de calidade no mundo rural inserida nun proxecto global de desenvolvemento do rural
A Mesa Galega de Educación no Rural presentou esta mañá, en rolda de prensa, un documento no que se fai un repaso á situación do ensino no rural galego e se demandan toda unha serie de medidas para potencialo, dentro dun proxecto global de desenvolvemento do rural. As organizacións que forman parte da Mesa, AS-PG, Nova Escola Galega, CIG-Ensino, CCOO, CSI-F, STEG, UGT e Asociación Antonio Gandoy aseguran que non renuncian “ao mellor que a nosa sociedade merece nin ao que os máis sobresaíntes estudos e experiencias en pedagoxía e ciencias da educación marcan como meta; por moito que se nos fale de crises, recortes e demais estratexias destinadas a acabar co ensino público, favorecer ao privado, empobrecer a sociedade e enriquecer os petos do gran capital”.
5/6/2012 A MNL alerta de que a erradicación do galego das zonas máis poboadas e da escolarización básica pon en risco a cohesión social e o futuro da nosa cultura
Na educación infantil das sete cidades galegas (até os seis anos) a presenza da lingua propia do país “decaeu de forma notoria nos anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo”, segundo denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística. A entidade calcula que este descenso está mesmo por debaixo do 10% e alerta de que “unha posición tan residual da lingua propia nas áreas máis poboadas de Galiza e nas idades máis temperás pon en risco a cohesión social de Galiza e o futuro da nosa cultura”.
10/5/2012 Celebráronse asembleas, concentracións e manifestacións en diversas localidades
Contra as 10:00 horas deste xoves 10 de maio, xornada de folga no ensino secundario e universitario, a CIG celebraba a asembleas de delegados e delegadas en todas as comarcas, nas que se analizaban as gravísimas repercusións que terán os recortes orzamentarios impostos polo goberno do PP nos presupostos para este ano. Nas mesmas denunciábase a submisión do goberno da Xunta, que lonxe de facer uso das súas competencias, aplica os recortes decretados desde Madrid malia as consecuencias que terán para servizos públicos básicos para as galegas e galegos como a sanidade e o ensino.
23/4/2012 Fai un chamamento ás organizacións sindicais a facer a convocatoria de forma conxunta e alerta que, “ou continuamos con esta resposta social ou non temos saída ningunha”
A Executiva Confederal da CIG acordou, na súa xuntanza do pasado venres, promover unha nova convocatoria de folga xeral para a primeira quincena de xuño. Así o anunciou o secretario xeral, Suso Seixo, esta mañá en rolda de prensa, considerando que estamos nun momento “determinante” por mor das “inxustas políticas” que está impoñendo o Partido Popular, con recortes en Educación, recortes en Saúde e a imposición dunha reforma laboral que lonxe de promover a creación de emprego, busca precarizar as condicións laborais e que, polo tanto, debe ser retirada.
21/9/2010 Representa a máis de 11.000 profesores e profesoras
Ante a política de recortes sociais e supresión de dereitos das traballadoras e traballadores, a Xunta de Persoal Docentede Ensino non universitario da provincia de Pontevedra acordou, por maioría dos seus membros –agás ANPE- apoiar a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 29 de setembro e fai un chamamento ao profesorado a secundar esta convocatoria de folga e participar nas mobilizacións convocadas nesta xornada.
16/4/2010 As carreiras pola lingua comezarán o día 3 de maio en Compostela e rematarán en Vigo o 14, percorrendo 14 comarcas galegas baixo o lema “Galego: a forza do noso amor”
Presentouse en Santiago a edición 2010 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 14 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de centros educativos de todo o País. O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os distintos concellos en que ten lugar a actividade, representados no acto de presentación polos Concellos de A Coruña e Ourense.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com