Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A desfeita das políticas de austeridade
28/10/2014Vicenç Navarro
O xeito de reducir o déficit e a débeda públicos dun país non é aplicando políticas de austeridade. Estas políticas reducen a demanda de ben...
O Brasil de Lula segue para diante
28/10/2014Emir Sader
A militancia de esquerda gañou as rúas de todo o país; a segunda volta foi dunha clara contraposición entre esquerda e dereita, o que configuro...
Entrevista a Tom Kucharz: “O TTIP é un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais»
28/10/2014
Hai unha intención de crear unha OTAN económica, que sería ese pacto económico-comercial UE e EEUU, que faría máis forte ambas as potencias, ...
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
reforma Seguridade Social
23/2/2010 Diante do incremento alarmante de parados/as, da falta de investimentos públicos e contra as reformas anunciadas polo goberno
Delegados e delegadas da CIG manifestáronse na tarde deste martes en defensa do emprego, do mantemento do poder adquisitivo dos salarios e contra as reformas do sistema de pensións que o goberno estatal ten presentado. Coa manifestación, que partiu dende o local da CIG en As Pontes, quérese demandar, ademais, que o Goberno do Estado realice, coa máxima inmediatez, os investimentos en infraestruturas pendentes do Plano do Carbón, que apoie con medidas económicas concretas aos actuais parados/as, así como a necesidade de abrir unha Mesa de Diálogo permanente, no ámbito municipal, para procurar adiantarse aos problemas que están padecendo moitas empresas da zona.
18/2/2010 A central reclama a reformulación das políticas do goberno para que esta crise non a pague a clase traballadora
Continuando co calendario de mobilizacións iniciado pola CIG en contra da proposta de reforma laboral, da seguridade social e a conxelación salarial, a central levou a cabo esta mañá unha nova manifestación, desta volta na cidade de Lugo. Alí, delegados e delegadas da CIG participaron nunha asemblea na que se avaliou as consecuencias da crise económica e das mudanzas que o Goberno pretende introducir no mercado laboral, recortando aínda máis os dereitos dos traballadores e as traballadoras. Posteriormente, baixo o lema “Por unhas políticas alternativas contra a crise, para que non a paguemos dende a clase traballadora”, os delegados e delegadas participaron nunha concentración diante da Subdelegación do Goberno dende onde marcharon até as portas da sede Confederación de Empresarios.
12/2/2010 Continúa o calendario de mobilizacións contra as medidas para flexibilizar o mercado laboral e mudar a seguridade social
Continuando co calendario de mobilizacións en todas as comarcas, esta mañá tivo lugar a asemblea de delegados e delegadas da CIG en Ferrol, á que seguiu unha concentración diante dos edificios administrativos da Xunta na cidade para amosar o rexeitamento as reformas laborais e da seguridade social que o goberno pretende levar adiante. Neste senso, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, que participou na protesta, advertiu que a CIG non está disposta a tolerar este tipo de medidas en contra dos intereses da clase obreira e pediu ao conxunto dos/as traballadores/as que se sumen a esta contestación social. Mentres, o secretario comarcal da CIG-Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, anunciou novas mobilizacións na comarca durante este mes e denunciou a “situación límite” na que nos atopamos, e na que CCOO e UGT actúan como cómplices dos intereses da patronal.
10/2/2010 A central rexistrou un escrito dirixido ao presidente Zapatero, logo da asemblea de delegados/as celebrada en A Coruña
O Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, acompañado polo Secretario Comarcal da CIG de A Coruña, Paulo Carril, manifestou ao Delegado do Goberno o total rexeitamento da central sindical á proposta de reforma laboral e da Seguridade Social anunciada polo presidente Zapatero. No breve encontro que os representantes da CIG mantiveron con Antón Louro, tamén amosaron o malestar polo feito de que as propostas do Goberno, en materia laboral e social, se fagan chegar só as organizacións sindicais estatais, excluíndo ás outras dúas centrais que teñen a consideración de máis representativas no Estado español: CIG e ELA. Paralelamente á entrevista, delegados e delegadas da central mantiñan unha concentración diante da sede do organismo estatal.
9/2/2010 O mércores 10 de febreiro haberá concentracións en Ourense e A Coruña, tras das correspondentes asembleas de delegados/as
Na súa xuntanza de 9 de febreiro de 2010, o Secretariado Confederal da CIG acordou pór en marcha unha campaña de mobilizacións que ten como obxectivo amosar a oposición da central sindical á reforma da Seguridade Social, á anunciada reforma laboral e o acordo estatal de negociación colectiva asinado entre CCOO, UGT e a patronal. Ás asembleas celebradas en Vigo e Pontevedra o pasado día 4 de febreiro seguirán, mañá día 10 de febreiro, asembleas e concentracións na Coruña e Ourense; o venres día 12 en Ferrol e Santiago e o próximo xoves 18 de febreiro en Lugo. Estas mobilizacións culminarán con manifestacións en todas as comarcas o próximo día 10 de marzo.
2/2/2010 Convocará mobilizacións se se amplía a idade de xubilación e o cálculo da pensión
A CIG estaría disposta a mobilizarse se as medidas propostas polo Goberno para negociar no marco do Pacto de Toledo -ampliar o tempo de cálculo da pensión e atrasar a idade de xubilación- se aproban. Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva considera que estas medidas afectarían gravemente aos traballadores/as dos sectores máis castigados fisicamente e a aqueles/as que padecen con máis dureza a precariedade laboral: muller e mocidade.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com