Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O golpe de Estado de 2016 no Brasil
19/05/2016Michael Löwy
A prática do golpe de Estado legal parece ser a nova estratégia das oligarquias latino-americanas. Testada em Honduras e no Paraguai (países que ...
Grécia – a tragédia que continua
19/05/2016João Ferreira
A Grécia é também a mais viva demonstração da indispensabilidade de preparar um país que queira crescer e desenvolver-se, que queira concretiz...
Brasil: O papel da política externa na restauração do neoliberalismo tardio
19/05/2016Marcelo Zero
A política externa e a forma de inserção no cenário mundial podem contribuir fortemente para tornar o Brasil, de novo, um país periférico, dei...
Brasil: A volta da classe do privilégio
18/05/2016Leonardo Boff
O atual processo de impeachment à presidenta Dilma se inscreve dentro deste quadro golpista  pois se trata de tirá-la do poder não por via ...
TTIP: A “OTAN económica”
18/05/2016Manlio Dinucci
A negociação do TTIP insere-a na tentativa geoestratégica estadounidense de resistir ao declínio do seu domínio mundial. O objetivo dos EUA, a ...
Estado español: Volven as turbulencias
13/05/2016Albert Recio Andreu
Os papéis do Panamá e Portugal
09/05/2016Agostinho Lopes
A Coruña
6/4/2016 A central chama a participar na mobilización deste xoves para demandar a paralización da poxa dos solares do Campo da Estrada
A CIG, como integrante da Comisión Aberta en Defensa do Común, apoia e anima a participar na mobilización deste xoves a prol da paralización da poxa por parte do Ministerio de Defensa dos terreos do Campo da Estrada. A central denuncia este novo capítulo do espolio que sofre a cidade da Coruña e alerta da especulación xigantesca que se agocha nos peiraos e o resto dos terreos do Porto. Fronte a isto, pide que se celebre unha consulta popular sobre os usos definitivos aos que a cidadanía quere que se destinen eses terreos.
16/2/2016 Os paros coinciden coa parada técnica en Repsol, xa que a empresa realiza labores de limpeza industrial na refinería da Coruña
A representación dos traballadores/as de Daorje Medioambiente S.A. ten convocada folga na compañía coruñesa para os próximos días 1, 3, 8, 10, 15 e 17 de marzo ante o reiterado incumprimento do convenio colectivo sectorial e o acordo de empresa, así como contra a imposición unilateral dun ERE temporal e unha modificación substancial das condicións laborais.
28/1/2016 A Sección Sindical da CIG convocou o paro contra o plan de empresa de cambiar as quendas e horarios a preto de 60 empregadas/os
Arredor do 80% do persoal de Extel (A Coruña) está a secundar a xornada de folga convocada pola Sección Sindical da CIG en rexeitamento ao peche dun departamento completo e a modificación das condicións laborais das preto de 60 traballadoras/es destinadas/es no mesmo. Con motivo do paro, as/os empregadas/os de Extel tamén realizaron unha concentración ás portas das oficinas da empresa.
27/8/2015 CIG-Servizos e CCOO concentráronse esta mañá diante do “Familia” da Coruña que se reabría tras da súa ampliación
CIG-Servizos e CCOO concentráronse esta mañá diante dun supermercado de Vegalsa-Eroski da Coruña que reabría as portas tras da súa remodelación e ampliación. Con esta protesta, que se insire na campaña de mobilizacións que se vén desenvolvendo nos últimos meses, denunciaron novamente a política de despedimentos de traballadoras veteranas, que son substituídas por outras en peores condicións laborais e salariais e a precarización das condicións do conxunto do persoal.
18/6/2015 Traballadores/as de Alcoa mobilizáronse ás portas da factoría contra o actual sistema de poxa da interrompibilidade e polo futuro industrial
Os/as traballadores/as Alcoa inespal retomaban este xoves as mobilizacións en demanda dun marco enerxético que resolva os problemas nesta materia das industrias con grandes consumos, nomeadamente no referido á adxudicación da interrompibilidade. A CIG segue a reiterar que a solución pasa, atendendo a condición de Galiza como país produtor e exportador de enerxía, por contármonos cunha tarifa eléctrica galega, que nos permita ter uns prezos máis baixos tanto para o uso industrial como no doméstico.
8/5/2015 A Sección Sindical da CIG asevera que a solución pasa por estabelecer unha Tarifa Eléctrica Galega
Traballadores/as de Alcoa, acompañados/as por persoal doutras industrias con grandes consumos enerxéticos, manifestáronse na tarde deste venres polas rúas da Coruña en defensa dos empregos, do tecido industrial da comarca e en rexeitamento ao actual marco tarifario, que supón un serio atranco para o mantemento e o desenvolvemento da nosa industria de base.
4/3/2015 O acto enmárcase na campaña da central sindical polo emprego e os salarios dignos co gallo do Día da Clase Obreira Galega
Delegadas e delegados da CIG da Coruña marcharon a pé esta mañá dende o edificio de sindicatos até a fábrica de Caramelo no Polígono da Grela para denunciar o desmantelamento do tecido industrial e dos sectores produtivos básicos da comarca. A mobilización enmárcase na campaña en defensa do emprego e os salarios dignos que a central sindical está a desenvolver e forma parte dos actos previos á conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com