Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Syriza enfrenta decisões difíceis
26/01/2015Dimitris Belladis
Syriza pode se tornar uma força de contestação antineoliberal e anticapitalista, embora infelizmente esta coalizão também possa ser a base de u...
A União Europeia não existe
21/01/2015Vaz de Carvalho
A UE não existe, o que existe é um problema, uma guerra de classe contra os povos sob a designação de UE. Que democracia, que vontade do povo se...
A estratégia da tensão de dois terrorismos: o jihadista e o imperialista
21/01/2015Achille Lollo
O ataque ao semanário Charlie Hebdo alimenta uma dúplice estratégia da tensão, onde, por um lado, as células jihadistas exploram o degrado e o ...
Ucrânia e fascismo
15/01/2015Inês Zuber
A população do Donbass e os patriotas ucranianos que resistem à fascização da Ucrânia – vulgarmente conhecidos nos media dominantes por «te...
Charlie Hebdo: Uma reflexão difícil
14/01/2015Boaventura de Sousa Santos
Não estamos perante um choque de civilizações, até porque a cristã tem as mesmas raízes que a islâmica. Estamos perante um choque de fanatism...
Atalhos
14/01/2015Tariq Ali
A lógica que há por trás
09/01/2015Martín Granovsky
decreto
26/3/2014 O Consello Consultivo considera o texto contrario ao ordenamento xurídico
A CIG-Saúde exixe a inmediata retirada do Decreto de Xestión Clínica aprobado polo Consello da Xunta e publicado no DOG número 57 do día 24 de marzo. Considera que non se pode impor un modelo de xestión que conta co rexeitamento das organizacións sindicais, as/os profesionais da sanidade pública e da cidadanía en xeral. Rexeitamento ao que se suma ademais o Consello Consultivo de Galiza que mesmo o considera contrario ao ordenamento xurídico.
30/9/2013 A Consellaría deixa fóra do servizo a moito alumnado que nalgúns casos terá que esperar sen comer para volver a casa no transporte escolar
A CIG-Ensino denuncia que o novo decreto de comedores incrementa o traballo burocrático nos centros sen que dispoña do persoal administrativo necesario para facelo, cargándolle a xestión ás direccións que teñen que facer horas extras obrigatorias e nuns prazos inasumíbeis. Ademais, a oferta de prazas que fai a administración é insuficiente e moito alumnado ficará sen servizo ou terá que agardar sen comer para volver a casa no trasporte escolar.
17/6/2013 A CIG-Ensino denuncia que é ilegal e que amosa así unha “falta de seriedade impropia dunha administración pública”
A Consellaría de Educación vén de enviar aos centros que teñen comedor escolar xestionados directamente por ela unha instrución da Secretaría Xeral Técnica -con data 14 de xuño- sobre o funcionamento dos comedores escolares que está  baseada nunha normativa que aínda está sen publicar pola propia Consellaría.
7/11/2012 Non se chegou a ningún acordo na xuntanza desta mañá, na que a administración desouviu todas as sentenzas do TSXG e do Supremo
A CIG vén de pór en mans dos seus servizos xurídicos o decreto de servizos mínimos da Xunta para a folga xeral do 14-N, para presentar un recurso tras fracasar as negociacións desta mañá. A central sindical adianta que se non se chega a un acordo na propia CRTVG –tampouco se conseguiu coa administración- presentará ademais unha demanda polo procedemento de tutela de dereitos fundamentais.
6/11/2012 Anuncia que no caso de non modificarse interporá recurso
A CIG trasladou esta mañá a súa total oposición á proposta de servizos mínimos presentada pola Xunta de Galiza para a folga do día 14 de novembro por considerala arbitraria, desproporcionada e falta de motivación. A central sindical entende que con este borrador de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración galega. Por iso, a central nacionalista advirte que, de non producirse un cambio substancial, presentará recurso contencioso-administrativo.
30/7/2012 CIG, CCOO e UGT teñen convocadas xa mobilizacións coincidindo coa celebración dos Consellos de Ministros no mes de agosto
Miles de persoas, convocadas polas organizacións sindicais da área pública, percorreron as rúas das cidades galegas, máis unha vez, para manifestar o seu  rotundo rexeitamento aos recortes laborais e salariais decretados polo goberno Rajoy. Recortes que poñen en perigo servizos públicos esenciais e que pretenden a súa privatización. As mobilizacións remataron coa lectura dun  manifesto conxunto no que se denuncia o uso da crise, polos Gobernos de Galicia e do Estado Español, “para subtraer recursos dos servizos esenciais” mentres “castiga co paro e a exclusión social a miles de familias galegas”.
30/5/2012 Xa houbo en centros de Santiago, Melide, Ferrol, Verín, Vigo, A Coruña e Pontevedra. Nais, pais, estudantes e docentes precharanse en Ribeira e Carballo este xoves
Os peches en contra dos recortes no ensino público continúan este mércores no IES A Sangriña (A Guarda). Esta mañá rematou tamén o peche no IES Johan Carballeira de Bueu. A convocatoria da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa o xoves con encerros en Ribeira e en Carballo. Co de Bueu, xa son dez os peches realizados en centros de ensino para esixir á Consellaría de Educación que non aplique ningunha das medidas recollidas no RD Lei 14/2012 e que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galiza.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com