Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Como as dúas precedentes, e tras case vinte e cinco anos de enfrontamentos, esta nova guerra non conseguirá o seu obxectivo. Primeiro porque nunc...
Dez claves sobre os tratados de libre comercio e investimentos
10/10/2014Sol Sánchez
No caso concreto do TTIP, o proxecto apunta a tres obxectivos principais: eliminar os últimos dereitos de alfándega, reducir as barreiras non ara...
México: Ayotzinapa, crime de Estado
10/10/2014Felipe Cuevas
Os gobernantes xogan á confusión, fanse os desentendidos, demoran as investigacións, están coludidos por diversos intereses; o pobo debe mobili...
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
A «receita» para o ébola
10/10/2014Maurício Miguel
O Estado español e as desigualdades
08/10/2014Albert Recio Andreu
Margarida Corral Sánchez
5/4/2013 Denuncia que estas políticas “pronatalistas” van acompañadas de iniciativas ultraconservadoras, que supoñen un retroceso de dereitos para as mulleres
A Secretaría da Muller da CIG considera irresponsábel a inclusión do debate e tramitación do “Plan de Dinamización Demográfica de Galiza 2013-2016, horizonte 2020” pola vía de urxencia, após de máis de dous anos de debate en comisións de traballo, tendo en conta a importancia do impacto dun plan destas características e o grave problema de despoboamento que atravesa o noso pais.
12/3/2013 A secretaria confederal de Mocidade, Margarida Corral, lembra que 70 mozos e mozas emigran cada día a busca de condicións laborais e salariais dignas
O Goberno español vén de facer unha presentación pública da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven 2013-2016, propostas que xa foron incluídas no Real Decreto-lei 4/2013, de 22 de febreiro, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego aprobado o pasado 23 de febreiro. A CIG Mocidade denuncia a complicidade dos sindicatos estatais, que pese a non asinar o Acordo, se prestan “á foto” co goberno e coa patronal, malia ser estas medidas “claramente dirixidas a beneficiar á patronal, con transferencias económicas e flexibilidades na contratación, a costa dunha maior precariedade e explotación para a mocidade traballadora”.
1/3/2013 No marco da campaña do 8 de Marzo que este ano desenvólvese baixo o lema de “Fartas!”
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar, en rolda de prensa, a campaña do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, que se desenvolve este ano baixo o lema de “FARTAS!”. Margarida Corral, secretaria confederal de Muller e Mocidade anunciou as diversas mobilizacións que con este motivo convoca, ou nas que participa, a central sindical e denunciou as “celebracións e conmemoracións hipócritas por parte das mesmas administracións e poderes que recortan os nosos dereitos”. Ademais presentouse o informe “A situación da Muller no Mercado Laboral en Galiza no ano 2012”, elaborado polo Departamento de Economía, no que se constata que, alén do paro, as condicións laborais da muller en Galiza son cada vez peores.
11/1/2013 Dos 166.800 portos de traballo destruídos en Galiza nestes catro anos, 149.100 foron de menores de 35 anos e destes, 77.164 emigraron
A CIG convoca unha xornada de loita nacional en todas as comarcas para denunciar a sangría demográfica que está a sufrir o noso país e que afecta especialmente á mocidade. A situación é de tal gravidade que dos 166.800 empregos destruídos nestes catro anos, 149.100 estaban ocupados por menores de 35 anos; destes, máis de 77.164 optaron por emigrar, neste período, en busca dunha alternativa laboral que non atoparon en Galiza e o paro medrou case un 123% desde o estoupido da crise entre os menores de 25 anos. Uns datos demoledores tirados do informe elaborado polo Gabinete Confederal de Economía da CIG.
21/11/2012 Convoca unha concentración en solidariedade con Nélida Pisco,o vindeiro venres día 23 de novembro, de 12:00 a 13:00 h, na Estación de Autobuses de Compostela
Consciente de que a realidade supera á ficción, a Secretaría da Muller da CIG escolleu este ano como lema da campaña do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres, “Os verdadeiros monstros atópanse fóra dos contos”. Unha forma, segundo explicou Margarida Corral, de evidenciar que os monstros dos contos “agóchanse na vida real baixo a faciana do patrón explotador, do xefe acosador, do agresor, do calumniador, do chantaxista, dos que nos castigan por sermos nais traballadoras, dos que pretenden illar ás mulleres, decidir por nós no control dos nosos corpos, lexislar para criminalizarnos”, perpetuando a violencia contra as mulleres.
2/3/2012 As reformas (laboral e das pensións) terán efectos especialmente negativos sobre a muller galega, que parte dunha situación máis precaria
A secretaria confederal de Muller e Mocidade, Margarida Corral, compareceu esta mañá en rolda de prensa para presentar a campaña da CIG arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que desta volta se conmemora baixo o lema “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos!”, e informar dos actos que con este motivo convoca ou nos que participa a central sindical. Xunto a ela interveu a responsábel do Gabinete Técnico de Economía, Natividade López, quen presentou as conclusións do traballo “A muller no mercado laboral en Galiza”, realizado a partir da análise dos datos oficiais do ano 2011.
24/11/2011 Concentracións no Día Internacional contra a violencia contra as mulleres en todas as comarcas, entre as 11:00 e as 12:00 horas, nos edificios administrativos da Xunta
A secretaria confederal da Muller da CIG, Margarida Corral presentou, en rolda de prensa, a campaña que a central sindical desenvolverá con motivo da conmemoración do 25 de novembro, “Día Internacional contra a violencia contra as mulleres”. Unha campaña na que se denuncia que “A crise xera máis violencia contra as mulleres”, porque “as reducións salariais, os despedimentos e os recortes de prestacións sociais e laborais”, afectan especialmente ás mulleres e tamén son unha forma de violencia. A CIG ten convocadas concentracións simbólicas en todas as comarcas de Galiza, entre as 11:00 e as 12:00 horas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com