Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
A ausência ou debilidade de projectos de ruptura pela esquerda com a UE constitui um perigo capaz de comportar consequências potencialmente trági...
Brasil: O golpismo contra-ataca
30/06/2016Emir Sader
A incapacidade de iniciativa política da luta contra o golpe, que combine mobilizações populares com proposta política viável no curto prazo, ...
Porque os britânicos disseram não à Europa
28/06/2016John Pilger
O voto maioritário dos britânicos a favor do abandono da União Europeia foi um acto de democracia pura. Milhões de pessoas comuns recusaram-se a...
UE: Os dias contados
28/06/2016Jorge Bateira
Tendo em conta que as políticas da UE não serão alteradas no essencial, já que isso é do interesse das elites alemãs e da tecno-burocracia de ...
O referendo inglês: o irrecusável "não", suas perspectivas e riscos
28/06/2016Haroldo Lima
A UE frustrou a esperança de vida de grande parte da gente que dizia unir. O bem-estar foi substituído pela "austeridade". E as reações se este...
O direito soberano de decidir
23/06/2016João Pimenta Lopes
Sada
14/3/2016 O banco iniciou a reforma integral desta sucursal, mentres que o persoal e a clientela teñen que convivir coas obras
Delegados e delegadas da CIG no Banco Pastor concentráronse este mediodía diante da oficina que a entidade ten Sada para denunciar os incumprimentos das normas de prevención de riscos laborais e da saúde no traballo, xa que a empresa está a realizar unha reforma integral desta sucursal, mentres mantén a actividade ordinaria dos/as traballadores/as e as/os clientas/es.
17/10/2014 A alarma ante un posíbel desmantelamento da factoría de Sada saltou tras o traslado dunha liña de produción a Cervo
O Comité de Cerámicas do Castro ten previsto celebrar unha reunión o vindeiro luns para analizar a situación na planta Sada e avaliar a posibilidade de levar adiante mobilizacións, se a dirección non ofrece respostas claras sobre o futuro da actividade e o emprego, logo do traslado dunha liña de produción a Cervo sen informar á representación do persoal.
20/6/2014 A CIG-Ensino demanda á Consellaría que respecte a vontade da comunidade educativa e promova a democracia interna nos centros
A renovación da dirección no CEIP O Mosteirón de Sada realizouse cun proceso ao que concorreron dúas candidaturas, unha delas contaba co apoio maioritario da comunidade educativa e a outra só co apoio de tres persoas do claustro de profesores, tal e como se recolle no resultado das votacións dos proxectos. Porén, a Comisión de Selección, exclusivamente cos  votos dos inspectores representantes da Administración, elixe e nomea para a dirección a candidatura que presentaba o proxecto que conta con moitos menos apoios da comunidade educativa.
11/12/2013 A parte social lamenta o desinterese das administracións na defensa dos postos de traballo
Máis de cen traballadores e traballadoras das fábricas do Sargadelos (Cervo) e Cerámicas do Castro (Sada) trasladáronse na tarde do martes até Compostela para concentrarse ás portas do Instituto Galego de Informacións, onde tiña lugar a última xuntanza do período de consultas do ERE extintivo que a empresa pretende aplicar a 70 empregadas/os das dúas plantas.
5/12/2013 A representación dos traballadores e traballadoras demanda a paralización do ERE e a busca de medidas alternativas non traumáticas
Os traballadores e traballadoras do Grupo Sargadelos proseguen adiante co calendario de mobilizacións contra o ERE de extinción que pretende aplicar a empresa nas factorías de Cervo e Sada. Desta volta, os traballadores/as de Sargadelos manifestáronse polas rúas do concello da Mariña, mentres que en Cerámicas do Castro o persoal desenvolveu unha concentración.
22/11/2013 O persoal está a manter unha intensa rolda de contactos con representantes das distintas administracións
Traballadoras e traballadores das fábricas de Sargadelos e Cerámicas do Castro arrancaban este venres cadanseu calendario de mobilizacións en contra do ERE de extinción para 70 empregados/as que a compañía pretende aplicar. O persoal desenvolveu concentracións, ás 15:00 horas, diante das portas das factorías de Cervo e Sada, ás que tamén asistiron representes políticos locais, familiares e veciños/as.
19/11/2013 A dirección pretende desfacerse de 70 empregados/as das dúas históricas firmas
Os traballadores e traballadoras de Sargadelos en Cervo e Cerámicas do Castro en Sada están concretando un intenso calendario de mobilizacións nas dúas factorías en rexeitamento ao ERE de extinción que pretende aplicar a empresa e que, de saír adiante, suporá o despedimento de 70 empregados, nun cadro de 170 persoas. A representación dos traballadores/as demanda a paralización inmediata deste expediente, xa que hai unha regulación temporal vixente nas dúas plantas, e denuncia que os problemas da empresa derivan da nefasta xestión realizada nos últimos anos.
cig.prensa@galizacig.com