Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo estado da vigilância global
08/02/2016Ignacio Ramonet
Cada clique, cada telefonema, cada compra no cartão de crédito e cada navegação na internet, fornecem excelentes informações sobre cada um de ...
Portugal: pressões e chantagens
08/02/2016Pedro Guerreiro
Para a UE, para a troika e os seus arautos não há restrições ao aumento do défice quando se trata de financiar o grande capital financeiro, ape...
Nova lei anti folga dos conservadores na Gran Bretaña
29/01/2016Clodomiro Montero e Luciano Luxilde
O goberno de David Cameron, aliado e amigo do Rajoy, defende unha nova lei que restrinxe gravemente a liberdade sindical, nomeadamente o dereito de ...
“El Jefe”, retrato da precariedade laboral nos USA
27/01/2016Clodomiro Montero M.
O grupo de comunicación Atresmedia, que conta entre as súas cadeas co canle de referencia da progresía española “La Sexta”, emite un programa...
O imperialismo contemporáneo
20/01/2016Samir Amin
A ofensiva actual do imperialismo colectivo dos Estados Unidos/Unión Europea/Xapón contra todos os pobos do Sur descansa sobre dous alicerces: o ...
Arxentina, Venezuela e a loita de clases
18/01/2016Ángel Guerra Cabrera
Os BRICS: unha fábula do noso tempo
15/01/2016Immanuel Wallerstein
A década da Bolívia
15/01/2016Luís Carapinha
lei concursal
15/11/2011 Un grupo de afectadas concentráronse esta mañá fronte á delegación do Goberno galego en Vigo para pedir unha solución ao conflito laboral
Un grupo de traballadoras/es de Alfageme concentráronse esta mañá diante da delegación da Xunta de Galiza en Vigo para reclamarlle ao Goberno galego que libere os avais concedidos no seu día á conserveira co obxectivo de que se poida liquidar o proceso concursal e proceder á venta da empresa. Dende a FGAMT-CIG lembraron que unha sentenza recente recoñece que a familia propietaria pretende dilatar o procedemento e anuncian que seguirán coas mobilizacións até que exista un compromiso firme por parte dos responsábeis autonómicos.
27/10/2011 A central nacionalista denuncia que hai avogados que cobran entre 12.000 e 20.000 euros só por presentar os papeis
O secretario comarcal da CIG de Pontevedra, Rafael Iglesias, compareceu hoxe en rolda de prensa para denunciar o que considera un abuso por parte de algúns administradores concursais, aos que acusa de dilatar os procesos para beneficiarse economicamente. O representante sindical sostén que na maioría dos casos só se preocupan por cobrar os honorarios e non por intentar reflotar a compañía e critica que haxa avogados que cobren entre 12.000 e 20.000 euros só por presentar os papeis.
29/9/2011 O cadro de persoal da firma con sede en Gondomar continúa facendo garda á porta das instalacións para evitar a retirada de material
O cadro de persoal de Islas Industries abandonou o peche que mantiña no interior das instalacións do polígono de Vincios, en Gondomar, despois de que a dirección da empresa accedese a retirar o ERE de extinción que afecta a 70 dos seus 98 empregados/as e se acollese á lei concursal. Os traballadores/as da firma do sector do metal continúan facendo garda ás portas da compañía para evitar a saída de material.
31/3/2011 Os traballadores/as despedidos reclamaran a Promocións Culturais Galegas o pagamento das débedas cun incidente concursal
O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra vén de condenar a empresa editora do semanario A Nosa Terra, administración concursal e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) a abonar os salarios e as indemnizacións pendentes aos 24 ex traballadores/as da publicación nacionalista. O incumprimento motivara a presentación dun incidente concursal en xaneiro para reclamar o pagamento das mensualidades de outubro de 2010 e as liquidacións de despedimento correspondentes.
21/3/2011 Dende a CIG e o ex comité de empresa reclaman a dimisión do conselleiro e do presidente do Igape pola súa “nula xestión”
As traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme dos centros de Vilaxoán, O Grove, Ribadumia e Vigo realizarán mañá unha concentración diante da delegación da Consellería de Industria e o Igape na cidade olívica para denunciar a falta de información e a “nula implicación” da Xunta de Galiza no conflito laboral iniciado pola entrada da compañía na lei concursal. Representantes da CIG e do comité de empresa compareceron hoxe publicamente para reclamar a dimisión do conselleiro Javier Guerra e do presidente do Igape.
11/2/2011 A central presentou no xulgado un incidente contra o administrador concursal e a empresa Promocións Culturais Galegas
A federación de Químicas e Enerxía da CIG vén de denunciar publicamente que os 24 traballadores e traballadoras despedidos/as da Nosa Terra aínda non percibiron as nóminas do mes de outubro nin as liquidacións correspondentes despois da presentación do proceso concursal. Diante deste incumprimento, a central nacionalista presentou no xulgado un incidente contra o administrador concursal e a empresa editora do histórico semanario nacionalista, Promocións Culturais Galegas.
20/1/2011 O grupo automobilístico, que se acolleu á Lei Concursal previa a un ERE extintivo, é cliente da entidade crediticia
Os 22 traballadores despedidos da compañía viguesa Recalvi Autos -único concesionario Fiat na provincia de Pontevedra- realizaron hoxe unha concentración de protesta diante do Banco Santander da rúa Urzáiz de Vigo para denunciar a súa situación e reclamar o cobro de indemnizacións. Onte pola tarde permaneceron concentrados ás portas da tenda de recambios que o Grupo Recalvi posúe na rúa Venezuela e anteriormente levaron a cabo dúas xornadas de folga no taller da Avenida de Madrid.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com