Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Como as dúas precedentes, e tras case vinte e cinco anos de enfrontamentos, esta nova guerra non conseguirá o seu obxectivo. Primeiro porque nunc...
Dez claves sobre os tratados de libre comercio e investimentos
10/10/2014Sol Sánchez
No caso concreto do TTIP, o proxecto apunta a tres obxectivos principais: eliminar os últimos dereitos de alfándega, reducir as barreiras non ara...
México: Ayotzinapa, crime de Estado
10/10/2014Felipe Cuevas
Os gobernantes xogan á confusión, fanse os desentendidos, demoran as investigacións, están coludidos por diversos intereses; o pobo debe mobili...
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
A «receita» para o ébola
10/10/2014Maurício Miguel
O Estado español e as desigualdades
08/10/2014Albert Recio Andreu
interinos
15/10/2014 A CIG-Ensino denuncia que Consellaría ignora así a súa propia lexislación
A Consellaría de Educación está adxudicando as prazas de formación profesional dual (FP Dual) mediante nomeamentos de profesorado interino por un período de tres meses, no canto de nomeamentos para todo o curso, como vén sendo a norma no resto das modalidades de formación profesional. A CIG-Ensino denuncia que a administración ignora deste xeito a súa propia lexislación.
1/8/2012 CIG-Ensino denuncia que provocará que un elevado número de interinos e substitutos queden sen traballo
A CIG-Ensino vén de denunciar a redución do profesorado de Secundaria con destino provisional nun 55%, con 999 adxudicacións menos respecto das realizadas en setembro de 2011 para o curso que rematou. Así se tira da publicación das adxudicacións de destinos para o curso escolar que comeza en setembro, a definitiva en Primaria e a provisional en Secundaria.
5/9/2011 Lembra que isto se suma á redución de 800 profesores/as nos centros de Infantil e Primaria
A CIG-Ensino denuncia que os criterios mercantilistas imperantes na Consellaría de Educación, chegan a tal nivel que este curso, por primeira vez, fai o que non fixo nunca: atrasa a toma de posesión do profesorado que comeza traballar con contrato de interinidade até o día 12,o mesmo día en que se inicia o curso, para aforrar 11 días de soldo, sen importarlle as consecuencias para os colexios e para o profesorado afectado que chegará ao centro o mesmo día en que comezan as clases sen saber que curso imparte nin que horario ten e, por tanto, sen poder ter nada preparado. A Consellaría impide así que este profesorado participe na programación do curso e na posta en marcha do centro.aínda que ten adxudicado destino desde o día 30 de agosto.
23/12/2010 Resolve un pedido de decisión prexudicial presentado por un Xulgado de Pontevedra, nun procedemento iniciado por unha afiliada da CIG-Ensino
Nunha sentenza publicada onte, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), con sede en Luxemburgo, declarou que os funcionarios interinos da Comunidade Autónoma de Galiza teñen dereito a percibir trienios de antigüidade por aplicación directa da Directiva 1999/70, sen que tal dereito poida verse prexudicado polo feito de que os efectos retroactivos do cobro de trienios estean excluídos por unha norma de dereito interno, como é o artigo 25.2 da Lei 7/2007, do Estatuto básico do empregado público (EBEP).
13/9/2010 A consellaría acordara con outros sindicatos un cambio de criterio para conformalas
A Consellaría de Educación, despois da exixencia da CIG-Ensino e do propio colectivo afectado, prevé levar á Mesa Sectorial de Ensino non Universitario a rectificación dos criterios de elaboración das listaxes do profesorado substituto e interino que non ten servizos na administración educativa.
10/9/2010 CIG-Ensino convoca unha concentración o mércores 15 de setembro, ás 11.30 horas, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano
A Consellaría de Educación vén de publicar a adxudicación definitiva do profesorado de secundaria e bacharelato. Con esta adxudicación non se lles asigna praza a 445 interinos de secundaria e  5 das Escolas Oficiais de Idiomas. Como exemplo:  54  profesores/as de xeografía e Historia, 18 Filosofía, 45  de Debuxo, 63 de Lingua Castelá, 41 de  Matemáticas,  29 de  Educación Física, 61 de Música, 50 de Lingua Galega,  45 en Francés, etc,  en conxunto uns 550 profesores, moitos deles con varios anos de servizo, pasan ao paro. Esta situación pode verse incrementada o vindeiro 14 cando se realice a adxudicación de FP, pois tamén nestas ensinanzas se produciron recortes importantes coa desparición de máis de 20 ciclos formativos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com