Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As duas caras da campanha de Sanders
03/05/2016Fred Goldstein
Os progressistas e revolucionários não devem ignorar o lado negativo de Sanders e o engodo enganador do Partido Democrata. Sanders não acolheu to...
A crise no Brasil
03/05/2016Perry Anderson
Na América do Sul, um ciclo está chegando ao fim. Por uma década e meia, sem a pressão direta dos Estados Unidos, fortalecidos pelo boom das com...
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
supermercados
12/6/2014 A lista da central nacionalista aumenta un posto no comité e supera os anteriores resultados nas eleccións sindicais
A candidatura da CIG atinxiu seis delegados/as dos nove postos a cubrir nas recentes eleccións sindicais no Almacén Central de Distribución de supermercados FROIZ en Lourido (Poio), logrando a maioría absoluta “a pesar das enormes presións da dirección, que apostou pola candidatura de CCOO”, alén de realizar numerosas ameazas ao cadro de persoal por apoiar “o sindicato máis incómodo” para a patronal.
17/12/2012 A mobilización enmárcase na campaña da Asemblea de Desempregados/as para coñecer que destino lle dan a estes alimentos os supermercados
A Asemblea de Desempregados da CIG de Ferrol desenvolveu este domingo unha concentración ás portas e no interior do Alcampo para reclamar as grandes superficies de distribución que doen os alimentos próximos a caducar ás persoas que os precisan en lugar de tiralos ao lixo, como adoitan facer. A asemblea acordou realizar neste supermercado a súa protesta xa que ten constancia que no seu interior existe unha compactadora na que destrúen todos a comida que xa non poden poñer á venda.
14/12/2012 O colectivo denuncia que cada día as grandes cadeas tiran ao lixo miles de quilos de alimentos mentres hai persoas que se ven forzadas a buscar comida nos contedores
A asemblea de desempregados/as de Ferrol informou en rolda de prensa da iniciativa que veñen desenvolvendo dende hai unhas semanas, de cara a coñecer que destino dan as grandes cadeas de distribución da comarca aos alimentos próximos a caducar. Logo de manteren reunións coas direccións de diferentes empresas confirmaron que estas tiran a diario ao lixo os produtos, “mentres hai persoas que se teñen que meter nos contedores para buscar algo de comer”.
22/12/2011 A central nacionalista considera “inxusta e inmoral” a decisión da cadea de supermercados
Ducias de delegados/as da CIG volveron concentrarse fronte aos centros de traballo que a multinacional da alimentación Lidl ten en Ourense en protesta polo despedimento dunha traballadora acusada de roubar unhas papas de cereais para a súa filla. Dende a central nacionalista rexeitan a decisión da empresa por “inxusta, indecente e inmoral e anuncian que as protesta continuarán até que se chegue a un acordo que dignifique a profesionalidade dunha empregada con máis de 10 anos de antigüidade.
18/11/2011 A afectada está acusada de roubar unhas papas para a súa filla por valor de tres euros nun supermercado de Ourense
A Unión Comarcal da CIG de Ourense anunciou que continuará coas mobilizacións convocadas para denunciar o despedimento "inxusto e inmoral" dunha traballadora con máis de 10 anos de antigüidade tras ser acusada de roubar unhas papas de cereais para a súa filla por valor de tres euros. Dende a central nacionalista critican a falta de vontade negociadora da trasnacional alemá, que non compareceu no acto de conciliación previo ao xuízo.
15/11/2011 A afectada, con máis de 10 anos de antigüidade na empresa, está a acusada de roubar unhas papas para a súa filla
Ducias de delegados/as da CIG concentráronse esta mañá fronte aos centros de traballo que a multinacional da alimentación Lidl ten na cidade en protesta polo despedimento dunha traballadora acusada de roubar unhas papas para a súa filla. Dende a central nacionalista rexeitan a decisión da empresa por “inxusta, indecente e inmoral e anuncian que as protesta continuarán até que se chegue a un acordo que dignifique a profesionalidade dunha empregada con máis de 10 anos de antigüidade.
25/10/2011 A empregada, con contrato fixo e con 10 anos de antigüidade, foi acusada de roubar unhas papas para os seus fillos
A CIG de Ourense denuncia a actuación desproporcionada e inmoral da multinacional alemá Lidl despois de que despedise a unha traballadora con contrato fixo que levaba 10 anos no centro de traballo da Valenzá. A empregada foi acusada de coller unhas “papas de cereais” de bebé para os seus fillos a última hora da tarde cando a caixa xa estaba pechada, polo que non puido facer efectivo o pago por un importe de 2,90 euros, “sendo intención da traballadora abonar esta cantidade ao día seguinte ao comezar a xornada laboral”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com