Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo estado da vigilância global
08/02/2016Ignacio Ramonet
Cada clique, cada telefonema, cada compra no cartão de crédito e cada navegação na internet, fornecem excelentes informações sobre cada um de ...
Portugal: pressões e chantagens
08/02/2016Pedro Guerreiro
Para a UE, para a troika e os seus arautos não há restrições ao aumento do défice quando se trata de financiar o grande capital financeiro, ape...
Nova lei anti folga dos conservadores na Gran Bretaña
29/01/2016Clodomiro Montero e Luciano Luxilde
O goberno de David Cameron, aliado e amigo do Rajoy, defende unha nova lei que restrinxe gravemente a liberdade sindical, nomeadamente o dereito de ...
“El Jefe”, retrato da precariedade laboral nos USA
27/01/2016Clodomiro Montero M.
O grupo de comunicación Atresmedia, que conta entre as súas cadeas co canle de referencia da progresía española “La Sexta”, emite un programa...
O imperialismo contemporáneo
20/01/2016Samir Amin
A ofensiva actual do imperialismo colectivo dos Estados Unidos/Unión Europea/Xapón contra todos os pobos do Sur descansa sobre dous alicerces: o ...
Arxentina, Venezuela e a loita de clases
18/01/2016Ángel Guerra Cabrera
Os BRICS: unha fábula do noso tempo
15/01/2016Immanuel Wallerstein
A década da Bolívia
15/01/2016Luís Carapinha
CIG-Servizos
3/2/2016 Nesta ocasión concentráronse diante da Xefatura Territorial da Consellaría de Sanidade
As traballadoras e traballadores de Linorsa en Lugo continuaron este mércores coas mobilizacións para demandar o cobro dos salarios que a empresa ten pendentes de abonar: a nómina de xaneiro e a metade de decembro. Desta volta, o persoal levou as protestas até o edificio da Xefatura Territorial da Consellaría de Sanidade.
21/1/2016 A empresa sancionou a traballadora con falsas acusacións
Delegados e delegadas da CIG concentrábanse na mañá deste xoves diante dos Xulgados de Ferrol coincidindo co xuízo contra Geriatros pola persecución que a empresa está a facer contra unha delegada da central sindical, á que sancionou acusándoa falsamente de fumar nas instalacións da residencia.
29/12/2015 CIG-Servizos de Lugo lembra o “longo historial” de atrasos no pagamento dos soldos nesta empresa e acusa a Xunta de pasividade
Linosa, adxudicataria dos servizos de limpeza para a Xunta en Lugo, aínda non pagou a todos os seus traballadores/as a paga extraordinaria de decembro, que xa debería ter abonado hai unha semana. Dende a CIG-Servizos lembran que o historial de incumprimentos da empresa a respecto do pagamento e das condicións de traballo recollidas nos contratos “é longa, permanente e reincidente” sen que a Administración galega teña adoptado ningunha medida para resolver esta situación.
16/12/2015 Acciona, concesionaria do servizo, fará 11 novos contratos indefinidos a tempo completo e catro a tempo parcial
Os traballadores/as do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) decidiron esta mañá en asemblea desconvocar a folga indefinida despois de que a empresa se comprometese a contratar máis persoal. Acciona, concesionaria do servizo, fará 11 novos contratos indefinidos a tempo completo e catro a tempo parcial e mecanizará a recollida de residuos sólidos.
4/12/2015 Os empregados/as, que hoxe desenvolveron novas protestas no hospital Álvaro Cunqueiro, denuncian sobrecarga de traballo, falta de material e incumprimentos por parte da empresa
As traballadores/as da limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) iniciarán unha folga indefinida a partir do vindeiro día 16 para reclamar a contratación de máis persoal, en concreto entre 25 e 30 persoas. Dende as tres centrais con representación no comité de Acciona, empresa encargada do servizo, denuncian exceso de carga de traballo, falta de material e incumprimentos en materia laboral.
13/11/2015 No marco da campaña contra das pretensións da multinacional de aplicar un convenio propio de ámbito estatal que suporía un recorte de dereitos salariais e laborais
A CIG-Servizos continuou este venres na Coruña a campaña de mobilizacións en demanda dun convenio colectivo de ámbito galego para os traballadores e traballadoras dos supermercados Lidl, fronte ás pretensións da multinacional alemá de aplicar un convenio propio de carácter estatal que suporía un grave retroceso nos dereitos laborais e salariais do persoal.
23/10/2015 A entidade da Coruña saiu esta semana na prensa gabándose das súas actividades económicas, mentres deixa a persoal na rúa
O Club Financeiro da Coruña asinaba esta semana un pacto co de Santiago para potenciar a súas respectivas actividades en beneficio das empresas. A CIG-Servizos considera que estas entidades poden facer o que consideren oportuno para mellorar o seu negocio. Porén denuncia que é unha humillación para os traballadores despedidos que saia publicamente gabándose das súas actividades económicas, mentres deixa a persoal na rúa.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com