Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As duas caras da campanha de Sanders
03/05/2016Fred Goldstein
Os progressistas e revolucionários não devem ignorar o lado negativo de Sanders e o engodo enganador do Partido Democrata. Sanders não acolheu to...
A crise no Brasil
03/05/2016Perry Anderson
Na América do Sul, um ciclo está chegando ao fim. Por uma década e meia, sem a pressão direta dos Estados Unidos, fortalecidos pelo boom das com...
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
megafonia
2/3/2016 A CIG lamenta que se sigan poñendo trabas ao dereito de manifestación
A CIG vén de recibir a notificación de resolución do concelleiro delegado de Medio Ambiente e Convivencia, por delegación do alcalde, das solicitudes de megafonía, colocación de faixas e punto de luz. Respecto deste último aspecto, o Concello informa de que “en relación coa realización do enganche de luz na Praza de Praterías á vista do informado non procede a autorización municipal, pois estaríase a incumprir a normativa legalmente aplicable”.
4/10/2013 Presentou un recurso de apelación ante a medida ‘cautelarísima’ adoptada polo xulgado do contencioso
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de desestimar o recurso de apelación formulado polo Concello de Santiago fronte ao auto ditado polo xulgado do Contencioso Administrativo número 1, polo que se autorizaba á CIG ao uso de megafonía e colocación de pancartas publicitarias para a convocatoria de manifestación do pasado Primeiro de Maio. O tribunal imponlle ademais ao concello 1.000 euros polas costas xudiciais.
24/4/2013 Renato Núñez, Secretario de Organización da CIG - Compostela, considera que logo de 6 autos xudiciais é o momento de pedir responsabilidades ao concello
27 de xaneiro do 2011, 1º de maio do 2011, 1º de maio do 2012, 14 de novembro do 2012, 10 de marzo do 2013 e agora o 1º de maio do 2013 son datas de mobilizacións nas que a CIG de Compostela tivo que acudir ao Xulgado para acadar as autorizacións para megafonear, colocar faixas ou obter permisos para a lectura dun manifesto. Seis datas ás que hai que sumar outras varias nas que non foi posíbel por razón de tempo ou de medios, presentar denuncias contra o concello e nas que non se puideron exercer debidamente os dereitos vulnerados.
8/3/2013 A central sindical denuncia que o escrito, con data o 27 de febreiro, foi remitido o día 7 de marzo, coa fin de dificultar a presentación dun recurso
Máis unha vez o concello de Santiago vén de denegar á CIG a autorización para pasar megafonía anunciando a convocatoria da manifestación convocada pola central sindical para o vindeiro domingo, día 10 de Marzo, baixo o lema Salvemos os noso convenios, contra a pobreza e a explotación”. A CIG denuncia que o escrito, que foi recibido este xoves, día 7 de marzo, leva data de 27 de febreiro, polo que entende que se atrasou a mantenta a súa remisión coa fin de dificultar a presentación dun recurso.
9/11/2012 Esta e a quinta vez que a central sindical ten que recorrer á xustiza ante a denegación do permiso por parte do concello de Santiago
A CIG de Compostela interpuxo, unha vez máis, recurso contencioso-administrativo polo procedemento especial para a protección de dereitos fundamentais, tras da denegación do concello de Santiago de realizar publicidade, por medio de megafonía, da convocatoria de manifestación que, con motivo da folga xeral do vindeiro 14 de novembro, se convoca, ás 12:00 da mañá dese mesmo día. No recurso, a CIG denuncia ademais a exixencia de 1.200 euros, en concepto de fianza, por colocar dúas pancartas anunciando a convocatoria.
25/4/2012 Unha vez máis, o concello de Santiago non deu os permisos necesarios
A CIG de Compostela tivo que presentar novamente un recurso contecioso-administrativo polo procedemento especial de vulneración dereitos fundamentais, contra o silencio administrativo da concellaría de Tráfico e Seguridade Cidadá do concello de Santiago, por non resolver a solicitude do 3 de abril relativa á publicidade dos actos que levará a cabo a central sindical o vindeiro Primeiro de Maio.
24/2/2012 Logo das numerosas manifestacións e concentracións celebradas alega que afecta ao ámbito do Plan especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica
A CIG de Compostela manifesta o seu malestar pola decisión do concello de Santiago de “desestimar” a petición da central sindical de facer un enganche de luz e de utilizar a furgoneta de megafonía na manifestación das traballadoras/es, convocada para mañá sábado, día 25, ás 11:30 horas. A furgoneta, di o decreto emitido polo concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, “poderá facer o percorrido polas rúas da nosa cidade, agás as rúas de uso peonil e as vías de circulación prohibida sinaladas no capítulo III da Ordenanza xeral Municipal e Uso de Vía pública”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com