Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As mentiras teóricas do Banco Mundial
21/11/2014Éric Toussaint
A visão do Banco Mundial está marcada por diferentes preconceitos conservadores. Nos relatórios e discursos dos quinze primeiros anos de existên...
Entrevista a Walden Bello: “O TTIP é como braço económico da OTAN”
20/11/2014Thomas Fazi
Os EUA negoceiam actualmente –em segredo- com a UE e com 11 países asiáticos dois tratados de “comércio livre”. O conteúdo negativo das in...
Brasil, a grande divisão
20/11/2014Boaventura de Sousa Santos
A grande burguesia não tendo podido derrotar a candidata do PT,  vai continuar a pressionar abertamente (e a ser provavelmente atendida) pela...
A armadura xurídica do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP)
20/11/2014Juan Hernandez Zubizarreta
O TTIP é un Tratado tremendamente violento. A violencia estrutural do sistema capitalista -que permite a acumulación da riqueza duns poucos a cust...
A anatomia do Estado sob o neoliberalismo
17/11/2014Prabhat Patnaik
O Estado neoliberal, ou o Estado na era da hegemonia do capital financeiro internacional, é cada vez mais moldado de uma maneira que restringe a "...
O mistério de Kobane
17/11/2014Pepe Escobar
centros de menores
24/11/2014 O Comité de Traballo e Benestar da Coruña lembra que estas foron declaradas inxustas e non equilibradas pola xustiza
Traballadores e traballadoras das residencias da terceira idade, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidade (CAPD) da Coruña concentráronse o pasado venres na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar en rexeitamento á imposición dunhas quendas de traballo que cualifican de “abusivas, machacadoras e temerarias”.
2/6/2014 Lembran que a Consellaría anulou a compensación en días de descanso
O Comité de Empresa da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza remitiu unha petición a Beatriz Mato para que, igual que o fan coidadores/as, auxiliares de enfermería, camareiros/as-limpadores/as, ordenanzas, enfermeiros/as ou persoal de cociña das Residencias de Maiores, Centros de Menores ou do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade, o persoal directivo e de libre designación traballe tamén en domingos e festivos.
4/9/2013 Denuncia que este novo “chiringuito” só servirá para incrementar as contratacións a dedo, pero non para resolver os problemas dos centros
O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña acaba de solicitar unha reunión urxente coa conselleira Beatriz Mato, para coñecer de primeira man como se vai pór en marcha a nova Axencia Galega de Servizos Sociais. Un ente público que para representación do persoal suporá a duplicidade de postos directivos, xerentes, e subdirectores/as nomeados todos a dedo, pero que non resolverá os problemas de medios humanos e materias que padecen nestes momentos os centros dependentes da Consellaría.
5/8/2013 O Comité reclama da Consellaría que cubra as vacacións e as baixas de todo o persoal
O Comité de Traballo e Benestar de A Coruña vén de denunciar diante da Xefa “o alarmante deterioro das condicións de traballo”, debido á pouca cobertura das vacacións do persoal nos meses de xullo e agosto. Unha situación que se une ao feito de que tampouco se están a cubrir as baixas que se producen por enfermidade común ou doutro tipo.
8/5/2012 O persoal dos centros de diversos centros da provincia da Coruña levou a cabo asembleas permanentes que se prolongaron até este martes
Os traballadores e traballadoras das residencias de maiores, centros de menores, escolas infantís e outros centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar na provincia da Coruña realizaron unha xornada de loita o luns en defensa dos seus empregos e uns servizos sociais públicos e de calidade.
19/1/2011 Estas ausencias están a provocar un deterioro da calidade asistencial achegada aos/ás usuarios/as
O Comité de empresa da Consellaría de Traballo e Benestar de Ourense reiterou a denuncia a respecto da falta de persoal nos distintos centros do Departamento Territorial, que está a provocar na práctica o desmantelamento destes servizos públicos sociais. O Comité ten convocada para este xoves 20 de xaneiro unha nova concentración, ás 11:00 horas, diante do edificio administrativo en demanda da creación de prazas para dotar do persoal necesario ás residencias e centros de menores.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com