Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
No campo de visão da estratégia golpista de Washington encontram-se hoje o Brasil, para minar por dentro os Brics, e a Venezuela, para minar a Ali...
Brasil: O assalto ao poder de um bando de aventureiros
26/05/2016Emir Sader
Privatização de tudo o que puder, sem limite, sem pudor, liquidação do patrimônio publico, entregue ao mercado e aos grandes capitais privados ...
O Euro e a crise na e da União Europeia
26/05/2016João Ferreira
A recuperação da soberania monetária – e por arrastamento da soberania cambial, orçamental e fiscal – é condição necessária, ainda que i...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
mobilizacións
27/5/2016 A CIG encheu a rúa do Paseo de Ourense de cartaces denunciando a política laboral da entidade e desenvolveu unha nova concentración
A campaña de mobilizacións que desenvolve a CIG para reclamar a readmisión dun traballador despedido de Abanca por querer informar ao persoal sobre os riscos de vender produtos financeiros complexos continuou este xoves en Ourense. A central encheu a rúa do Paseo da cidade con cartaces denunciando a política laboral da entidade e levou a cabo a terceira concentración do mes.
25/5/2016 A CIG desenvolveu dúas concentracións en Ourense e anuncia unha nova mobilización este xoves 26
A CIG, co apoio de CCOO, desenvolveu dúas concentracións nunha oficina de Abanca en Ourense os días 20 e 24 de maio para reclamar a readmisión dun traballador despedido por querer informar ao persoal dos riscos que supón a comercialización de produtos complexos á clientela. A central anuncia unha nova mobilización para o vindeiro xoves 26.
24/5/2016 O rexedor incumpriu o compromiso de entregar copia do escrito remitido polo administrador xudicial a un banco para depositar os salarios
O persoal ourensán de Linorsa, concesionaria da limpeza en dependencias públicas, continuará este mércores coas mobilizacións ás portas do Concello para reclamar a rescisión do contrato coa empresa e o cobro dos salarios pendentes. O alcalde da cidade, que chegou a ameazar ás traballadoras/es con sancións polas protestas de hoxe, comprometérase co comité a entregar unha copia do escrito remitido polo administrador xudicial a un banco para depositar o diñeiro.
19/5/2016 Os traballadores/as que participan na extinción de incendios forestais inician calendario de protestas por unhas condicións laborais dignas
Representantes dos catro comités provinciais de Seaga e o secretario nacional de CIG-Servizos compareceron esta mañá en rolda de prensa en Santiago para denunciar que a Xunta utiliza esta empresa 100% pública “como unha ETT da administración”. Tamén censuran o incumprimento LOFAXGA e o despilfarro de cartos públicos en xuízos nos que os traballadoras/es ven recoñecidos dereitos que a Administración lles nega. Diante disto, anuncian a convocatoria dun calendario de mobilizacións que se inicia este venres 20 cunha marcha a pé que arrincará en Pontecesures ás 6.00 horas e rematará diante da Consellaría do Medio Rural sobre as 12.00 horas.
21/4/2016 As traballadoras/es da limpeza dos colexios públicos iniciaron as mobilizacións este martes coincidindo co pleno municipal
As traballadoras/es de Linorsa en Ourense desenvolven concentracións diarias ás portas do Concello para reclamarlle ao Goberno local que rescinda o contrato coa empresa concesionaria da limpeza dos colexios públicos, que lles adebeda tres meses de salario. O cadro de persoal da compañía iniciou este martes as mobilizacións ás portas do consitorio coincidindo coa celebración do pleno da corporación municipal.
5/4/2016 A xornada de loita incluíu concentracións na Coruña e Ourense e unha manifestación en Vigo
A Confederación Intersindical Galega logrou paralizar o sector dos centros de chamadas en Galiza para reclamar un convenio colectivo digno e xusto. A xornada de folga convocada pola central tivo un seguimento maioritario no conxunto do país e foi masivo no caso de Vigo, onde unha concorrida manifestación percorreu as principais rúas da cidade. Na Coruña e Ourense desenvolvéronse concentracións coincidindo coa xornada de loita.
29/2/2016 O colectivo desenvolverá concentracións de protesta en Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago este xoves día 3
O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG desenvolverá unha serie de mobilizacións en Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago este xoves día 3 para reclamar a anulación da reforma das pensión e dos repagos de medicamentos. As concentracións de protesta terán lugar diante da Subdelegación do Goberno, da Xunta e do INSS entre as 11.00 e as 12.30 horas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com