Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A desfeita das políticas de austeridade
28/10/2014Vicenç Navarro
O xeito de reducir o déficit e a débeda públicos dun país non é aplicando políticas de austeridade. Estas políticas reducen a demanda de ben...
O Brasil de Lula segue para diante
28/10/2014Emir Sader
A militancia de esquerda gañou as rúas de todo o país; a segunda volta foi dunha clara contraposición entre esquerda e dereita, o que configuro...
Entrevista a Tom Kucharz: “O TTIP é un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais»
28/10/2014
Hai unha intención de crear unha OTAN económica, que sería ese pacto económico-comercial UE e EEUU, que faría máis forte ambas as potencias, ...
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
baixas
10/6/2013 O Comité denuncia a sobrecarga de traballo que ten que soportar o persoal
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña realizou este sábado unha concentración ás portas do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade para esixir da Consellaría que cubra as baixas e as vacacións do persoal en todos os centros dependentes deste departamento.
13/7/2012 Non se cobren as baixas e mentres se destinan cartos ás fundacións privadas recórtanse nos centros públicos
O Comité de Traballo e Benestar de A Coruña vén de constatar os “tremendos problemas” que está causando a política da Consellería de Traballo e Benestar de non cubrir as ausencias xustificadas. Denuncian ademais as grandes partidas que se destinan ás fundacións privadas, mentres se recorta nas públicas.
10/1/2012 A CIG-Ensino exixe a súa inmediata cobertura porque afectan directamente ao alumnado
A CIG-Ensino denuncia os recortes reiterados que a Consellaría de Educación practica no Ensino público, desta volta atrasando intencionadamente a cobertura das baixas do profesorado. Este luns, chegaron a ser 287 as baixas sen cubrir. Un número que continuou en aumento con novas peticións de centros. 107 desas 287 baixas estaban comunicadas antes de finalizar o ano 2011 (20 delas xa estaban comunicadas no momento de iniciarse o período non lectivo de Nadal). Outras 31 foron comunicadas entre os días 2 e 4 de xaneiro. Porén a Consellaría, no afán de recortar recursos ao ensino público, non tiña cubertas ningunha desas 138 prazas, malia coñecer a súa existencia, que foi comunicada polos centros con antelación suficiente para que estivesen cubertas no momento de se reiniciar as aulas.
13/12/2011 Atribúe a situación á ineficacia e neglixencia da consellaría de Educación
A CIG-Ensino denuncia a “ineficacia” e “neglixencia” da Consellaría na cobertura das baixas do profesorado. A día 13 de decembro, segundo datos da propia consellaría, eran 118 as baixas sen cubrir, un número que se incrementa cada hora que pasa, con novas peticións de centros, mentres a Consellaría apenas fixo chamamentos desde o día 1, en concreto 15 en Primaria e 7 en Secundaria. Mentres 34 prazas anteriores a esa data non recibiron o profesorado substituto necesario.
4/3/2011 A CIG-Ensino critica que a administración antepoña criterios economicistas ao dereito do alumnado a recibir aulas
A Consellería de Educación estase negando a cubrir todas aquelas baixas do profesorado que se están producindo nestas últimas semanas, segundo informou a CIG-Ensino. Neste momento, na páxina da Consellaría atópanse máis de 20 baixas de mestres e 41 de secundaria que non serán cubertas até despois do entroido.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com