Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Por que se deve realizar uma auditoria da dívida?
25/03/2015Éric Toussaint
A auditoria demonstrará que uma parte muito grande da dívida grega contraída tanto no período precedente à intervenção da Troika como no post...
Por trás das sanções da Casa Branca contra a Venezuela
25/03/2015Mark Weisbrot
Os governos latino-americanos compreenderam esta estratégia de impor novas sanções à Venezuela vista como uma grave ameaça à democracia na reg...
Dez claves para entender a “lex mercatoria”
25/03/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
A oposición frontal das grandes potencias e dos lobbies transnacionais á creación de normas que poidan poñer en risco as súas perspectivas de n...
A pobreza em Portugal
25/03/2015Maria do Carmo Tavares
A pobreza em Portugal sempre assumiu grande extensão e intensidade, a ela estão associadas profundas desigualdades sociais, acumulação de riquez...
O capitalismo no país das maravilhas
23/03/2015António Santos
Há actualmente 15 milhões de crianças com fome nos EUA. Destas, 1,5 milhões não tem casa. Com efeito, na lista de países que melhor protegem a...
Brasil na encruzilhada
23/03/2015Luís Carapinha
Pensar as crises
11/03/2015Antoine Casanova e Remy Herrera
Grecia: Saír do euro ou suicidio político
09/03/2015Héctor Illueca Ballester
FORGA
5/11/2014 A central sindical presentará unha querela contra a Xunta de Galiza por discriminación na adxudicación dos cursos de formación
Diante da utilización perversa e da manipulación que se está a facer do Informe do Consello de Contas, co que se pretende trasladar a opinión pública a imaxe dunha utilización fraudulenta dos fondos de formación, entre outras organizacións por parte da CIG, a central nacionalista toma a decisión de presentar unha denuncia e entregar dito Informe perante a Fiscalía para que quede irrefutabelmente probado que por parte da CIG non houbo utilización fraudulenta nin delituosa no uso destes fondos públicos.
18/3/2014 A CIG e a forGA avalían solicitar do Parlamento galego unha investigación, comparecer ante a Fiscalía ou emprender accións xudiciais por responsabilidade patrimonial
A Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza acumula xa nove resolucións xudiciais desfavorábeis, ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polas que se anulan outras tantas decisións, en materia de formación para o emprego, polas que se denegan cursos de formación á CIG e á forGA. O secretario confederal de formación para o emprego, Manoel Anxo García denuncia que a consellaría “vai camiño de facerse un oco no libro guinness dos récords, con apoio nas súas múltiplas decisións ilegais, en materia de formación para o emprego”.
11/2/2014 As solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía electrónica
No DOG do 7 de xaneiro publícase a Orde pola que se convocan as probas para a obtención de determinados carnés profesionais no ano 2014. O prazo de solicitude ordinaria vai do 10 ao 21 de febreiro de 2014 e o prazo de solicitude extraordinaria do 1 ao 12 de xullo de 2014.
20/5/2013 Para a convocatoria extraordinaria, o prazo para presentar solicitudes será desde o día 1 ao día 12 de xullo de 2013, ambos os dous incluídos
A Consellaría de Economía e Industria da Xunta de Galiza vén de facer pública a convocatoria 2013 das probas teórico-practicas pra obtención de habilitacións/carnés profesionais. A forGA pon ao dispor de afiliadas e afiliados da CIG unha serie de cursos preparatorios, a través dos que obter a formación precisa con garantías para superar as citadas probas. 
11/3/2013 Está dirixido a afiliadas e afiliados da central sindical que desexen acceder a servizos formativos para a cualificación ou recualificación profesional
A forGA e a CIG, á vista da vergoñenta política de tallos de dereitos e privatizacións de servizos públicos protagonizada polo PP e conscientes da importancia da formación para o emprego para os traballadores/as, vimos de asinar un Convenio de Colaboración dirixido a pór en marcha un programa de cualificación e/ou recualificación profesional para os afiliados/as da central e para aqueles/as usuarios da forGA que se afilien á CIG e que desexen acceder a este tipo de servizos formativos nunhas condicións económicas vantaxosas.
28/1/2013 A segunda sentenza do alto tribunal galego a favor da forGA invalida a decisión da administración e condénaa a retrotraer o proceso e ditar nova resolución
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de declarar a invalidez da resolución ditada pola Xunta de Galiza, por mor da que denegou a forGA varios planos de formación solicitados en 2010. A decisión xudicial condena á administración galega a retrotraer o proceso e ditar nova resolución que evidencie de forma “razoada e razoábel” os criterios para denegar ou conceder ditas axudas.
7/11/2012 Anula a resolución da consellaría de Traballo e recoñécelle o dereito o obtelas
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de anular a resolución pola que se excluíu á forGA das axudas á formación profesional para o emprego, na convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores/as desempregados/as, no exercicio de 2009. O TSXG recoñécelle explicitamente á forGA o dereito a obter esas axudas e considera que se vulnerou o principio de igualdade e que non se deu unha “xustificación obxectiva e razoábel” que xustificase esa exclusión.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com