Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As falacias da OCDE sobre política fiscal, salarios e competitividade
22/09/2014Eduardo Garzón Espinosa
O de que os salarios creceron máis que a produtividade só é certo se se fan trampas cos indicadores, deflactando a produtividade e non os prezos...
O tratado de comércio livre EUA-UE: a grande golpada
22/09/2014Vaz de Carvalho
O tratado representa o culminar do processo neoliberal imposto aos povos, ficando a sua soberania à mercê dos interesses grande capital. Este, se...
O começo do fim da globalização
22/09/2014Antonio Luiz M. C. Costa
A escalada de hostilidade e sanções mútuas entre a Otan e a Rússia por causa da guerra civil na Ucrânia não é o retorno da Guerra Fria. Mas ...
TTIP, UE e EUA: Golpe transnacional contra a soberanía popular
19/09/2014Gonzalo Fernández Ortiz de Zárate e Juan Hernández Zubizarreta
O TTIP vai alterar as regras de xogo que coñecemos en Europa, xerando unha estrutura político-xurídica que entroniza definitivamente o ánimo de...
O Califado contra o resto do mundo
19/09/2014Immanuel Wallerstein
A menos que o Califado desmorone no futuro próximo (o que parece muito improvável), este esforço militar irá em breve expor uma vez mais os lim...
A luta pela paz
19/09/2014Ilda Figueiredo
Escócia: A economia e a independência
17/09/2014James Foley e Pete Ramand
Fundación USC Deportiva
25/5/2011 Nin a dirección da Fundación, nin o reitorado da Universidade de Santiago abriron canles de comunicación para desbloquear o conflito
Os traballadores e traballadoras da Fundación USC Deportiva foron á folga novamente este mércores, día 25 de maio, das 10:00 ás 13:00 horas e das 18:00 ás 21:00 horas, ao igual que fixeron a semana pasada. Demandan da dirección da fundación información dos contidos do plano de viabilidade que prevé pór en marcha o organismo e que, polo que saben, implicará unha redución de traballadores e de actividades deportivas. Denuncian que tras da xuntanza do pasado 18 de maio, nin a Fundación nin o reitorado abriron canles de diálogo que permitiran desbloquear o conflito.
19/5/2011 Concentráronse até as 12:30 horas na praza do Obradoiro e continuaron en folga durante a tarde, das 18:00 ás 21:00 horas
Os traballadores e traballadoras da Fundación USC Deportiva foron na xornada deste xoves á folga ao non chegar a concretarse ningunha das súas demandas na mesa de negociación celebrada onte. A folga levouse a cabo entre as 10:00 e as 13:00 horas e continuou pola tarde, entre as 18:00 e as 21:00 horas. Alén diso, concentráronse na Praza do Obradoiro, diante do reitorado da Universidade de Santiago, para exixir que a fundación informe dos contidos do plano de viabilidade que prevé unha redución de traballadores e de actividades deportivas.
10/5/2011 Logo de que o novo Xerente da entidade comunicara a creación dunha mesa de negociación para o vindeiro xoves
A CIG-Servizos vén de informar da suspensión da folga convocada na Fundación USC Deportiva para mañá, mércores 11 de maio, logo de que o novo xerente da Fundación acordara, como primeira medida, convocar a mesa de negociación coa representación do persoal. A xuntanza terá lugar o vindeiro xoves, 12 de maio.
9/5/2011 O paro será de 10:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas o mércores 11 de maio e o venres 13 de maio e de unha hora máis o xoves día 19
A CIG e os traballadores da Fundación USC Deportiva veñen de convocar un paro parcial os días 11, 13 e 19 de maio e unha concentración diante do reitorado da Universidade de Santiago ás 11:30 horas deste mércores para reclamar da Universidade e da Fundación a creación dunha mesa de negociación para avaliar o plano de viabilidade que se está a deseñar e que, segundo as escasas informacións das que dispoñen, implicaría a extinción de postos de traballo e de actividades deportivas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com