Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Portugal: Sanções, FMI e cegueiras
24/08/2016Sandra Monteiro
A arquitectura da União Europeia neoliberal, mais ou menos punitiva, está formatada para impor a Portugal desemprego, salários baixos, emigraçã...
A nova doutrina estratégica Turca
23/08/2016Thierry Meyssan
A nova doutrina estratégica Turca conduziu já Ancara a restaurar boas relações, pelo menos comerciais, com vários dos seus vizinhos. No fim de ...
A lógica do capitalismo neoliberal
22/08/2016Prabhat Patnaik
Os dias tranquilos do neoliberalismo estão acabados, o que portanto traz para a agenda histórica uma luta pela sua transcendência. Isto pode ser ...
Francia: despois da tormenta, chega o naufraxio
22/08/2016Albert Alexandre
A reacción pola dereita que a viraxe cara ao socialiberalismo do PSF supuxo co crecemento da Fronte Nacional, ten o seu parangón positivo pola esq...
Portugal: Os incêndios florestais (por trás das chamas…)
22/08/2016João Dinis
As políticas impostas pela PAC (Política Agrícola Comum) e por outros «acordos» internacionais e as erradas opções no plano nacional, a polí...
Guerras e crises na África de hoje
22/08/2016Carlos Lopes Pereira
50 verdades sobre Fidel Castro
17/08/2016Salim Lamrani
A OTAN como ameaza á paz mundial
17/08/2016Augusto Zamora R.
privatización
7/1/2016 A sección sindical da CIG en Medio Rural de Ourense considera que o goberno galego pode estar incorrendo en fraude de lei ao outorgar contratos a empresas privadas
A sección sindical da CIG-Administración en Medio Rural en Ourense vén de denunciar que a Xunta de Galiza segue a engrosar o dispositivo privado de extinción de incendios forestais. Neste sentido, sinala que no DOG do pasado día 4 de xaneiro aparece o anuncio de contratación de brigadas e helicópteros privados para o SPDCIF para o período 2016/2017 onde aumenta tanto o seu tempo de traballo como as súas funcións en detrimento do servizo público SPDCIF.
9/9/2015 A pesar da moción aprobada no pleno contra a externalización do servizo e o despedimento de dúas traballadoras
No pleno do pasado mes de xullo, o Comité de Empresa do Concello de Betanzos manifestouse contra a privatización do servizo de limpeza municipal e a inminente contratación dunha empresa privada para a limpeza de edificios e o despedimento de dúas compañeiras do servizo no aulario do CEIP Francisco Vales Villamarín. Un mes e medio despois, denuncia a Sección Sindical da CIG, “o goberno decide privatizar a limpeza do centro e incumprir abertamente o acordo plenario nos tres primeiros meses de goberno”.
9/6/2015 Denuncia as consecuencias para a calidade asistencial e para o emprego na sanidade pública mentres se favorece o negocio da privada
A CIG-Saúde convoca para mañá mércores, día 10 de xuño, entre as 11:00 e as 12:00 horas concentracións nas distintas áreas sanitarias de Galiza para denunciar o peche de máis de 1.200 camas durante o verán, o peche de quirófanos e a paralización da actividade, mentres se mantén ou incrementa na sanidade privada. Xunto a isto, alerta da destrución de emprego público e da precarización das condicións laborais no sector que isto provocará.
25/3/2015 Traballadores/as reuníronse en asemblea para acordar mobilizacións
O vindeiro 15 de xuño entrará en vigor a Lei 20/2011, de 21 de xullo, do Rexistro Civil pola que o goberno asigna a rexistradores/as mercantís a tramitación de expedientes e certificados como fes de vida, nacementos, defuncións ou vodas, entre moitos outros. Isto obrigará ás galegas e galegos a trasladarse ás cidades para realizar calquera trámite que, en diante, terán ademais que pagar.
4/12/2014 A CIG-Saúde acusa á consellaría de “traizón”por publicar este “despropósito” cando está convocada para este venres a xuntanza do grupo técnico que analizaría esta cuestión
A CIG-Saúde considera unha “traizón”, un “despropósito” e un “insulto” publicar este xoves no DOG unha resolución da Área de Xestión Integrada de Vigo pola que se “oferta aos empregados públicos de determinadas categorías de servizos non clínicos da dita estrutura organizativa a opción de pasaren a prestar servizos, de forma voluntaria, como persoal laboral na entidade concesionaria da explotación dos ditos servizos”. Denuncia que está convocada para mañá venres a xuntanza dun grupo técnico da mesa sectorial na que se avaliaría esta cuestión que será “unha inutilidade” e asegura que “non imos colaborar na destrución de emprego público”.
24/11/2014 A nova lei obriga ás comunidades de montes a pagar un “saldo debedor” ou asinar un contrato cunha empresa forestal privada
A CIG sumouse o pasado sábado á manifestación convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común e o sindicato agrario FRUGA baixo o lema “Defende os froitos do noso monte”. Na mobilización, que partiu da Estación de Tren e rematou na Praza da Quintana demandouse unha fiscalidade propia para estas entidades e a condonación das “falsas débedas” que lles atribúe a Xunta.
19/9/2014 Os afectados/as sosteñen que a decisión suporá a desaparición de máis de 20 empregos
Traballadoras/es, usuarios/as e familiares da Asociación Galega San Francisco (Agasfra) de Vigo desenvolveron este xoves unha protesta diante da Consellería de Traballo en Santiago para esixir a paralización do proceso que deixaría en mans dunha empresa privada o servizo que esta asociación sen ánimo de lucro viña prestando no seu centro de Coia. Os afectados sosteñen que a decisión suporía a desaparición de máis de 20 empregos.
cig.prensa@galizacig.com