Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
O neoliberalismo do século XX foi uma tragédia. Um neoliberalismo do século XXI seria uma nova tragédia e uma farsa. O neoliberalismo surgiu...
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
xunta de galiza
17/9/2014 O sector da Autonómica da CIG de Compostela denuncia o abuso deste mecanismo e asegura que son prazas estruturais
O sector da Autonómica da CIG-Administración de Compostela vén de denunciar o “abuso” das encomendas de xestión nas consellarías. Sinala que se vén de publicar unha nova da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Medio Ambiente con Tragsatec para apoiar á Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación. Denuncia que esta sería a terceira encomenda de xestión coa mesma empresa en menos de 3 meses e que se recorre a este mecanismo para suplir a falta de empregadas e empregados públicos.
1/8/2014 A sección sindical da CIG reclama que alí onde sexan necesarios postos de traballo se inste a que se fagan as modificacións oportunas na RPT para crealos
A sección sindical da CIG nos servizos centrais da Xunta de Galiza vén de denunciar que a Xunta está recorrendo ao traballo precario e en fraude de lei mediante bolsas de formación, aproveitándose da desesperación das mozas e mozos por adquirir experiencia, para suplir persoal con funcións de funcionario/as. Matizan que non poñen en cuestión a existencia destas bolsas, senón o uso que se lle está dando ás mesmas.
16/5/2014 Percorreron en manifestación as rúas de Compostela flanqueados por furgóns policiais
Traballadores e traballadoras de Seaga percorreron as rúas de Compostela convocados pola CIG-Servizos e os comités provinciais da empresa pública en medio dunha desproporcionada presenza policial. As/os manifestantes corearon numerosas consignas en demanda da dimisión da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana e do Secretario Xeral de Montes, Tomás Fernández Couto e outras como “Quen apaga os lumes? Nós e non a UME”, “O monte ardendo e nós no paro” ou “Seis meses de traballo, é unha solución”.
16/4/2014 As tres centrais sindicais maioritarias reiteraron por escrito á Xunta á súa oposición a unha norma que consideran puramente propagandística
Ante a insistencia da Xunta solicitando das organizacións sindicais que remitan as posíbeis alegacións, a CIG reitera o absoluto rexeitamento ao “Código ético institucional” promovido polo Goberno galego e demanda do PP que aplique este mesmo baremo aos seus cargos políticos implicados/as en casos de corrupción; cargos aos/ás que até o momento non esixiu responsabilidades. A Área Pública da CIG solicita, unha vez máis, a retirada inmediata deste borrador.
9/4/2014 A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais denunciou ante a Institución a falta de resposta ante os escritos que foron remitidos a distintos departamentos
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais denunciou a principios de ano ante o Valedor do Pobo o ‘ninguneo’ ao que sometían a este órgano de representación os distintos departamentos da Xunta que nin sequera se molestaban en contestar a multitude de escritos que lles ten dirixidos. En febreiro, o Valedor comunicoulle que admitía a trámite a queixa. Agora o Valedor vén de comunicarlle á Xunta de Persoal dos Servizos Centrais que a Xunta de Galiza segue sen remitirlle o informe demandado de por que non contesta á meirande parte dos escritos que lle presenta este órgano de representación.
12/3/2014 A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza denuncia que teñen sen resolver expedientes dende o ano 2010
A Xunta de Persoal Funcionario dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza súmase á denuncia realizada desde a Xunta de Persoal da Coruña polo reparto de horas extra nas Unidades de Dependencia logo de ter despedido a parte do seu persoal. Informa de que leva remitido varios escritos tanto ás diferentes secretarías xerais como á Dirección Xeral da Función Pública pedindo datos sobre as horas extras autorizadas, porque “hai constancia de que están a utilizar esas horas extras en unidades onde se produciron recentes amortizacións e despedimentos, en maio do ano pasado”.
10/2/2014 A CIG-Ensino exixe que se anule “urxentemente” o contrato coa patronal por “abusivo e fraudulento”
A Consellaría de Educación mediante a Lei 5/2009 de medidas urxentes para a modernización do sector do transporte público de Galiza garántelle prórrogas sucesivas ao transporte público até o 31 de decembro de 2020. A CIG-Ensino exixe á Consellaría de Educación que “urxentemente” anule este contrato coa patronal do transporte escolar, que está prorrogado, nin máis nin menos, até o 31 de decembro de 2020, por “abusivo e fraudulento” e tamén  porque, na  práctica, supón que sexa o transporte o que fixe os horarios e a xornada dos centros educativos, impedindo a aplicación do tipo de xornada decidida polo centro.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com