Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
banca
24/9/2015 Denuncian a pretensión das entidades de recortar, máis dun 30%, o salario fixo, eliminar pagas ou trienios, ligando salarios a cumprimento de obxectivos
Delegados/as do sector financeiro da CIG-Banca concentráronse esta mañá diante das oficinas que Santander, BBVA, Pastor-Popular, Bankia e Abanca teñen na Praza de Galiza de Compostela. A mobilización, que foi a primeira dun calendario de protestas no que non se descartan outras accións, tivo lugar ao remate dunha asemblea na que se informou e debateu sobre a situación da negociación colectiva tanto en banca como en aforro e na que se abordaron as medidas a adoptar fronte ás imposicións das patronais.
3/8/2012 As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT acordaron mobilizarse coincidindo cos Consellos de Ministros
Centos de persoas convocadas polas centrais sindicais CIG, CCOO e UGT concentráronse nas cidades galegas, coincidindo coa celebración do Consello de Ministros, para denunciar o “saqueo” que está a padecer a clase traballadora por mor da aplicación das receitas impostas polo neoliberalismo, a cambio do rescate á banca. Catro anos consecutivos de recortes, desde que comezou a crise, que teñen provocado un empeoramento da situación económica, a destrución masiva de emprego, o empobrecemento da maioría social e a perda de dereitos laborais e democráticos.
14/11/2011 A central advirte que o proceso de centralización suporá a desaparición das entidades galegas e a perda da capacidade de decisión
Delegados e delegadas da CIG-Banca realizaron na mañá deste luns unha manifestación polas rúas da Coruña en rexeitamento ao proceso de reconversión do sector financeiro, impulsado polo Goberno estatal co apoio do PP, e a prol dun convenio xusto para os traballadores e traballadoras de bancos e caixas. Este proceso de reestruturación, advertía o Secretario Nacional da Federación de Banca durante a mobilización, está a supor a desaparición das entidades financeiras galegas e, polo tanto, implica a perda de capacidade de decisión, mais tamén pon en perigo a continuidade de miles de empregos en Galiza.
23/9/2010 Reclama que se declare o dereito dos traballadores/as a seguir percibindo os mesmos salarios que antes de aplicarse a medida
Os secretarios comarcais das federacións de Banca, Administración, Metal, FGAMT e Servizos compareceron hoxe para anunciar a presentación de demandas de conflito colectivo -que se intentará, cando sexa posíbel, facelo coas outras organizacións sindicais- contra as empresas públicas nas que se está a aplicar de forma ilegal o Real Decreto Lei 8/2010 de medidas para reducir o déficit público.
22/5/2009 Maior mobilidade e precariedade para o persoal
Hai uns meses, despois dunhas declaracións públicas do Presidente da Entidade, o Director Xeral en reunión coa representación sindical desmentiu o inminente peche de oficinas, indicándonos que as declaracións públicas se referían a outras Entidades do sector de aforro.
26/2/2009 Foi unha das entidades que recibiu maior inxección de diñeiro público
As 11 da mañá do día 26 de febreiro dábase o pistoletazo de saída ás protestas sindicais ante o anunciou por parte da Dirección de Caixa Galicia de recortes no emprego na provincia de Ourense. O pasado mes de decembro a Caixa pechaba unha urbana, agora anunciou o peche parcial de catro oficinas no rural no que semella o inicio dun proceso de reconversión encuberto; rescindiu os contratos temporais (nalgúns casos persoal con máis de dous anos na empresa); ten en marcha un plan de xubilacións a tempo parcial, xubilando en Ourense e cubrindo os contratos de relevo fóra de Galiza.
22/1/2009 Na cidade de Vigo o 21 de xaneiro
Un afiliado da CIG denunciou un gravísimo caso de acoso laboral contra Caixa Galicia e contra o Director Provincial da empresa en Pontevedra. O sindicato mobilizouse para esixir que se abra unha investigación interna e para esixir xustiza e unha reparación para este traballador e a súa familia, nunha concentración que tivo lugar na cidade de Vigo o mércores 21 de xaneiro. O traballador ten unha incapacidade do 65% debido as lesión provocadas polo acoso laboral ao que foi sometido, sempre segundo a Seguridade Social e un equipo forense da Universidade de Compostela.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com