Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O golpe de Estado de 2016 no Brasil
19/05/2016Michael Löwy
A prática do golpe de Estado legal parece ser a nova estratégia das oligarquias latino-americanas. Testada em Honduras e no Paraguai (países que ...
Grécia – a tragédia que continua
19/05/2016João Ferreira
A Grécia é também a mais viva demonstração da indispensabilidade de preparar um país que queira crescer e desenvolver-se, que queira concretiz...
Brasil: O papel da política externa na restauração do neoliberalismo tardio
19/05/2016Marcelo Zero
A política externa e a forma de inserção no cenário mundial podem contribuir fortemente para tornar o Brasil, de novo, um país periférico, dei...
Brasil: A volta da classe do privilégio
18/05/2016Leonardo Boff
O atual processo de impeachment à presidenta Dilma se inscreve dentro deste quadro golpista  pois se trata de tirá-la do poder não por via ...
TTIP: A “OTAN económica”
18/05/2016Manlio Dinucci
A negociação do TTIP insere-a na tentativa geoestratégica estadounidense de resistir ao declínio do seu domínio mundial. O objetivo dos EUA, a ...
Estado español: Volven as turbulencias
13/05/2016Albert Recio Andreu
Os papéis do Panamá e Portugal
09/05/2016Agostinho Lopes
DOG
31/3/2016 Os solicitantes deberán terse acollido á redución entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016
A Secretaría das Mulleres da CIG informa da publicación no DOG da convocatoria das axudas económicas para os traballadores e as familias monoparentais que tivesen unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado da súa crianza, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016. O prazo para presentar as solicitudes comeza é do 1 de abril até o 1 de maio.
30/12/2015 A Secretaría das Mulleres considera insultante que esta sexa a medida estrela do PP para atallar o gravísimo problema de perda e avellentamento da poboación
Este mércores, 30 de decembro, publícase no DOG a Orde que regula a concesión da axuda económica para as familias con crianzas nadas durante o ano 2016, a través da tarxeta benvida. Como a CIG xa denunciou no seu día, esta axuda forma parte do paquete de medidas electoralistas recollidas nos orzamentos da Xunta para o ano 2016, coas que Núñez Feijoo pretende gañar as eleccións, intentando, cunha pequena capa de verniz, agochar o desastroso legado do seu goberno, e coller folgos que lles permitan seguir gobernando, sen lles importar a realidade económica e social imperante.
19/8/2015 A consellaría de Sanidade tampouco atendeu as demandas das/os investigadores do programa Miguel Servet
A consellaría de Sanidade publica hoxe o Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos. Un texto que, para a CIG-Saúde, “non responde nin ás necesidades da investigación biomédica nin ao coñecemento en saúde”; que foi rexeitado por unanimidade das organizacións sindicais tanto na Mesa Sectorial do SERGAS,en novembro de 2014, como na Mesa Xeral de Negociación das/os Empregadas/os Públicas/os (en xuño de 2015); que non atende ás demandas de investigadores/as do programa Miguel Servet e que nin sequera foi ditaminado polo Consello Consultivo.
1/4/2015 As primeiras poderán solicitarse até o 30 de novembro e no caso das indemnizacións até o 31 de outubro
A Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde que regula as axudas e indemnizacións a mulleres vítimas de violencia de xénero. A finalidade das axudas é proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero e, no caso das indemnizacións, facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede en Galiza.
16/1/2015 As persoas solicitantes deberán terse acollido á redución entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014
A Secretaría da Muller da CIG informa da publicación no DOG da convocatoria das axudas económicas para os traballadores e as familias monoparentais que, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014, tivesen unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu/da súa fillo/a. O prazo para a presentación remata o 20 de febreiro.
24/4/2014 Poderán solicitarse até o vindeiro 30 de novembro e 31 de outubro, respectivamente
A Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde que regula as axudas e indemnizacións a mulleres vítimas de violencia de xénero. A finalidade das axudas é proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; mentres que no caso das indemnizacións é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede en Galiza.
28/3/2014 A contía estabelecese en función das rendas e ingresos e poderanse solicitar até o próximo 31 de outubro
A Secretaría da Muller da CIG vén de informar da apertura do prazo de solicitude de axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero. A contía da axuda estabelecese en función das rendas e ingresos da solicitante en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2014, e consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, até un máximo de doce mensualidades.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com