Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
Coordinadora do Automóbil
3/7/2014 A Coordinadora do Automóbil da CIG-Industria analizou en asemblea de delegados/as a conflitividade no sector
A Coordinadora do Automóbil da CIG-Industria desenvolveu hoxe unha xornada de mobilizacións tras analizar en asemblea os principais conflitos laborais abertos no sector. Así, delegados/as da automoción da central nacionalista levaron a cabo concentracións de protesta contra a represión sindical na empresa Antolín e para reclamar a readmisión dos traballadores despedidos en Citroën, onde dous membros da sección sindical levan en folga de fame dende o pasado martes.
30/1/2014 Delegados/as do sector protestan na Inspección de Traballo en Vigo coincidindo coa xuntanza para analizar as denuncias da central
A Coordinadora do Automóbil da CIG non está disposta a permitir a cada vez maior precarización das condicións laborais na automoción, especialmente dende o desembarco masivo de Empresas de Traballo Temporal (ETT). Así, delegados/as sindicais do sector protestaron na Inspección de Traballo en Vigo coincidindo coa xuntanza con responsábeis da autoridade laboral para analizar unhas denuncias que a central nacionalista leva formulando dende 2013 para corrixir e perda de dereitos e as deficiencias en materia de saúde laboral.
5/9/2013 Delegados/as da central nacionalista concentráronse ás portas dunha empresa de traballado temporal en Navia e ocuparon outra no centro de Vigo
A Coordinadora do Automóbil da CIG desenvolveu hoxe unha nova acción dentro da campaña de denuncia que está a desenvolver contra o “mercadeo da man de obra” que se está a formalizar no sector da automoción a través das empresas de traballo temporal. Delegados/as da central nacionalista concentráronse esta mañá diante dunha ETT en Navia e ocuparon posteriormente outra no centro de Vigo.
28/5/2012 A CIG presentou unha denuncia nos Xulgado do Social tras comprobar que a decisión da empresa do automóbil supón unha perda salarial de 250 euros mensuais
A substituta do Xulgado do Social número 2 de Vigo decidiu hoxe adiar até o vindeiro 3 de setembro o xuízo pola denuncia presentada pola CIG contra a decisión de Asientos de Galicia de introducir no convenio colectivo unha categoría laboral inferior ás establecidas no centro de traballo. Dende a central nacionalista argumentan a súa decisión no feito de que a nova categoría representa unha perda salarial de arredor de 250 euros ao mes. Un grupo de delegados/as da automoción da CIG realizaron unha concentración fronte ao edificio xudicial para reclamar a equiparación salarial e convenios dignos no sector.
3/11/2011 Dende a central nacionalista instan á Administración e á Inspección de Traballo a impedir que se siga a dilapidar diñeiro público na súa aplicación
Arredor de medio cento de delegados e delegadas da CIG en empresas da automoción concentráronse esta mañá diante da sede da Xunta de Galiza en Vigo para rexeitar a autorización masiva de Expedientes de Regulación de Emprego no sector sen que existan razóns obxectivas. Dende a Coordinadora do Automóbil da central nacionalista instan á Administración autonómica e á Inspección de Traballo a velar polos intereses dos traballadores/as e impedir que se sigan a utilizar fondos públicos na aplicación dos EREs.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com