Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Venezuela: Guerra económica ou erros do Goberno?
29/09/2016Marta Harnecker
Hoxe que Venezuela está a sufrir os embates da crise mundial do capitalismo e da guerra económica despregada contra ela, concentrando as maiores a...
Não verta lágrimas pelo capitalismo
28/09/2016Immanuel Wallerstein
Nos próximos anos, haverá melhoras que parecerão indicar que o sistema está funcionando de novo. Mesmo o nível geral de emprego, o indicador ch...
A incerteza entre o medo e a esperança
28/09/2016Boaventura de Sousa Santos
A luta terá mais êxito, e a revolta, mais adeptos, na medida em que mais e mais gente se for dando conta de que o destino sem esperança das maior...
Brexit: Um giro histórico-mundial
27/09/2016Alex Callinicos
O surgimento da campanha pelo Lexit, defendendo uma oposição de esquerda e internacionalista à União Europeia, foi um dos sucessos do referendo....
Cara a unha desdolarización da economía mundial?
27/09/2016Alfredo Serrano e Francisco Navarro
A transición xeoeconómica segue o seu curso. Nestes últimos anos, a desdolarización da economía mundial comezou a dar os seus primeiros pasos. ...
Análise da conjuntura política brasileira
23/09/2016João Pedro Stédile
Bratislava : a cimeira da mesquinhez
23/09/2016Thierry Meyssan
O consenso de Bruxelas
23/09/2016Ângelo Alves
CIG-Químicas e Enerxía
9/5/2014 A empresa mantense na súa decisión e só ofreceu incrementar a contía das indemnizacións
Os traballadores e as traballadoras de Einsa Print concentráronse este xoves de 14:30 a 15:30 horas diante das instalacións da empresa nas Pontes en rexeitamento aos 20 despedimentos que a dirección acaba de executar e a intención de pechar a factoría de Andrade. A protesta repetirase o martes 13 no mesmo horario.
7/5/2014 A nova estrutura organizativa será resultado da unificación da Federación do Metal e da Federación de Químicas e Enerxía
Máis de 500 delegadas e delegados participarán este sábado, 10 de maio, no congreso constituínte da Federación de Industria da CIG, que suporá a unificación da CIG-Químicas e Enerxía e da CIG- Metal nunha única federación que representará a 20.000 afiliados e afiliadas de sectores tan relevantes como o naval, a automoción, ou as centrais enerxéticas. No proceso, que se celebrará en Santiago de Compostela, tamén se escollerá á Executiva encargada de pilotar o proxecto e ao Secretario ou Secretaria da nova Federación.
7/5/2014 Entende que esta medida non soluciona os problemas da empresa, que só busca precarizar as condicións laborais
O pasado luns a Dirección da Empresa despediu a 20 traballadores/as dos centros de traballo de As Pontes e Andrade, argumentando motivos económico e organizativos. O Comité de Empresa rexeita esta medida ao considerar que non se axusta á realidade da carga de traballo e que non garante solución algunha para o problema real da empresa, que é o de afrontar o pagamento do crédito sindicado de preto de 36 millóns de euros.
16/4/2014 A central segue a ser o sindicato con máis votos na empresa das Pontes
O pasado 14 de abril constituíse o Comité de Empresa de Einsa Print, no que a CIG ten a Presidencia e a Secretaría, así como os tres delegados/as de prevención, xa que foi a lista máis votada. A centra nacionalista conseguiu o apoio do 52.8% dos votos do colexio de operarios/as (no de técnicos/as non presentou lista) e o 43.27% do total dos votos
14/3/2014 A filial de Isolux Corsán vén de asinar co grupo indonesio Musim Mas un acordo de cesión da planta de biodiésel
Os traballadores/as da planta de biodiésel que até agora xestionaba Infinita Renovables anunciaron mobilizacións, logo de que o pasado mércores a nova empresa que se fai cargo das instalacións, Masol Iberia Biofuels, comunicara a intención de prescindir de seis traballadores/as. Así mesmo, demandan información veraz sobre os plans de produción e de viabilidade que a multinacional ten para a planta ferrolá.
17/7/2013 A central nacionalista insta á eliminación destas prácticas e defende que se exerza un sindicalismo transparente
A Sección Sindical da CIG en Repsol (ante a nota interna remitida por un sindicato a todo o persoal da refinería da Coruña) quere denunciar publicamente o pago de “bolsas sindicais” pola sinatura de convenios colectivos e outro tipo de acordos (plan de prexubilacións, etc.). A central nacionalista rexeita este tipo de “corrupción” "xa que os receptores antepoñen os seus intereses aos dos traballadores e traballadoras que din representar".
8/2/2013 Os delegados de persoal reuníronse con alcaldes e representantes municipais dos concellos da comarca
Os traballadores/as de Diario de Ferrol concentráronse o xoves na Praza de Armas de Ferrol para defender o emprego e o futuro do diario na comarca. Previamente, ás 10:30 horas os delegados de persoal do Diario de Ferrol mantiveron unha xuntanza con alcaldes e representantes de municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal para trasladarlles da situación que está a padecer o cadro de traballadores/as.
cig.prensa@galizacig.com