Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
concentración solidaria
15/11/2012 Antonio Rosales rexeitou o acordo no SMAC porque a empesa concesionaria, SyC, non quixo falar da súa readmisión
A CIG convoca unha concentración solidaria mañá venres en Pontevedra coincidindo co xuízo polo despedimento dun delegado da central na Inspección Técnica de Vehículos (ITV) de Bueu. O acto de apoio a Antonio Rosales -que rexeitou o acordo no SMAC porque a dirección se negou a falar da súa readmisión- celebrarase diante da Audiencia Provincial a partir das 9.30 horas, unha hora antes do inicio da sesión. Haberá autobuses dende Vigo.
31/8/2012 A acusación particular reclámalles tres anos de cadea por presuntamente teren ocupado unha ETT
A CIG convoca unha concentración de delegados/as diante dos Xulgados de Vigo, na rúa Lalín, coincidindo co xuízo que se celebra este luns día 3 e no que se lle piden tres anos de prisión a 18 persoas -entre elas os secretarios comarcal e de organización da central nacionalista- por presuntamente teren ocupado unha empresa de traballo temporal. A protesta dará comezo ás 10.00 horas, media hora antes do inicio da sesión.
7/6/2012 A petición de cinco anos de cadea mantívose ao remate dun proceso penal quedou visto para sentenza despois de sete horas de sesión
O xuízo celebrado hoxe contra Antolín Alcántara e Víctor García constatou a obsesión do Ministerio Fiscal por conseguir a condena dos dous dirixentes da CIG que participaron na folga do Metal de 2007. O proceso penal no que están acusados de desordes públicos e danos pola ocupación do edificio da Xunta en Vigo quedou visto para sentenza tras máis de sete horas de sesión sen que a fiscal rebaixase a petición de cinco anos de cadea, a pesar de non quedar acreditada a súa responsabilidade.
5/6/2012 Os dous sindicalistas da CIG están acusados de desordes públicos e danos durante a folga do Metal de 2007
A Confederación Intersindical Galega convoca unha concentración solidaria coincidindo co novo xuízo contra o secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara -proceso no que tamén está acusado o anterior responsábel do Naval do sindicato nacionalista Víctor García. A protesta desonvolverase ás portas dos Xulgados de Vigo este xoves día 7 de xuño a partir das 9.30 horas.
31/5/2012 Antolín Alcántara, da central nacionalista, e Ramón Sarmiento, de CCOO, foron sentenciados a nove e seis meses por participar na folga do Metal en 2009
A CIG rexeita a sentenza que condena a nove e seis meses de prisión os dirixentes sindicais Antolín Alcántara, responsábel de Negociación Colectiva da central nacionalista, e Ramón Sarmiento, secretario comarcal do Metal de CCOO en Vigo, ao entender que se trata dun novo intento de criminalizar o movemento obreiro. Dende a CIG consideran especialmente grave que se persiga xudicialmente a persoas que teñen destacado por defender os dereitos da clase traballadora mentres os causantes desta crise económica que está a afectar a millóns de persoas gozan de total impunidade.
14/5/2012 A Fiscalía solicita catro anos de prisión para el e dúas persoas máis pola ocupación da estación marítima de Vigo en 2009
A CIG convoca unha concentración solidaria diante dos Xulgados de Vigo mañá martes a partir das 8.30 horas coincidindo co xuízo, que fora adiado, contra un dirixente da central e outras dúas persoas máis que participaron nas folgas convocadas durante a negociación do convenio colectivo do metal. A Fiscalía solicita catro anos de prisión e unha multa económica para Antolín Alcántara, secretario confedral de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, acusado de ocupar a estación marítima xunto a outros traballadores/as durante as mobilizacións do ano 2009.
16/4/2012 A Fiscalía solicita catro anos de prisión para Antolín Alcántara pola ocupación da estación marítima de Vigo en 2009
A CIG convoca unha concentración solidaria diante dos Xulgados de Vigo mañá martes a partir das 11.30 horas coincidindo co xuízo a un dirixente da central que participou nas folgas convocadas durante a negociación do convenio colectivo do metal. A Fiscalía solicita catro anos de prisión e unha multa económica para Antolín Alcántara, secretario confedral de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, acusado de ocupar a estación marítima xunto a outros traballadores/as durante as mobilizacións do ano 2009.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com