Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo estado da vigilância global
08/02/2016Ignacio Ramonet
Cada clique, cada telefonema, cada compra no cartão de crédito e cada navegação na internet, fornecem excelentes informações sobre cada um de ...
Portugal: pressões e chantagens
08/02/2016Pedro Guerreiro
Para a UE, para a troika e os seus arautos não há restrições ao aumento do défice quando se trata de financiar o grande capital financeiro, ape...
Nova lei anti folga dos conservadores na Gran Bretaña
29/01/2016Clodomiro Montero e Luciano Luxilde
O goberno de David Cameron, aliado e amigo do Rajoy, defende unha nova lei que restrinxe gravemente a liberdade sindical, nomeadamente o dereito de ...
“El Jefe”, retrato da precariedade laboral nos USA
27/01/2016Clodomiro Montero M.
O grupo de comunicación Atresmedia, que conta entre as súas cadeas co canle de referencia da progresía española “La Sexta”, emite un programa...
O imperialismo contemporáneo
20/01/2016Samir Amin
A ofensiva actual do imperialismo colectivo dos Estados Unidos/Unión Europea/Xapón contra todos os pobos do Sur descansa sobre dous alicerces: o ...
Arxentina, Venezuela e a loita de clases
18/01/2016Ángel Guerra Cabrera
Os BRICS: unha fábula do noso tempo
15/01/2016Immanuel Wallerstein
A década da Bolívia
15/01/2016Luís Carapinha
paros
26/1/2016 A central rexeita a proposta de flexibilización de horarios achegada pola patronal
A federación de Banca da CIG vén de convocar paros no sector dos centros de chamadas o vindeiro martes día 2 para denunciar que a negociación do convenio estatal se atopa totalmente paralizada. A central xa convocara protestas unha vez que a patronal propuxera a flexibilización de horarios, polo que o persoal tería que estar a disposición até 60 horas semanais para logo traballar e cobrar as fixadas por contrato (20-30).
2/6/2015 Os paros, de dúas horas por quenda de traballo, repetiranse os días 4, 9 e 11 de xuño
Este martes comezaron os paros laborais de dúas horas por quenda de traballo, convocados pola CIG en Telefónica-Movistar, en contra da asignación de tarefas dos traballadores e traballadoras das contratas en folga ao persoal propio, así como en demanda da internalización da actividade e do emprego na empresa de telecomunicacións.
20/5/2015 Conseguen que recolle, por vez primeira, a ultraactividade con carácter indefinido
O persoal de CESPA, a empresa concesionaria de parques e xardíns de Compostela, tiña acordado en asemblea convocar paros parciais desde hoxe até o venres para demandar da empresa que sentara novamente a negociar o convenio. Segundo a CIG-Servizos, as medidas de presión deron resultado, porque a concesionaria “viuse na obriga de sentar á mesa e, tras catro horas de negociación, asinar un acordo que recolle as principais demandas da plataforma presentada pola parte social hai meses”.
13/5/2015 Denuncian a paralización unilateral, por parte da empresa, da negociación do convenio co obxectivo de que se perdan as condicións e dereitos recollidos no actual
O persoal de CESPA de Compostela celebrou este mediodía, e a pesar das dificultades postas pola empresa, unha asemblea na que acordaron, por unanimidade, convocar paros parciais para os días mércores 20, xoves 21 e venres 22 de maio. Denuncian que a empresa paralizou de forma unilateral as negociacións do novo convenio e exixen que de inmediato sente a negociar cunha proposta de redacción na que se recollan xa os acordos parciais que estaban acadados.
28/1/2015 Os paros serán parciais os días 17 de febreiro, 26 de marzo, 30 de abril e de xornada completa o 21 de maio
As organizacións sindicais do concello de Santiago veñen de convocar paros parciais e concentracións na praza do Obradoiro para os días 17 de febreiro, 26 de marzo, 30 de abril e 21 de maio. Denuncian que malia o anuncio do goberno municipal do remate do plan de axuste e do comezo da recuperación de dereitos suprimidos ao persoal municipal, non se presentou ningunha proposta concreta nas dúas xuntanzas da Mesa Xeral de Negociación celebradas até o de agora para dar cumprimento a todas as cuestións pendentes de desenvolver que figuran nos acordos colectivos.
2/12/2014 A Sección Sindical da CIG denuncia as sancións indiscriminadas e as constantes presións que sofre o persoal
Traballadoras e traballadores de Extel A Coruña secundaron este martes paros de unha hora por quenda de traballo e mobilizacións para denunciar, unha vez máis, as precarias condicións laborais e a situación de permanente acoso que teñen que soportar acotío no seus postos.
27/5/2011 Realizaron concentracións de protesta ás portas da empresa na Gran Vía unha hora pola mañá e outra pola tarde
As traballadoras e traballadores de Unísono en Vigo secundaron masivamente os paros convocados en protesta polos plans de deslocalización que está a executar a empresa de telemarketing e que provocaron o despedimento de 300 compañeiras/os no último ano. Coincidindo coa protesta, entre as 11.00 e as 12.00 horas pola mañá e de 17.00 a 18.00 pola tarde, realizaron unha concentración diante do centro de traballo da Gran Vía para esixir a readmisión das despedidas/os.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com