Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Análise da conjuntura política brasileira
23/09/2016João Pedro Stédile
O golpe não conseguiu legitimar-se. No jurídico se evidenciou a contradição na manutenção dos direitos da President. E nas ruas, perdeu a legi...
Bratislava : a cimeira da mesquinhez
23/09/2016Thierry Meyssan
Três meses após a decisão dos eleitores britânicos em sair da União Europeia, os seus chefes de Estado e de governo —com a excepção do Prim...
O consenso de Bruxelas
23/09/2016Ângelo Alves
Salvar a Europa significa derrotar a União Europeia e o consenso que apesar das contradições emergentes parece prevalecer entre direita e social-...
Brasil, o elo mais frágil do neoliberalismo na América Latina
22/09/2016Emir Sader
Apesar da realização do sonho da direita de recuperar o controle do governo, as bases em que o faz são extremamente frágeis, fazendo do Brasil o ...
Cartografía da loita de clases en América Latina e o Caribe: Posneoliberalismo vs. Capitalismo offshore
22/09/2016Katu Arkonada
O devalo da hexemonía estadounidense, xunto co rol cada vez máis ambicioso de China e Rusia no taboleiro xeopolítico, xera condicións máis favo...
O Decálogo “neo-neoliberal”
20/09/2016Ava Gomez e Alejandro Fierro
Os golpes de Estado de ontem e de hoje
15/09/2016Marcos Roitman Rosenmann
Plataforma Galega en defensa do Ensino Público
14/9/2016 A Plataforma concentrouse diante de Educación para denunciar a aplicación da LOMCE e os recortes no ensino público
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) concentrouse este mércores 14 de setembro diante da Consellaría de Educación contra a aplicación das reválidas e para denunciar a falta de profesorado, de prazas e de recursos no ensino público. Anxo Louzao, en representación da Plataforma, dixo que se non retiran as reválidas a Plataforma fará un chamamento á insubmisión a estas probas, que foron rexeitadas o curso pasado por máis do 80% das familias.
13/9/2016 Ten convocada unha concentración para o mércores 14 de setembro, ás 11:30 horas, diante da Consellaría de Educación
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o mércores 14, diante da Consellaría de Educación contra a aplicación das reválidas e para denunciar a falta de profesorado, de prazas e de recursos no ensino público. Así o adiantou o colectivo nunha rolda de prensa na que tamén fixo un repaso das necesidades do sistema educativo e das carencias que se evidencian nun inicio de curso “marcado pola decisión do goberno en funcións de seguir implantando a LOMCE de costas á sociedade”.
24/5/2016 A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público considera que isto evidencia un “rexeitamento clamoroso” á LOMCE e un “estrepitoso fracaso” do PP
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse este martes diante da consellaría de Educación para exixir do goberno galego a inmediata paralización das reválidas e a posterior derrogación da LOMCE, coincidindo coa primeira xornada na que se desenvolvían estas probas en terceiro de Primaria.  Unha xornada que a PGDEP considerou un “éxito rotundo” dado que as familias de preto do 82% das alumnas e alumnos decidiron non envialos aos centros para manifestar así o seu masivo rexeitamento a estas probas.
16/5/2016 Avalía como un “rotundo éxito” da comunidade escolar no seu conxunto e un “estrepitoso fracaso” da consellaría a insubmisión xeneralizada á reválida de sexto
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público cualificou esta mañá, en rolda de prensa, como un “rotundo éxito” da comunidade escolar e como un “estrepitoso fracaso da consellaría” o absentismo xeneralizado os exames de reválida de 6º de primaria. Ademais, fixo un novo chamamento á comunidade escolar, e nomeadamente a nais e pais, a non levar ás súas fillas e fillos aos centros os días 24 e 25 de maio, para que non realicen as probas de 3º de primaria, e a sumarse á concentración que convocará o propio día 24 diante da consellaría.
11/5/2016 Agradece ás familias que atenderan o chamamento da plataforma e reclama de Educación e da Xunta que paralicen as probas
A Plataforma Galega en defensa do Ensino Publico afirmou esta mañá, no decurso da concentración celebrada diante de Educación, que tanto a Consellaría como o Goberno galego deberían tomar nota do maioritario rexeitamento do conxunto da comunidade escolar á LOMCE e ás reválidas. Agradece o apoio maioritario das familias e afirma que seguirá coas mobilizacións até a derrogación desta lei antisocial, recentralizadora e discriminatoria.
9/5/2016 A Plataforma Galega en Defensa do Ensino continúa a loita contra a imposición das probas
Numerosos centros rexeitaron este luns, de diferentes formas, as reválidas que están previstas para os días 11, 12 e 13 de maio secundando así a convocatoria da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Os actos de hoxe súmanse ás concentracións realizadas na tarde do mércores 4 de maio en demanda da derrogación da LOMCE e ás reválidas, mobilizacións que se repetiron en diversas cidades e vilas.
5/5/2016 A Plataforma reiterou o seu chamamento ás familias para que non envíen nesas datas ás fillas e fillos a facer as probas
Nais, pais, profesorado e alumnado, sumáronse este mércores ás concentracións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para manifestar o seu rotundo rexeitamento á LOMCE e ás reválidas que están previstas para os días 11,12 e 13 de maio. Actos nos que a Plataforma reiterou o seu chamamento ás familias para que non envíen nesas datas ás fillas e fillos aos centros e demandaron da administración educativa a paralización destas probas e da propia LOMCE.
cig.prensa@galizacig.com