Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A luta pela independência na Escócia não terminou apesar do voto do medo
29/09/2014Tariq Ali
O medo conduz à passividade e ainda que neste caso os unionistas tenham conseguido meter medo no voto, talvez não sejam capazes de voltar a fazê...
Como enfrentar os fundos abutres e o imperialismo financeiro
29/09/2014Éric Toussaint
Eric Toussaint A dívida já que se converte, novamente, em um poderoso instrumento de subordinação dos povos da América Latina. Que será...
A austeridade neoliberal ameaza con máis sufrimento
29/09/2014Albert Recio Andreu
Seguimos baixo o dominio dunhas políticas deseñadas para garantir unha distribución da renda extraordinariamente favorábel ás grandes elites e...
EUA: Um estado inimigo da Humanidade
26/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
A contra-ofensiva imperialista iniciada logo após o final da II Guerra Mundial intensificou-se na década de 80 do século passado e atingiu dimen...
Geopolítica do petróleo e gás natural
26/09/2014Rui Namorado Rosa
A energia, colocando severos problemas técnicos quanto ao seu armazenamento em larga escala, carece de vastas infra-estruturas de transporte e dis...
“Caos Controlado”
26/09/2014Ângelo Alves
Analogias entre Jugoslávia e Ucrânia
24/09/2014Stephen Karganovic
O triunfo cultural do neoliberalismo
24/09/2014Marcos Roitman Rosenmann
PP
23/9/2014 No marco dunha resolución a través da que trasladan tamén ao compañeiro a súa solidariedade a apoio
A Asemblea de Delegadas e delegados da CIG de Ferrol adoptou este martes –por unanimidade- unha resolución de rexeitamento ao procesamento do compañeiro Xesús Anxo López Pintos, para quen a Fiscalía solicita unha pena de dous anos e nove meses de cadea “por atentado” durante a carga policial no inicio da campaña do PP ás autonómicas de 2012.
19/9/2014 Pintos denuncia que o PP pretende unha sentenza exemplarizante para evitar actos de protesta na súa campaña das municipais convertendo “á vítima en verdugo”
Convertendo á “vítima en verdugo”, como di Xesús A. López Pintos, secretario comarcal da CIG de Ferrol, a fiscalía vén de pedir para el as penas de 2 anos e 9 meses de cadea, con inhabilitación especial para exercicio de dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena por un delito de atentado e falta de lesións; 20 días de multa, con 7€ diarios, e unha indemnización de 840€ por lesións a un axente de policía polos feitos acontecidos en Ferrol, durante unha carga policial contra as persoas participantes nunha concentración convocada polo comité de Navantia e Poligal coincidindo coa apertura da campaña electoral do Partido Popular ás autonómicas de 2012.
18/9/2014 Ao remate haberá mobilizacións nos edificios do INSS para denunciar a reforma da Lei de Mutuas
A CIG ten convocadas para o vindeiro martes, 23 de setembro, asembleas de delegadas/os en todas as comarcas para tratar as últimas reformas lexislativas impulsadas polo Goberno de Rajoy. Concretamente, as asembleas centraranse na reforma da Lei de Mutuas, a reforma fiscal e a Lei de Seguridade Cidadá, e abordarase tamén o diálogo social que veñen de retomar as centrais sindicais e a patronal españolas co goberno.
8/9/2014 Ás 10:30 horas diante do Parlamento Galego
A Secretaría das Mulleres da CIG anima a participar na mobilización cidadá, promovida polo BNG para  este martes 9 de setembro, ás 10:30 horas, diante do Parlamento de Galiza, co obxectivo de reclamar outras medidas políticas, denunciar e rexeitar a violencia de xénero e a complicidade hipócrita do Partido Popular. A concentración coincide coa comparecencia do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
25/6/2014 A campaña, promovida pola CIG, CCOO e UGT, inclúe manifestacións, concentracións e a autoinculpación de membros dos tres sindicatos
As organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT están a intensificar a campaña de mobilizacións para rexeitar a ofensiva represora do PP contra a resposta social aos recortes en dereitos laborais e sociais e convoca unha serie de protestas en todo o país nas que reclamarán o indulto para os traballadores/as condenados a prisión por exerceren o seu dereito á folga. A campaña, que conta co apoio da Alianza Social Galega (Asoga), inclúe manifestacións, concentracións e a autoinculpación de membros das tres centrais pola súa participación en actos en defensa da clase traballadora.
17/6/2014 CIG-Navantia critica que Feijoo visite a comarca por un Congreso de Turismo Industrial mais non para falar do futuro do sector
A CIG-Navantia vén de emitir un comunicado ante o anuncio da participación do Presidente da Xunta na inauguración do Congreso Europeo de Turismo Industrial en Ferrol. Sen desmerecer a promoción do turismo na comarca, dende a Sección Sindical consideran “unha tomadura de pelo” que a primeira visita de Núñez Feijoo en moito tempo “sexa para mudar o seu ‘proxecto de revitalización de Carenas’, pola promoción dunha ruta por unhas instalacións industriais”.
29/5/2014 Considera lamentábel que o concelleiro tardase tanto en tomar esa decisión e que tratase de disfrazalo dun acto de solidariedade
A sección sindical da CIG do concello de Santiago manifesta a súa satisfacción pola nova imputación do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e confía en que a xustiza faga o seu traballo. Porén, considera lamentábel que tardase tanto en presentar a súa dimisión e moito máis aínda que tratase de disfrazala como un acto de solidariedade cos outros concelleiros/as do PP imputados/as por acordar en Xunta de Goberno local pagar con cartos públicos a súa defensa por estar implicado na Pokemon.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com