Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Nos 70 anos da Vitória de 1945
13/05/2015Jorge Cadima
A História mostra que o fascismo torna-se uma ameaça séria quando as classes dominantes optam pelo exercício do seu poder através da violência...
O medo de sair da zona do euro não deveria mais paralisar a Grécia
13/05/2015Stathis Kouvélakis
O que está em jogo na Grécia é a possibilidade de uma mudança radical e uma virada política na direção da emancipação não só de um povo e...
Stathis Kouvelakis
13/05/2015
...
Odessa não esquece
08/05/2015Luís Carapinha
Cumpriu-se o primeiro aniversário dos sangrentos acontecimentos de 2 de Maio em Odessa que culminaram com o incêndio e a chacina na Casa dos Sindi...
Grécia, ditadura financeira e caos
08/05/2015Immanuel Wallerstein
A Grécia foi admitida na zona do euro em 2000, supostamente por ter alcançado as exigências formais para isso. Quando, depois de 2008, a dívida ...
Hai alternativas ao TTIP e aos tratados de “libre comercio”?
05/05/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
Tragédia no Mediterrâneo
30/04/2015Albano Nunes
Coirós
29/8/2014 Denuncian que, a pesar de ter persoal en situación de regulación temporal, a empresa contratou traballadores/as en precario
O Comité de Empresa de Elaborados Metálicos, EMESA, amosa a súa preocupación polo futuro da factoría de Coirós, logo de non obter ningún tivo de resposta durante a reunión mantida este xoves coa dirección. Ademais, denuncian a fraude da empresa, xa que tendo traballadores/as en situación de regulación temporal procedeu a realizar novas contratacións en precario.
31/7/2012 Demandan tamén á dirección que aclare a situación da planta en canto á carga de traballo e as perspectivas de emprego
O Comité de Elaborados Metálicos Emesa, pertencente ao Grupo Islux Corsán, iniciou o luns 30 de xullo un peche de 48 horas nas instalacións de Coirós para denunciar o bloqueo da negociación do convenio colectivo, paralizada dende o ano 2008, e demandar información sobre as perspectivas de carga de traballo para a factoría máis alá de 2012.
25/11/2011 O persoal realizou unha concentración diante da Delegación de Traballo na Coruña
Con motivo da presentación do recurso de alzada contra a autorización do cuarto expediente de regulación de emprego, traballadores e traballadoras de Elaborados Metálicos Emesa concentráronse este venres diante da Delegación da Consellaría de Traballo na Coruña. Neste senso, o Presidente do Comité de Empresa, Andrés Rodríguez, sinalou que a intención do persoal era realizar unha manifestación mais “as autoridades non consideraron correcto autorizar esa mobilización”.
21/11/2011 A representación do persoal entende que se trata dun novo caso de persecución sindical
A representación dos traballadores/as de EMESA vén denunciar diante da Inspección de Traballo á dirección da empresa por negarse a recoñecer na constitución da Mesa de Seguimento do ERE a pluralidade sindical do Comité.
31/10/2011 A Xunta de Galiza acaba de aprobar o ERE en EMESA e a Dirección da mesma xa está a obrigar a traballadores a realizar horas extraordinarias
O Comité de Emesa quere denunciar publicamente que, un día despois de coñecida a resolución da Consellería de Traballo a respecto do cuarto ERE de suspensión, a dirección da empresa impuxo a obriga de realizar horas extraordinarias a dous traballadores. Estes empregados terán que acudir a traballar o este luns 31 de outubro, sendo este día, ademais, festivo no calendario laboral da empresa.
28/10/2011 O persoal estuda elaborar tamén un novo calendario de mobilizacións
O Comité de EMESA quere denunciar publicamente a ilegalidade cometida pola Xunta de Galiza na resolución favorábel do cuarto ERE de suspensión para a planta de Coirós. A representación do persoal xa anunciou que presentará recurso de alzada contra a decisión da Consellaría e vai elaborar un novo calendario de mobilizacións.
19/10/2011 O persoal solicita á Xefa Territorial de Traballo que posibilite unha xuntanza entre Comité e a conselleira
O Comité de Emesa continuou este mércores co calendario de mobilizacións en contra do cuarto ERE de suspensión presentado pola dirección. Nesta ocasión, os traballadores/as mantiveron unha concentración diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza na Coruña, onde rexistraron un escritor dirixido á Xefa Territorial de Traballo para solicitarlle que promova unha reunión coa titular do departamento autonómico e demandar da Consellaría que revise “con lupa” a documentación do expediente.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com