Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A desfeita das políticas de austeridade
28/10/2014Vicenç Navarro
O xeito de reducir o déficit e a débeda públicos dun país non é aplicando políticas de austeridade. Estas políticas reducen a demanda de ben...
O Brasil de Lula segue para diante
28/10/2014Emir Sader
A militancia de esquerda gañou as rúas de todo o país; a segunda volta foi dunha clara contraposición entre esquerda e dereita, o que configuro...
Entrevista a Tom Kucharz: “O TTIP é un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais»
28/10/2014
Hai unha intención de crear unha OTAN económica, que sería ese pacto económico-comercial UE e EEUU, que faría máis forte ambas as potencias, ...
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Treves
8/10/2014 A empresa comprométese a fabricar en Pontevedra o encargos que lle faga Citroën e acepta unha subida salarial media de case un 13% en tres anos
O cadro de persoal de Treves, empresa auxiliar da automoción con sede no polígono pontevedrés do Campiño, aprobou hoxe por ampla maioría o preacordo de convenio pactado entre o comité e a dirección que permite desconvocar a folga indefinida iniciada o pasado 24 de setembro. Dende a representación dos traballadores/as cualificaron o acordo como “positivo” xa que a compañía se compromete a fabricar en Pontevedra o encargos que lle faga Citroën e acepta unha subida salarial media de case un 13% en tres anos.
25/9/2014 A empresa e o comité continúan sen achegar posicións a pesar da mediación do AGA
A segunda xornada da folga indefinida convocada en Treves de Pontevedra para reclamar carga de traballo e melloras salariais e sociais rexistrou novamente un 100% de seguimento por parte do cadro de persoal. Dende o comité de empresa (presidido pola CIG) explican que as posturas continúan moi afastadas “porque os interlocutores cos que negociamos din que non está na súa man garantir carga de traballo”.
22/9/2014 O comité denuncia que a empresa de automoción fabrica pezas fóra de Galiza mentres ten un ERE
O cadro de persoal da empresa Treves de Pontevedra ratificou este sábado a proposta de folga indefinida presentada polo comité para reclamar carga de traballo e denunciar que a dirección se nega a introducir melloras salariais e sociais no convenio colectivo. Dende a representación dos traballadores/as critican que a compañía continúa a fabricar pezas para Citroën fóra do noso país “mentres mantén un Expediente de Regulación de Emprego (ERE)”.
10/7/2014 Mellora a súa representación con respecto ao comité anterior ao sumar unha nova acta
A CIG de Pontevedra vén de valorar positivamente os resultados obtidos nas eleccións sindicais celebradas na empresa Treves Galicia SLU, nas que obtivo seis dos nove delegados/as que se escollían. A central entende que o apoio obtido supón un respaldo ao seu traballo sindical e sinala o importante reto que se lle presenta a partires de agora: a negociación do convenio de empresa no marco actual da reforma laboral e das directrices de Citroen orientadas a reducir custos nas auxiliares.
24/3/2014 A auxiliar da automoción aplícalles unha falta grave e déixaos seis días sen emprego e soldo
A empresa auxiliar da automoción Treves de Pontevedra vén de sancionar con seis días sen emprego e soldo a tres delegados sindicais da CIG, entre eles o presidente do comité, por unha falta grave. Dende a central nacionalista denuncian que se trata dunha estratexia para tratar de influír nas próximas eleccións sindicais, evitando a súa presenza na empresa durante eses días.
5/2/2014 O comité solicitou a mediación da Inspección de Traballo tras rematar sen acordo a última xuntanza
O cadro de persoal de Treves en Pontevedra decidiu en asemblea convocar mobilizacións no caso de que a empresa auxiliar da automoción decida seguir adiante co Expediente de Regulación de Emprego (ERE) nas actuais condicións. O comité solicitou a mediación da Inspección de Traballo tras rematar sen acordo a última xuntanza.
23/9/2013 Desconvocan a folga despois de lograren reducir reducir os ritmos de traballo e paliaren incumprimentos en seguridade e saúde laboral
O comité de empresa de Treves, que fabrica componentes para Citroën no polígono do Campiño (Pontevedra), acadaba nas últimas horas horas un pre-acordo no que a patronal se compromete a satisfacer as demandas dos taballadores/as. A rectificación da empresa chega despois do anuncio dunha folga desde este luns até o venres 27 e a posibilidade da indefinida, que foron desconvocadas en asemblea ao lograren os obxectivos demandados.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com