Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As mentiras teóricas do Banco Mundial
21/11/2014Éric Toussaint
A visão do Banco Mundial está marcada por diferentes preconceitos conservadores. Nos relatórios e discursos dos quinze primeiros anos de existên...
Entrevista a Walden Bello: “O TTIP é como braço económico da OTAN”
20/11/2014Thomas Fazi
Os EUA negoceiam actualmente –em segredo- com a UE e com 11 países asiáticos dois tratados de “comércio livre”. O conteúdo negativo das in...
Brasil, a grande divisão
20/11/2014Boaventura de Sousa Santos
A grande burguesia não tendo podido derrotar a candidata do PT,  vai continuar a pressionar abertamente (e a ser provavelmente atendida) pela...
A armadura xurídica do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP)
20/11/2014Juan Hernandez Zubizarreta
O TTIP é un Tratado tremendamente violento. A violencia estrutural do sistema capitalista -que permite a acumulación da riqueza duns poucos a cust...
A anatomia do Estado sob o neoliberalismo
17/11/2014Prabhat Patnaik
O Estado neoliberal, ou o Estado na era da hegemonia do capital financeiro internacional, é cada vez mais moldado de uma maneira que restringe a "...
O mistério de Kobane
17/11/2014Pepe Escobar
ERE
25/11/2014 Denuncian que na Galiza o actual cadro de persoal é insuficiente para sacar adiante a carga de traballo
A asemblea de traballadores e traballadoras de SEMI na Galiza acordou a convocatoria inminente de folga en rexeitamento ao ERE de extinción para 284 operarios/as, así como a modificación substancial das condicións laborais, que a empresa pretende aplicar en todo o estado.
14/11/2014 O expediente supuxo o despedimento de 49 empregadas e empregados da plataforma da Coruña
A CIG valora positivamente o resultado da sentenza da Audiencia Nacional que anula o ERE presentado por Atento a principios do verán e que supuxo o despedimento de 672 persoas en todo o estado, 49 delas en Atento Coruña. Porén, a central sindical lamenta que na resolución a Audiencia non entrase a valorar a falta de causas obxectivas para aplicar o ERE, anulándoo só polos defectos de forma.
3/11/2014 A empresa edita os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños
Traballadoras e traballadores do Grupo Editorial La Capital desenvolveron concentracións este luns diante dos centros de traballo para esixir o cobro inmediato dos seus salarios e un plan de viabilidade que garanta a continuidade do emprego.
21/10/2014 A sentenza establece que a empresa negociou “de mala fe” e facilitou información económica “escasa e incompleta”
A Audiencia Nacional (AN) española vén de declarar nulo e Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo que supuxo o despedimento da práctica totalidade do cadro de persoal da empresa pesqueira galega Freiremar. A decisión da compañía deixou na rúa a máis de 300 traballadores/as no conxunto do Estado, 101 deles/as en Galiza. Agora a sentenza establece que as negociacións foron “de mala fe” e que a información económica facilitada pola dirección foi “escasa e incompleta”.
19/8/2014 A empresa, en concurso de acredores, presentou un ERE para despedir a 46 dos seus 57 traballadores e traballadoras
A cuarta reunión do período de negociacións do ERE que Hormigones Taboadela pretende aplicar para máis do 80% do seu cadro de persoal, rematou con poucas novidades e cun emprazamento ás partes da administración concursal para manter unha nova xuntanza o próximo venres, xa fóra do período legalmente estabelecido.
14/8/2014 O actual proceso de despedimentos e traslados afecta maioritariamente ás traballadoras da entidade
A Federación de Banca e Aforros da CIG realizou unha concentración diante da sede de Abanca en Vigo en rexeitamento á discriminación practicada pola empresa á hora de aplicar o actual ERE IV, pois as medidas lesivas afectan maiormente ás traballadoras da entidade, que, ademais, teñen salarios inferiores aos dos homes.
13/8/2014 A Audiencia Nacional dá por non realizado o período de consultas ao incrementar a empresa o número de afectados/as durante as negociacións
A Audiencia Nacional anulou o ERE de extinción que a empresa Montajes e Ingeniería Arce aplicou o pasado mes de abril e que supuxo o despedimento de todo o cadro de persoal do centro de traballo que a compañía ten en Cambre (34 empregados/as). A resolución condena á empresa á inmediata readmisión dos traballadores/as e ao abono dos salarios deixados de percibir.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com