Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A nova doutrina estratégica Turca
23/08/2016Thierry Meyssan
A nova doutrina estratégica Turca conduziu já Ancara a restaurar boas relações, pelo menos comerciais, com vários dos seus vizinhos. No fim de ...
A lógica do capitalismo neoliberal
22/08/2016Prabhat Patnaik
Os dias tranquilos do neoliberalismo estão acabados, o que portanto traz para a agenda histórica uma luta pela sua transcendência. Isto pode ser ...
Francia: despois da tormenta, chega o naufraxio
22/08/2016Albert Alexandre
A reacción pola dereita que a viraxe cara ao socialiberalismo do PSF supuxo co crecemento da Fronte Nacional, ten o seu parangón positivo pola esq...
Portugal: Os incêndios florestais (por trás das chamas…)
22/08/2016João Dinis
As políticas impostas pela PAC (Política Agrícola Comum) e por outros «acordos» internacionais e as erradas opções no plano nacional, a polí...
Guerras e crises na África de hoje
22/08/2016Carlos Lopes Pereira
As actuais guerras africanas têm um traço comum: a ingerência estrangeira. É velha a estratégia imperialista de fomentar conflitos armados e di...
50 verdades sobre Fidel Castro
17/08/2016Salim Lamrani
A OTAN como ameaza á paz mundial
17/08/2016Augusto Zamora R.
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
congreso
29/4/2016 Manifesta o seu compromiso cunha educación ao servizo de Galiza e cun sistema educativo público, laico, coeducativo e democrático
Unha delegación da Executiva nacional da CIG-Ensino, integrada por Anxo Louzao e Marta Dacosta, está a participar no 12º Congresso da Federação Nacional dos Professores (FENPROF), que, baixo o lema: “Valorizar os professores - Refirmar a Escola Pública”, ten lugar no Porto entre o 28 e o 30 de abril de 2016.
14/1/2016 Lembra que foi a lei que máis vontades sumou contra a súa aplicación e contido
A CIG-Ensino presentou esta mañá no rexistro do Parlamento galego un escrito dirixido aos distintos grupos no Congreso dos Deputados/as en demanda de que presenten a iniciativa lexislativa que sexa pertinente para que se paralice, primeiro, a aplicación da LOMCE e posteriormente sexa derrogada. “A CIG ten o compromiso de combater esta lei desde que se coñeceu o seu enunciado até hoxe e esta é unha medida máis porque estamos empeñados en paralizala”, subliñou o secretario nacional, Anxo Louzao.
7/4/2014 A CIG participa, como convidada, xunto con outras delegacións sindicais de América Latina e Europa
Arredor de 1500 delegadas e delegados participaron nos Congresos Ordinario e Extraordinario da Central dos Traballadores da arxentina (CTA), celebrados a pasada fin de semana na cidade de Mar del Plata, a 400 km ao sur de Bos Aires. Delegacións sindicais de América e Europa, entre elas a CIG,  acompañaron parte das sesións congresuais, sendo testemuñas do ambiente de camaradería, de grande ilusión e altas doses de compromiso militante.
6/4/2014 Abuín e Seixo chaman á fortalecer a organización para acadar unha mellor defensa da sanidade pública e dos dereitos da maioría social
O VI Congreso da CIG-Saúde reelixiu este domingo a María Xosé Abuín como Secretaria Nacional, con 70 votos a favor, 24 en branco e dous nulos, sendo a única candidatura presentada. No proceso tamén se elixiu á nova Executiva Federal e as/aos membros que formarán parte do Consello Confederal. O VI Congreso rematou coas intervencións de Abuín e Xesús Seixo, que chamaron a pular polo fortalecemento da base social da nosa organización para combater de xeito efectivo ás políticas neoliberais de recortes e desmantelamento do público.
5/4/2014 A Federación celebra este sábado e domingo o VI Congreso baixo o lema “Fortes! Na defensa da sanidade pública e do futuro da nación”
A primeira xornada do VI Congreso da CIG-Saúde, que se celebra este sábado e domingo en Oleiros (A Coruña),  baixo o lema “Fortes! Na defensa da Sanidade Pública e do futuro da nación”, aprobaba o Informe de Xestión da Executiva saínte con tan só un voto en contra e 12 abstencións. Así mesmo, as/os preto de 150 congresistas debateron e votaron o Relatorio de Organización e Acción Sindical, que marcará as liñas de actuación da Federación durante os próximos catro anos.
11/10/2013 A CIG-Ensino fai un chamamento a participar na folga do 24 de outubro e nas manifestacións convocadas para ás 11.30 horas da mañá
O PP asestoulle unha nova puñalada ao ensino público ao aprobar no Congreso do Deputados, coa súa maioría parlamentaria, o proxecto de LOMCE e enviala para o seu debate ao Senado. Diante deste novo paso adiante cara a aprobación da LOMCE, que ignora o rexeitamento da comunidade educativa e da sociedade galega no seu conxunto a esta lei educativa, a CIG-Ensino fai un chamamento a participar na folga do 24 de outubro e nas manifestacións que hai convocadas para ese día ás 11:30 horas nas sete cidades e en diferentes vilas, xa que esta convocatoria colle agora maior relevancia.
30/7/2012 Por primeira vez, unha organización sindical de ámbito internacional admite á CIG entre os seus membros
O 6º Congreso da CSPLP – Comunidade Sindical dos Países de Língua Portuguesa- celebrado en Maputo, capital de Mozambique, nos días 16 e 17 de xullo, aceptou á CIG como membro de pleno dereito. É a primeira vez que unha organización sindical de ámbito internacional admite á CIG entre os seus membros.
cig.prensa@galizacig.com