Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Syriza enfrenta decisões difíceis
26/01/2015Dimitris Belladis
Syriza pode se tornar uma força de contestação antineoliberal e anticapitalista, embora infelizmente esta coalizão também possa ser a base de u...
A União Europeia não existe
21/01/2015Vaz de Carvalho
A UE não existe, o que existe é um problema, uma guerra de classe contra os povos sob a designação de UE. Que democracia, que vontade do povo se...
A estratégia da tensão de dois terrorismos: o jihadista e o imperialista
21/01/2015Achille Lollo
O ataque ao semanário Charlie Hebdo alimenta uma dúplice estratégia da tensão, onde, por um lado, as células jihadistas exploram o degrado e o ...
Ucrânia e fascismo
15/01/2015Inês Zuber
A população do Donbass e os patriotas ucranianos que resistem à fascização da Ucrânia – vulgarmente conhecidos nos media dominantes por «te...
Charlie Hebdo: Uma reflexão difícil
14/01/2015Boaventura de Sousa Santos
Não estamos perante um choque de civilizações, até porque a cristã tem as mesmas raízes que a islâmica. Estamos perante um choque de fanatism...
Atalhos
14/01/2015Tariq Ali
A lógica que há por trás
09/01/2015Martín Granovsky
Caixas de Aforros
9/9/2013 A central sindical reclama a conversión de “Novagalicia” nun banco público e galego
O 31 de agosto do 2012 o Goberno Central aprobaba o RD 24/2012 de reestruturación e resolución ordenada de entidades de creto. A CIG xa advertía daquela das gravísimas consecuencias dun decretazo que fixaba as bases para o rescate á banca e que situaba a NCG Banco, SA, en “resolución ordenada”. Hoxe a venda de EVO banco e a privatización de Novagalicia Banco son novos episodios froito daquel decreto.
25/1/2013 Denuncian que o Presidente da Xunta favoreceu o desmantelamento e privatización das caixas
Persoal de NGB concentrouse este xoves en San Caetano, onde se estaba a desenvolver o Consello da Xunta, para denunciar a responsabilidade do seu presidente. Alberto Núñez Feijóo na actual situación da entidade. Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG-Banca, denuncia que favoreceu o seu desmantelamento e privatización e demanda que “dea a cara”, asumindo a súa responsabilidade en todo este proceso.
24/1/2012 Este recorte dos salarios non se basea na situación do sector senón que responde ao Acordo Interconfederal asinado recentemente pola patronal e os sindicatos españois
A CIG-Banca vén de rexeitar, novamente, a conxelación salarial prevista para os vindeiros catro anos no preacordo do convenio estatal de caixas, que suporá unha perda do poder adquisitivo de entre o 8 e o 10%. A este respecto, a Federación da CIG puntualiza que esta conxelación e recorte salarial non se basea na situación do sector senón que responde ao Acordo Interconfederal asinado recentemente por CCOO, UGT, CEOE e CEPYME.
20/7/2011 A federación de Banca ten convocada unha concentración de protesta na asemblea xeral deste xoves
A CIG rexeita o preacordo presentado por Novacaixagalicia mediante o que se pretende ampliar o ERE anterior a 350 traballadores/as máis a través de baixas incentivadas. A proposta, que contempla a negociación dun novo ERE si a autoridade laboral non dá luz verde á ampliación do anterior, foi presentada hoxe pola dirección da empresa na mesa que está a negociar as condicións laborais de cara á conversión da entidade nun banco. A central nacionalista ten convocada unha concentración de protesta para este xoves na Coruña a partir das 16.30 horas, coincidindo coa celebración da asemblea xeral extraordinaria.
11/5/2011 Denuncia que a Xunta de Galiza autorizou hai seis meses unha suba salarial para os directivos
CIG-Banca vén de cuestionar as declaracións da conselleira de Economía, Marta Fernández Currás, que dixo entender as rebaixas salariais anunciadas por novacaixagalicia como parte do plan de recapitalización que lle exixe o Banco de España, que inclúe un aforro de custos. Para a CIG-Banca resulta incoherente esta comprensión cos recortes nos salarios dos empregados e empregadas da caixa cando hai apenas 6 meses a Xunta de Galiza autorizou un incremento salarial para os directivos.
24/2/2011 Delegados e delegadas da central concéntranse diante do Concello de Vigo para denunciar a actitude do alcalde, Abel Caballero, como firme defensor da bancarización
Ao berro de “Abel Caballero, por que non calas?”, delegados e delegadas da CIG concentráronse esta mañá diante do Concello de Vigo en defensa da caixa galega e para denunciar o decreto aprobado polo goberno español a través do que pretende beneficiar a gran banca e ao capital “vendendo a prezo de saldo as nosa caixas”. Durante a mobilización, a CIG-Banca advirtiu que privatizar novacaixagalicia suporá lastrar a recuperación económica e o propio futuro de Galiza.
23/2/2011 A partir das 11:30 horas diante do Concello de Vigo
A CIG continuará este xoves 24 de febreiro o calendario de mobilizacións na defensa da existencia das caixas cunha concentración de delegados e delegadas da central diante do Concello de Vigo, a partir das 11:30 horas. A CIG lembra que o decreto do goberno español paraa privatización destas entidades supón un novo ataque ao autogoberno galego, un novo recorte social para beneficio da gran banca e unha tentativa de privatización do maior patrimonio empresarial común.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com