Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Sahara, un conflito esquecido
26/08/2016Iosu Perales
O obxectivo marroquí non é outro que provocar unha fatiga en Nacións Unidas, e mesmo na poboación saharauí, de maneira que cedan ante o que é ...
EEUU en contra do Libre Comercio?
26/08/2016Germán Gorraiz Lopez
A Asociación Transpacífico (TPP polas súas siglas en inglés) sería a peza central de Obama na súa política de reafirmación do poder económi...
Portugal: Sanções, FMI e cegueiras
24/08/2016Sandra Monteiro
A arquitectura da União Europeia neoliberal, mais ou menos punitiva, está formatada para impor a Portugal desemprego, salários baixos, emigraçã...
A nova doutrina estratégica Turca
23/08/2016Thierry Meyssan
A nova doutrina estratégica Turca conduziu já Ancara a restaurar boas relações, pelo menos comerciais, com vários dos seus vizinhos. No fim de ...
A lógica do capitalismo neoliberal
22/08/2016Prabhat Patnaik
Os dias tranquilos do neoliberalismo estão acabados, o que portanto traz para a agenda histórica uma luta pela sua transcendência. Isto pode ser ...
Guerras e crises na África de hoje
22/08/2016Carlos Lopes Pereira
50 verdades sobre Fidel Castro
17/08/2016Salim Lamrani
Caixa Galicia
15/10/2014 A central nacionalista adianta que continuará coa querela no ámbito xudicial oportuno
A CIG manifesta a súa absoluta sorpresa polo auto da Audiencia que desestima a querela criminal presentada pola central nacionalista contra os ex-directores xerais das caixas galegas por mor da emisión de preferentes e subordinadas, xa que entende que as implicacións da venda destes produtos financeiros exceden o ámbito das audiencias provinciais. Pola gravidade do delito denunciado, a central nacionalista confirma que proseguirá coa querela no ámbito xudicial oportuno.
25/9/2014 Segundo os papeis trataríase da compra venda de activos por debaixo do valor real de taxación
A CIG-Banca recibiu un sobre con documentación anónima segundo a que bens inmóbeis propiedade da Corporación Caixa Galiza terían sido vendidos, por debaixo do seu valor real e provocando perdas á entidade, á muller do daquela director José Luís Méndez López, coa que este tería –segundo se recolle nos papeis- separación de bens. Diante disto a CIG-Banca, xunto co BNG solicitaron a reapertura da Comisión Parlamentaria de Investigación das Caixas, que esta chame a declarar ás persoas implicadas e que esta remita a documentación á fiscalía.
28/4/2014 Acúsaos de estafa, apropiación indebida, publicidade enganosa, falsidade de contas, administración fraudulenta, información privilexiada e alteración do prezo das cousas
A CIG vén de anunciar a presentación dunha querela criminal, nesta mesma semana, contra un total de 79 persoas -xa identificadas-, sen prexuízo de que poida ampliarse a outras persoas e/ou organismos, pola comisión dos presuntos delitos de estafa, apropiación indebida, estafa de investidores, publicidade enganosa, falsidade de contas anuais, administración fraudulenta ou desleal, abuso de información privilexiada e maquinación para alterar o prezo das cousas pola emisión de preferentes e obrigas subordinadas. Entre outras están os exdirectivos das antigas caixas, Caixa Galicia e Caixanova, os directivos de Novagalicia banco e os membros dos Consellos de Administración das entidades.
7/11/2012 A CIG aplaude as decisións xudiciais a respecto dos exdirectivos de Novacaixagalicia, pero reclama que se abra tamén unha investigación para depurar responsabilidades políticas
Traballadores e traballadoras de Novagalicia Banco concentráronse este mércores ás portas do Banco de España en defensa dos postos de traballo e para reclamar a apertura dunha interlocución directa co estado que permita coñecer as esixencias da “troika” a respecto das entidades intervidas. Dende a CIG-Banca denúnciase a opacidade coa que se están a levar a cabo as negociacións entre Bruxelas e Madrid, que se traducirán nunha brutal reconversión do sector financeiro e nunha nova vaga de despedimentos masivos baixo as condicións da regresiva reforma laboral do Partido Popular.
26/6/2012 Recoñécese que os libros reflectían fielmente as contas, mais só se centra nas indemnizacións multimillonarias
A investigación aberta pola Fiscalía Anticorrupción a instancias da CIG deu un paso adiante coa querela presentada ante a Audiencia Nacional contra 5 exdirectivos das Caixas Galegas, un paso positivo pero incompleto, xa que malia recoñecer na propia querela que os libros non reflectían fielmente as contas, só se centra nas indemnizacións multimillonarias.
22/2/2012 A central entende que existen alternativas aos despedimentos e denuncia que a entidade pretende precarizar as condicións laborais
Delegados e delegadas da Federación de Banca da CIG concentráronse este mércores ás portas da Oficina principal de Novagalicia Banco na Coruña para rexeitar as pretensións da entidade financeira de aplicar un ERE que afectaría a case 800 traballadores e traballadoras. A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións que a Sección Sindical da CIG nas antigas caixas ten previsto levar adiante nas próximas semanas en contra dunha medida que suporía agravar o custe laboral orixinado co proceso de fusión e unha perda das condicións salariais e sociais do conxunto do persoal.
21/7/2011 Delegados e delegadas da central concentráronse ás portas de Palexco para rexeitar a privatización da caixa galega e os custos laborais do proceso
Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta tarde diante das portas do Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco), onde tivo lugar a Asemblea Xeral de Novacaixagalicia na que se aprobou o traspaso do negocio financeiro da caixa ao novo banco. Con esta protesta a CIG, que votou negativamente cada un dos puntos da orde do día da Asemblea, quixo amosar novamente o rexeitamento á privatización da caixa galega, a perda de soberanía financeira que supón e denunciar o custe laboral que este proceso está tendo para os traballadores e traballadoras, xa que implica a destrución de 1.700 empregos.
cig.prensa@galizacig.com