Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
A ausência ou debilidade de projectos de ruptura pela esquerda com a UE constitui um perigo capaz de comportar consequências potencialmente trági...
Brasil: O golpismo contra-ataca
30/06/2016Emir Sader
A incapacidade de iniciativa política da luta contra o golpe, que combine mobilizações populares com proposta política viável no curto prazo, ...
Porque os britânicos disseram não à Europa
28/06/2016John Pilger
O voto maioritário dos britânicos a favor do abandono da União Europeia foi um acto de democracia pura. Milhões de pessoas comuns recusaram-se a...
UE: Os dias contados
28/06/2016Jorge Bateira
Tendo em conta que as políticas da UE não serão alteradas no essencial, já que isso é do interesse das elites alemãs e da tecno-burocracia de ...
O referendo inglês: o irrecusável "não", suas perspectivas e riscos
28/06/2016Haroldo Lima
A UE frustrou a esperança de vida de grande parte da gente que dizia unir. O bem-estar foi substituído pela "austeridade". E as reações se este...
O direito soberano de decidir
23/06/2016João Pimenta Lopes
Economía Economía
24/5/2016 CIG, CCOO e UGT aplauden un acordo que foi avalado por traballadores/as e colectivos
O anuncio de mobilizacións por parte da CIG, CCOO e UGT fixo que o Concello de Vigo optase finalmente por excluír o centro comercial A Laxe da zona que vai ser proposta á Xunta para que sexa declarada de grande afluencia turística, o que permitiría ampliar a liberalización de horarios comerciais. As tres centrais, que se opoñen a que a medida abarque toda a cidade, aplauden un acordo que foi avalado en asemblea por traballadores/as do sector, colectivos veciñais e representantes do pequeno e mediano comercio.
19/5/2016 CIG, CCOO e UGT entenden que precarizaría condicións laborais e afectaría pequeno comercio, e anuncian protestas se se aplica
Os secretarios comarcais da CIG, CCOO e UGT compareceron hoxe en rolda de prensa para amosar o rexeitamento das tres centrais á declaración de Vigo como zona de grande afluencia turística, xa que permitiría ampliar a liberalización dos horarios comerciais. Os sindicatos entenden que a única área da cidade que podería ser obxecto desta declaración é o perímetro interior do casco histórico e anuncian mobilizacións no caso de que finalmente se inclúa a zona onde se ubica o centro comercial A Laxe, xa que se precarizaría as condicións laborais e iría en detrimento do pequeno e mediano comercio.
12/2/2016 Entende que, en todo caso, supón un primeiro chanzo para abrir o diálogo co sector
Xavier Aboi, responsábel do sector do Mar da FGAMT-CIG, considera que o acordo ao que se chegou na xuntanza maratoniana celebrada este xoves para o reparto das cotas de xurelo “non é a solución definitiva, máis ben un pequeno parche” que permite que, polo menos, todos os barcos teñan un mínimo colchón en función da súa tonelaxe e que todos os barcos teñan legalmente e cara ao futuro un mínimo para poder pescar.
9/2/2016 A central fará seguimento da iniciativa para que no seu percorrido non se baleire de contido
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o responsábel de Enerxía da CIG-Industria, Fernando Branco, reuníanse este martes cos grupos parlamentares para coñecer a súa disposición a defender que a ILP por unha tarifa eléctrica galega, promovida pola central sindical e aprobada por unanimidade no pleno do pasado 26 de xaneiro, sexa tramitada antes de que remate o actual período de sesións da cámara.
26/1/2016 Fernando Branco, encargado de defendela, agradeceu o voto a favor dos grupos e anunciou que a central vixiará que se preserve o seu contido no tramite parlamentario
Todos os grupos parlamentarios aprobaron, este martes, por unanimidade, a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética promovida pola CIG. Un apoio que agradeceu o representante da central sindical encargado de defendela, Fernando Branco, quen, en todo caso, asegurou que o sindicato vixiará o trámite parlamentario que seguirá a Iniciativa, para garantir que o seu contido se manteña.
22/1/2016 Un 18% da poboación está en situación de pobreza enerxética en Galiza
A CIG defenderá, este martes día 26 de xaneiro, no Parlamento de Galiza, a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. Coincidindo co debate a central sindical ten convocada unha concentración ás portas do Pazo do Hórreo, a partir das 10:30 horas.
15/1/2016 O IPC negativo prexudica dobremente a traballadores/as, parados/as e pensionistas galegos
O prezo dos productos de primeira necesidade -alimentación e bebidas non alcohólicas- incrementouse un 1,4% de media en Galiza durante o ano 2015, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Pola contra, a inflación medida a través do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) experimentou un descenso do 0,2%, o que é dobremente prexudicial para os traballadores/as, parados/as e pensionistas galegos/as, xa que o noso país conta coas pensións e os salarios máis baixos do Estado.
cig.prensa@galizacig.com