Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
A ausência ou debilidade de projectos de ruptura pela esquerda com a UE constitui um perigo capaz de comportar consequências potencialmente trági...
Brasil: O golpismo contra-ataca
30/06/2016Emir Sader
A incapacidade de iniciativa política da luta contra o golpe, que combine mobilizações populares com proposta política viável no curto prazo, ...
Porque os britânicos disseram não à Europa
28/06/2016John Pilger
O voto maioritário dos britânicos a favor do abandono da União Europeia foi um acto de democracia pura. Milhões de pessoas comuns recusaram-se a...
UE: Os dias contados
28/06/2016Jorge Bateira
Tendo em conta que as políticas da UE não serão alteradas no essencial, já que isso é do interesse das elites alemãs e da tecno-burocracia de ...
O referendo inglês: o irrecusável "não", suas perspectivas e riscos
28/06/2016Haroldo Lima
A UE frustrou a esperança de vida de grande parte da gente que dizia unir. O bem-estar foi substituído pela "austeridade". E as reações se este...
O direito soberano de decidir
23/06/2016João Pimenta Lopes
Historia Historia
10/3/2016 O caderno de pensamento para o debate e a acción dirixido por Manuel Mera céntrase nesta ocasión no centenario das Irmandades da Fala
A Fundación Moncho Reboiras vén de poñer a disposición do público o terceiro número do Comprendermos, o caderno de pensamento para o debate e a acción publicado conxuntamente co semanario Sermos Galiza. Esta nova entrega do suplemento dirixido por Manuel Mera céntrase no centenario das Irmandades da Fala e inclúe unha entrevista co secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG.
14/10/2015 O acto, no que participará o secretario xeral da CIG, terá lugar na Librería Cartabón ás 20.15
Este xoves 15 de outubro terá lugar a presentación en Vigo do libro 'Reflexións arredor de Galiza para o debate', que vén de editar a Fundación Moncho Reboiras. No acto, que se desenvolverá na Libraría Cartabón a partir das 20.15 horas, participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.
11/8/2015 O pleno da corporación verinesa apoiou por unanimidade a reparación dunha “inxustiza histórica”
Unha sentida e multitudinaria homenaxe popular precedida dun pleno que, por unanimidade, outorgou a título póstumo honras e distincións “aos veciños e veciñas, políticos/as e sindicalistas executados, apresados e represaliados polo fascismo franquista”. Así culminaba o pasado 6 de agosto unha iniciativa da Unión Local da CIG de Verín realizada en xullo do ano pasado e reiterada en abril deste 2015 que, por fin, logrou o recoñecemento municipal ás vítimas da represión.
7/8/2015 O acto terá lugar o 12 de Agosto ás 12 horas no cemiterio de Imo, en Dodro
O vindeiro 12 de agosto cumpriranse 40 anos do asasinato de Xosé Ramón (Moncho) Reboiras Noia a mas da policía fascista en Ferrol. Desde a Fundación que leva o seu nome e maila Confederación Intersindical Galega renderémoslle tributo mediante unha homenaxe floral ás 12 horas no cemiterio de Imo, en Dodro, onde descansan os seus restos. Moncho, alén da súa prolífica militancia nos diferentes campos do nacionalismo popular, destacou tamén nos primeiros xermes de organización obreira que deron lugar ao actual sindicalismo nacionalista.
23/7/2015 Por una Galiza ceibe e sen explotación!
Un ano máis, a Confederación Intersindical Galega (CIG) chama a todos os seus afiliados/as e simpatizantes a participar de xeito activo nos actos que se celebran o 25 de Xullo por todo o país para conmemorar o Día da Patria Galega, así como na manifestación unitaria que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela o sábado baixo o lema 'A nación galega'.
14/7/2015 O suplemento inclúe unha entrevista co secretario xeral da CIG na que se aborda a situación da negociación colectiva e da loita de clases en Galiza
A Fundación Moncho Reboiras pon a disposición do público o segundo número do Comprendermos, o caderno de pensamento para o debate e a acción publicado conxuntamente no número 152 do semanario Sermos Galiza. Esta nova entrega do suplemento inclúe unha entrevista co secretario xeral da CIG, Suso Seixo, na que se aborda a situación e os horizontes da negociación colectiva e da loita de clases en Galiza, nun contexto marcado polo novo pacto social entre a patronal e os sindicatos de colaboración de clases, CCOO e UGT, e máis polo novo marco represivo da coñecida como 'Lei Mordaza'.
25/5/2015 A iniciativa intégrase nun proxecto divulgativo que inclúe tamén a edición dun folleto, un vídeo e unha conferencia-coloquio
A Fundación Moncho Reboiras inaugura este martes 26 no museo provincial de Lugo unha exposición baixo o título '70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio' para conmemorar o que fora o organismo de representación institucional do pobo galego creado no exilio por iniciativa de Castelao en novembro do 1944. A iniciativa, que conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, intégrase nun proxecto divulgativo que inclúe tamén a edición dun folleto, un vídeo e unha conferencia-coloquio.
cig.prensa@galizacig.com