Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Defendamos a Venezuela em perigo
30/03/2015Guillermo Almeyra
É ridículo que a Venezuela (ou qualquer outro país latino-americano) possa constituir uma ameaça à segurança da primeira potência mundial e j...
Grécia: Por que se deve realizar uma auditoria da dívida?
25/03/2015Éric Toussaint
A auditoria demonstrará que uma parte muito grande da dívida grega contraída tanto no período precedente à intervenção da Troika como no post...
Por trás das sanções da Casa Branca contra a Venezuela
25/03/2015Mark Weisbrot
Os governos latino-americanos compreenderam esta estratégia de impor novas sanções à Venezuela vista como uma grave ameaça à democracia na reg...
Dez claves para entender a “lex mercatoria”
25/03/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
A oposición frontal das grandes potencias e dos lobbies transnacionais á creación de normas que poidan poñer en risco as súas perspectivas de n...
A pobreza em Portugal
25/03/2015Maria do Carmo Tavares
A pobreza em Portugal sempre assumiu grande extensão e intensidade, a ela estão associadas profundas desigualdades sociais, acumulação de riquez...
O capitalismo no país das maravilhas
23/03/2015António Santos
Brasil na encruzilhada
23/03/2015Luís Carapinha
Pensar as crises
11/03/2015Antoine Casanova e Remy Herrera
Laboral Laboral
30/3/2015 A Sección Sindical da CIG pide avanzar cara un modelo retributivo que non contemple repartos de diñeiro de “forma inxusta e caprichosa”
A Sección Sindical da CIG na Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) vén de denunciar novamente o “escandaloso” e “arbitrario” reparto de produtividade nesta administración e, nomeadamente, na Delegación Especial de Galiza. Critican que se repartiron máis de 1.600.000 euros neste concepto entre os altos cargos, mentres a carreira profesional do resto de traballadores e traballadoras da AEAT está conxelada por falta de dotación económica, non se repón persoal por falta de medios, desmantélanse as pequenas Administracións da Axencia, e increméntase a presión sobre o resto dos/as empregados/as.
27/3/2015 A central sindical entende que a subcontrata de Telefónica busca unha “medida exemplarizante” para o resto dos traballadores/as
Traballadores/as de Liteyca, arroupados/as por compañeiros/as doutras subcontratas, concentráronse este venres diante das instalacións de Telefónica na Coruña en rexeitamento aos dous despedimentos disciplinarios executados pola empresa, que se encarga da instalacións e mantemento das redes da operadora de telecomunicacións en diversas áreas do país. 
27/3/2015 A representación do persoal pide á Consellaría o cese do actual director “por abuso de poder”
A pesar da choiva e o vento, traballadoras e traballadores da residencia da maiores de Oleiros concentráronse o xoves diante do centro en protesta polo que consideran “un abuso de poder” do director, que se concreta na apertura indiscriminada de expedientes ao persoal crítico e en cambios arbitrarios no posto de traballo. 
26/3/2015 A Unión Local da CIG de Verín e A Limia presentará denuncia de conflito colectivo en representación dos traballadores/as afectados/as
Tal e como denunciou a Unión Local da CIG de Verín e A Limia e vén de corroborar unha das adxudicatarias, o despido masivo de traballadores/as das obras no treito do AVE Cerdedelo-Prado, no concello de Laza, débese á disputa que as empresas manteñen co Xestor de Infraestruturas Ferroviarias do Ministerio de Fomento (Adif) “sobre unha pretendida modificación do proxecto das obras contratadas”. A central nacionalista presentará denuncia de conflito colectivo en representación dos traballadores/as afectados/as.
26/3/2015 Este xoves rematou sen acordo o período de consultas do segundo ERTE presentado en menos de dous meses pola empresa
Os representantes do persoal de Masol Iberia Biofuel veñen de informar do remate, sen acordo, do período de consultas para a aplicación dun ERE temporal na planta de biodiésel do Porto Exterior de Ferrol. Este, subliñan, é o segundo proceso deste tipo que se dá nos dous últimos meses, ambos de xeito consecutivo, “e con idénticas posturas polas dúas partes, despois de terse aplicado nos anos precedentes dous EREs suspensivos con acordo da parte social”. 
26/3/2015 A CIG-Ensino exíxelle ao conselleiro que readmita ao profesorado despois de gañarse 28 sentenzas nos xulgados do social de Galiza e 4 no alto tribunal
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de darlle, de novo, a razón á CIG-Ensino e ao profesorado CELGA con dúas novas sentenzas que desestiman os recursos presentados pola Consellaría de Educación e ratifican a nulidade dos despedimentos de dúas profesoras. Estas sentenzas súmanse a dúas anteriores nas que o TSXG tamén confirmou as sentenzas dos xulgados do social. O Tribunal  imponlle á Xunta, igual que nos casos anteriores, custas por unha contía de 600 euros.
25/3/2015 Traballadores/as reuníronse en asemblea para acordar mobilizacións
O vindeiro 15 de xuño entrará en vigor a Lei 20/2011, de 21 de xullo, do Rexistro Civil pola que o goberno asigna a rexistradores/as mercantís a tramitación de expedientes e certificados como fes de vida, nacementos, defuncións ou vodas, entre moitos outros. Isto obrigará ás galegas e galegos a trasladarse ás cidades para realizar calquera trámite que, en diante, terán ademais que pagar.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com