Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
O neoliberalismo do século XX foi uma tragédia. Um neoliberalismo do século XXI seria uma nova tragédia e uma farsa. O neoliberalismo surgiu...
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Como as dúas precedentes, e tras case vinte e cinco anos de enfrontamentos, esta nova guerra non conseguirá o seu obxectivo. Primeiro porque nunc...
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
A «receita» para o ébola
10/10/2014Maurício Miguel
Laboral Laboral
17/10/2014 A CIG–Ensino amosa o seu apoio ao centro e denuncia novos recortes no ensino público
A falta de cadros de persoal mínimos nos centros de secundaria fai que o sistema de cupos que utiliza a Administración para dotalos de persoal supoña que a Consellaría procure cada curso recortar o cupo con respecto ao curso anterior tal como vimos denunciando recorrentemente desde a CIG-Ensino. O IES Poeta Añón conta con un cadro de persoal de 25 docentes con destino definitivo no centro, pero viu reducido o seu número en dous aproveitando as comisións de servizo.
17/10/2014 A CIG da Mariña entende que se trata dunha manobra para forzar a baixa voluntaria do traballador
A CIG vén de denunciar publicamente que o Concello de Burela se nega a executar unha sentenza xudicial favorábel a un empregado municipal que presta servizos como Director da Banda e como profesor na Escola de Música. A central sindical entende que se trata dunha manobra do goberno local “para forzar a resolución voluntaria do contrato por parte deste traballador”.
17/10/2014 A alarma ante un posíbel desmantelamento da factoría de Sada saltou tras o traslado dunha liña de produción a Cervo
O Comité de Cerámicas do Castro ten previsto celebrar unha reunión o vindeiro luns para analizar a situación na planta Sada e avaliar a posibilidade de levar adiante mobilizacións, se a dirección non ofrece respostas claras sobre o futuro da actividade e o emprego, logo do traslado dunha liña de produción a Cervo sen informar á representación do persoal.
16/10/2014 Confírmase o mantemento das reducións salariais e laborais para os/as empregados/as públicos/as que dependen da Xunta de Galiza
A Área Pública da CIG considera que a xuntanza da Mesa Xeral do persoal da Xunta de Galiza –convocada esta tarde para tratar dos aspectos referidos ao Capítulo de Persoal da Administración Pública Galega nos orzamentos para o ano 2015- foi a constatación da “inutilidade” do diálogo social e da necesidade de mobilizacións. No decurso da mesma confirmouse o mantemento das reducións salariais e laborais para as e os empregados públicos e que o goberno galego manterá as políticas de destrución de emprego público e perda de poder adquisitivo.
16/10/2014 A Xunta de Persoal reclama tamén cursos prácticos de adestramento e simulación para afrontar, con seguridade, posíbeis casos de ébola
Gravísimas carencias de persoal e deficiente organización no servizo de urxencias do hospital da Coruña; ao que agora se engade a falta de adestramento práctico e a existencia de protocolos contraditorios para atender os posíbeis casos de ébola. Este foi o diagnóstico que a Xunta de Persoal e a Comisión de Centro ofreceron en rolda de prensa este xoves sobre a situación do CHUAC e a área sanitaria da Coruña.
15/10/2014 A central nacionalista adianta que continuará coa querela no ámbito xudicial oportuno
A CIG manifesta a súa absoluta sorpresa polo auto da Audiencia que desestima a querela criminal presentada pola central nacionalista contra os ex-directores xerais das caixas galegas por mor da emisión de preferentes e subordinadas, xa que entende que as implicacións da venda destes produtos financeiros exceden o ámbito das audiencias provinciais. Pola gravidade do delito denunciado, a central nacionalista confirma que proseguirá coa querela no ámbito xudicial oportuno.
15/10/2014 A CIG-Ensino denuncia que Consellaría ignora así a súa propia lexislación
A Consellaría de Educación está adxudicando as prazas de formación profesional dual (FP Dual) mediante nomeamentos de profesorado interino por un período de tres meses, no canto de nomeamentos para todo o curso, como vén sendo a norma no resto das modalidades de formación profesional. A CIG-Ensino denuncia que a administración ignora deste xeito a súa propia lexislación.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com