Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
As mentiras teóricas do Banco Mundial
21/11/2014Éric Toussaint
A visão do Banco Mundial está marcada por diferentes preconceitos conservadores. Nos relatórios e discursos dos quinze primeiros anos de existên...
Entrevista a Walden Bello: “O TTIP é como braço económico da OTAN”
20/11/2014Thomas Fazi
Os EUA negoceiam actualmente –em segredo- com a UE e com 11 países asiáticos dois tratados de “comércio livre”. O conteúdo negativo das in...
Brasil, a grande divisão
20/11/2014Boaventura de Sousa Santos
A grande burguesia não tendo podido derrotar a candidata do PT,  vai continuar a pressionar abertamente (e a ser provavelmente atendida) pela...
A armadura xurídica do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP)
20/11/2014Juan Hernandez Zubizarreta
O TTIP é un Tratado tremendamente violento. A violencia estrutural do sistema capitalista -que permite a acumulación da riqueza duns poucos a cust...
A anatomia do Estado sob o neoliberalismo
17/11/2014Prabhat Patnaik
O Estado neoliberal, ou o Estado na era da hegemonia do capital financeiro internacional, é cada vez mais moldado de uma maneira que restringe a "...
O mistério de Kobane
17/11/2014Pepe Escobar
Muller Muller
19/11/2014 En 2009 a Xunta destinou ao programa de accións para a Igualdade, protección e promoción da muller 32 millóns € e en 2015 destinará só 5,8 millóns €
Sete mulleres foron asasinadas en Galiza, no que vai de ano, vítimas da violencia machista. No primeiro semestre había 2.569 denuncias presentadas por esta causa. Estaban ademais en vigor 5.277 ordes de protección e os xulgados comunicaron 402 medidas de protección e afastamento. A rede de centros de acollida tivo, no primeiro trimestre, unha ocupación media do 62,41%, prestando servizo a 140 persoas, 77 mulleres e 63 menores, e recibiron atención psicolóxica por violencia machista 226 persoas. Malia isto reducíronse os orzamentos, sobre todo os destinados a igualdade, protección e promoción da muller que pasaron de 32 millóns € en 2009, a tan só 5,8 millóns en 2014.
23/10/2014 A Plataforma en Defensa do Dereito ao Aborto e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Coruña realizaron unha protesta no CHUAC
A Plataforma pola Defensa do Dereito ao Aborto da Coruña e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Coruña (organizacións das que a CIG forma parte) desenvolveron este xoves unha mobilización conxunta en defensa dos Centros de Orientación Familiar da área sanitaria, para reclamar a inmediata cobertura das prazas vacantes e que se garanta o dereito a atención e protección da saúde sexual e reprodutiva das mulleres.
28/9/2014 Tras o anuncio da retirada da reforma da lei do aborto, a Secretaría da Muller da CIG chama a continuar na loita até conseguir o noso dereito a decidir
A Secretaría da Muller da Confederación Intersindical Galega, ante a celebración, hoxe, 28 de setembro, en todo o mundo, do Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto na que feministas de todo o mundo demandamos a despenalización do aborto, xunto co acceso a servizos de aborto seguro, quere manifestar o seguinte:
25/9/2014 A Secretaria Confederal de Muller valora a retirada da reforma da lei do aborto e a dimisión de Gallardón
A Secretaria Confederal de Muller da CIG, Margarida Corral, fai unha valoración da decisión do PP de retirar a regresiva reforma da Lei do Aborto e a conseguinte dimisión de Alberto Ruíz Gallardón como ministro de Xustiza. Corral entende que este anuncio é unha vitoria do feminismo, mais advirte da necesidade de continuar na loita para que se respecte o dereito das mulleres a decidir sobre os nosos corpos e acadar un aborto libre, seguro e gratuíto.
23/9/2014 Porén, advirte que continuará coa loita polo recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres
O recente anuncio por parte do Goberno do Partido Popular de aparcar o “ultra retrógrado” proxecto de reforma da Lei orgánica 2/2010 de Saúde Sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, é, para a Secretaría da Muller da CIG, “unha vitoria do feminismo”, recibida “con algarabía, mais tamén con prudencia”. Así, advirte que “non imos deixar de loitar” polo recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, de pular pola liberdade e autodeterminación en relación á nosa sexualidade e sobre a libre decisión da nosa maternidade.
9/9/2014 CIG e BNG denuncian que o PP non só recortou os orzamentos en materia de igualdade senón que mesmo promoveu políticas en contra
Sete cadaleitos, un por cada galega asasinada no que vai de ano, presidiron a concentración convocada esta mañá diante de Parlamento de Galiza para denunciar a violencia machista, en demanda de recursos e medidas políticas reais e en denuncia dos recortes e da falta de iniciativas para mudar esta situación do PP. A mobilización, promovida polo BNG e á que se adheriu a CIG, coincidía coa comparecencia do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda que ía tratar no pleno do Parlamento precisamente este asunto.
8/9/2014 Ás 10:30 horas diante do Parlamento Galego
A Secretaría das Mulleres da CIG anima a participar na mobilización cidadá, promovida polo BNG para  este martes 9 de setembro, ás 10:30 horas, diante do Parlamento de Galiza, co obxectivo de reclamar outras medidas políticas, denunciar e rexeitar a violencia de xénero e a complicidade hipócrita do Partido Popular. A concentración coincide coa comparecencia do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com