Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Sahara, un conflito esquecido
26/08/2016Iosu Perales
O obxectivo marroquí non é outro que provocar unha fatiga en Nacións Unidas, e mesmo na poboación saharauí, de maneira que cedan ante o que é ...
EEUU en contra do Libre Comercio?
26/08/2016Germán Gorraiz Lopez
A Asociación Transpacífico (TPP polas súas siglas en inglés) sería a peza central de Obama na súa política de reafirmación do poder económi...
Portugal: Sanções, FMI e cegueiras
24/08/2016Sandra Monteiro
A arquitectura da União Europeia neoliberal, mais ou menos punitiva, está formatada para impor a Portugal desemprego, salários baixos, emigraçã...
A nova doutrina estratégica Turca
23/08/2016Thierry Meyssan
A nova doutrina estratégica Turca conduziu já Ancara a restaurar boas relações, pelo menos comerciais, com vários dos seus vizinhos. No fim de ...
A lógica do capitalismo neoliberal
22/08/2016Prabhat Patnaik
Os dias tranquilos do neoliberalismo estão acabados, o que portanto traz para a agenda histórica uma luta pela sua transcendência. Isto pode ser ...
Guerras e crises na África de hoje
22/08/2016Carlos Lopes Pereira
50 verdades sobre Fidel Castro
17/08/2016Salim Lamrani
Muller Muller
12/5/2015 Para este mércores 13 de maio está convocada xuntanza dos grupos de traballo 1 e 2
A CIG acordou non asistir á reunión prevista para este mércores, 13 de maio, dos grupos de traballo 1 e 2 do Observatorio Galego da Violencia de Xénero ao entender que a violencia machista non é unha prioridade na axenda política do Goberno galego, que utiliza as convocatorias do pleno deste organismo como unha escusa de que está actuando ante esta problemática, cando na realidade o que existe é unha falta de compromiso real coas vítimas. A CIG esixe a comparecencia de Alfonso Rueda no Parlamento e que se depuren responsabilidades polo asasinato de María Isabel Fuentes; unha morte que puido ser evitada.
9/5/2015 Tiveron lugar na Coruña, Ferrol, Compostela, Vigo, Ourense, Pontevedra e Lugo
Centos de persoas participaron na tarde deste sábado nas concentracións autoconvocadas en todo o país en repulsa ao asasinato de María Isabel Fuentes, a primeira muller asasinada na Galiza pola violencia machista no 2015. As protestas, desenvolvidas na Coruña, Ferrol, Compostela, Vigo, Ourense, Pontevedra e Lugo, contaron co apoio da CIG. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.
8/5/2015 Este sábado, día 9 de maio, ás 20:00 horas na Coruña, Ferrol, Compostela, Vigo, Ourense, Pontevedra e Lugo
Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña ou en Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol, Ourense e Vigo, e no Consello da Muller de Pontevedra, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galego, convocan concentracións en todo o país en repulsa ao asasinato de María Isabel Fuentes, a primeira muller asasinada na Galiza pola violencia machista no 2015.
29/4/2015 Trátase dunha axuda directa ás familias para colaborar no pago dunha praza de escola infantil privada
A Secretaría da Muller da CIG vén de informar da publicación no DOG do 20 de abril da Orde pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia nas escolas infantís (0-3) non sostidas con fondos públicos, a través do programa cheque infantil
14/4/2015 Centos de galegas rexeitan a supresión do artigo referido á potestade das menores para decidir
Coincidindo co debate no Pleno do Congreso dunha Proposición de Lei Orgánica presentada polo Grupo Parlamentar Popular, que suprime o artigo referido á potestade das menores de 16 e 18 anos para decidir interromper o seu embarazo, obrigándoas a ter o consentimento paterno/materno ou do titor/a legal, unha morea de galegas -convocadas pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto- saíron á rúa amosando a súa desconformidade diante das sedes do Partido Popular da Coruña, Compostela, Lugo, no Marco de Vigo e na Praza do Concello de Ferrol. 
10/4/2015 A central sindical chama a participar nas concentracións convocadas para o vindeiro martes
O Grupo Parlamentario Popular levará a debate o vindeiro martes día 14 de abril, no Pleno do Congreso, unha Proposición de Lei Orgánica que suprime o artigo referido á potestade das menores de 16 e 18 anos para decidir interromper o seu embarazo, obrigándoas a ter o consentimento paterno/materno ou do titor/a legal. A CIG chama a participar nos actos e concentracións que con este motivo serán convocadas pola Plataforma Galega polo dereito ao Aborto, da que fai parte a CIG, nas distintas cidades galegas ese mesmo día.
6/4/2015 A contía estabelecese en función das rendas e ingresos e poderase solicitar até o próximo 31 de outubro
A Secretaría da Muller da CIG informa que xa está aberto o prazo de solicitude de axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero. A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.
cig.prensa@galizacig.com