Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Como as dúas precedentes, e tras case vinte e cinco anos de enfrontamentos, esta nova guerra non conseguirá o seu obxectivo. Primeiro porque nunc...
Dez claves sobre os tratados de libre comercio e investimentos
10/10/2014Sol Sánchez
No caso concreto do TTIP, o proxecto apunta a tres obxectivos principais: eliminar os últimos dereitos de alfándega, reducir as barreiras non ara...
México: Ayotzinapa, crime de Estado
10/10/2014Felipe Cuevas
Os gobernantes xogan á confusión, fanse os desentendidos, demoran as investigacións, están coludidos por diversos intereses; o pobo debe mobili...
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
A «receita» para o ébola
10/10/2014Maurício Miguel
O Estado español e as desigualdades
08/10/2014Albert Recio Andreu
Represión sindical
17/10/2014 Despediu a 2 traballadoras onte e abriu expediente disciplinario a outro traballador
A Dirección de Abanca comunicou este xoves, día 16 de outubro, o despedimento a dúas traballadoras que participaban nas candidaturas da CIG: Iria Baz, en Pontevedra, e Rosa Abad, en Ourense. Hoxe mesmo Abanca abriu un expediente disciplinario a outro candidato. Esta conduta de persecución sindical súmase ao traslado anterior dunha candidata e ao despedimento do candidato en Pontevedra Luis Encinas. Delegados da CIG e familiares xa foran sancionados con anterioridade.
10/10/2014 A CIG-Servizos de Pontevedra presentou denuncia na Fiscalía contra o dono de Eshovet Po-Ca e ratificouse despois no Xulgado
A CIG-Servizos de Pontevedra reclámalle aos responsábeis da base militar da Brilat que non lle dean unha prórroga na concesión da cafetería ao empresario José Luis Espinar Galán, imputado por un presunto delito de represión sindical. A central nacionalista presentara unha denuncia na Fiscalía que posteriormente foi ratificada no Xulgado.
2/10/2014 A representación do persoal entende que co procesamento búscase perseguir a súa actividade sindical
No marco dos comunicados de apoio que está a recibir o co-responsábel comarcal da CIG de Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, tras coñecerse a acusación da fiscalía e a súa petición de condena, este mércores, o Comité de Poligal tamén trasladaba publicamente a súa solidariedade co compañeiro.
30/9/2014 Consideran que a petición da Fiscalía responde a un intento de amedrentar os/as participantes nas mobilizacións
O Comité de empresa de Navantia-Ferrol vén emitir un comunicado no que dá conta das resolucións acordadas na asemblea de traballadores e traballadoras celebrada o pasado 26 de setembro, e na que se aprobou trasladar publicamente a solidariedade co compañeiro Xesús Anxo López Pintos e rexeitar o seu procesamento.
25/9/2014 A sentenza, firme, recoñece que a decisión empresarial vulnera os dereitos fundamentais do representante do persoal
O xulgado do social de Ferrol vén de condenar ao Casino Ferrolano Tenis-Club a anular a sanción grave imposta ao delegado sindical da CIG, ao entender que vulnera os seus dereitos fundamentais. Confirmando, deste xeito, as denuncias da CIG a respecto da persecución que a dirección da entidade está a practicar contra este representante dos traballadores e traballadoras.
23/9/2014 No marco dunha resolución a través da que trasladan tamén ao compañeiro a súa solidariedade a apoio
A Asemblea de Delegadas e delegados da CIG de Ferrol adoptou este martes –por unanimidade- unha resolución de rexeitamento ao procesamento do compañeiro Xesús Anxo López Pintos, para quen a Fiscalía solicita unha pena de dous anos e nove meses de cadea “por atentado” durante a carga policial no inicio da campaña do PP ás autonómicas de 2012.
19/9/2014 Pintos denuncia que o PP pretende unha sentenza exemplarizante para evitar actos de protesta na súa campaña das municipais convertendo “á vítima en verdugo”
Convertendo á “vítima en verdugo”, como di Xesús A. López Pintos, secretario comarcal da CIG de Ferrol, a fiscalía vén de pedir para el as penas de 2 anos e 9 meses de cadea, con inhabilitación especial para exercicio de dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena por un delito de atentado e falta de lesións; 20 días de multa, con 7€ diarios, e unha indemnización de 840€ por lesións a un axente de policía polos feitos acontecidos en Ferrol, durante unha carga policial contra as persoas participantes nunha concentración convocada polo comité de Navantia e Poligal coincidindo coa apertura da campaña electoral do Partido Popular ás autonómicas de 2012.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com