Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Grécia: Syriza enfrenta decisões difíceis
26/01/2015Dimitris Belladis
Syriza pode se tornar uma força de contestação antineoliberal e anticapitalista, embora infelizmente esta coalizão também possa ser a base de u...
A União Europeia não existe
21/01/2015Vaz de Carvalho
A UE não existe, o que existe é um problema, uma guerra de classe contra os povos sob a designação de UE. Que democracia, que vontade do povo se...
A estratégia da tensão de dois terrorismos: o jihadista e o imperialista
21/01/2015Achille Lollo
O ataque ao semanário Charlie Hebdo alimenta uma dúplice estratégia da tensão, onde, por um lado, as células jihadistas exploram o degrado e o ...
Ucrânia e fascismo
15/01/2015Inês Zuber
A população do Donbass e os patriotas ucranianos que resistem à fascização da Ucrânia – vulgarmente conhecidos nos media dominantes por «te...
Charlie Hebdo: Uma reflexão difícil
14/01/2015Boaventura de Sousa Santos
Não estamos perante um choque de civilizações, até porque a cristã tem as mesmas raízes que a islâmica. Estamos perante um choque de fanatism...
Atalhos
14/01/2015Tariq Ali
A lógica que há por trás
09/01/2015Martín Granovsky
Represión sindical
17/6/2014 É adxudicataria da Xunta de Galiza para a conservación vial nas estradas da zona Sur da provincia da Coruña
A CIG-Construción de Compostela vén de denunciar o despedimento dun traballador da UTE COVI Coruña Sur por teren promovido as eleccións sindicais a través da CIG. A UTE, que é adxudicataria da Xunta de Galiza, está formada polas empresas CRC Obras e Servicios e RV e Reino. A CIG exixe a readmisión deste traballador e unhas condicións de traballo dignas nas obras públicas.
16/6/2014 A sección sindical da CIG do concello de Santiago solicita que se chame a declarar ao delegado de Vendex en Compostela
Con apupos e berros de “non foi un calentón, é persecución” recibían, delegados/as e representantes da CIG-Administración o pasado venres, ao exconcelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela, diante dos xulgados de Fontiñas. O exconcelleiro comparecía como imputado a raíz dunha querela impulsada pola CIG na que se lle demandan responsabilidades penais por ter intentado que Sermasa despedise á compañeira de Antonio López, delegado do sindicato nacionalista no concello. Varela negou en sede xudicial as acusacións que pesan sobre el e a CIG solicita que se chame a declarar ao responsábel de Vendex en Santiago.
13/6/2014 Seixo denuncia que nin a fiscalía, nin os xuíces adoptan medidas cando a patronal vulnera o dereito á folga pero actúan con dureza contra quen exerce ese dereito
Ana e Tamara recibiron a semana pasada a orde de ingreso en prisión e o xulgado de Vigo vén de informar desfavorabelmente a solicitude de indulto de Carlos e Serafín. Os seus son claros casos de represión sindical cos que se pretende criminalizar, reprimir e amedrentar á clase traballadora. Así o denunciaron, en rolda de prensa, os secretarios xerais da CIG, CCOO e UGT, que fixeron un chamamento á mobilización contra a represión sindical o vindeiro día 30 de xuño, ás 20:00 horas, baixo o lema “Defender os dereitos da clase traballadora non é un delito”.
11/6/2014 Más de 500 persoas participaron hoxe en Vigo na mobilización convocada para rexeitar a entrada en prisión dos dous traballadores
Máis de medio milleiro e persoas participaron hoxe en Vigo na mobilización solidaria convocada para reclamar o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete na folga do transporte en 2008. Ao remate da protesta anunciouse que a xuíza vén de remitir un informe contrario a que o Consello de Ministros lles conceda a 'medida de graza'.
9/6/2014 José Luis Docampo Freiría xa foi condenado nun xuízo de faltas a indemnizar o traballador
A CIG-Industria de Vigo anunciou hoxe que presentará unha demanda no Xulgado do Penal contra o fundador de Luminosos Dofrey, José Luis Docampo Freiría, por agredir fisicamente ao delegado de persoal da central nacionalista. Ao mesmo tempo, denuncian que a compañía viguesa mantén débedas económicas cos empregados/as “que non pasan polo aro e se negaban por exemplo a facer horas extra”.
9/6/2014 Hoxe celebrouse o xuízo contra o secretario comarcal da CIG-Servizos da Coruña por particpar na folga de instalacións deportivas
As organizacións sindicais convocan unha nova protesta diante dos Xulgados de Vigo este mércores para reclamar o indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, traballadores condenados a tres anos de cadea por participar nun piquete, e rexeitar a reforma da lei xudicial do Goberno español. Por outra banda, centos de persoas solidarizáronse hoxe co secretario comarcal da CIG-Servizos da Coruña coincidindo co xuízo de danos pola súa participación na folga de instalacións deportivas.
29/5/2014 A CIG-Servizos entende que se trata dunha represalia polo apoio do persoal á candidatura da CIG nas eleccións
A CIG-Servizos realizou este xoves unha concentración diante do centro de AFAL Ferrolterra situado na rúa Río do Castro en protesta polo despedimento dunha traballadora. Ao entender da Federación da CIG, esta medida, totalmente inxustificada, é unha represalia da empresa polo apoio maioritario que recibiu á candidatura da central nacionalista nas eleccións do pasado abril.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com