Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Grecia e a recuperación da política na economía
03/07/2015Alfredo Serrano
A democracia participativa non ten cabida na economía dos expertos. Velaquí a cuestión: a economía deseñada por uns poucos a favor duns poucos ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
A solução dos problemas do povo grego só pode ser alcançada no caminho da afirmação da soberania e da ruptura com o diktat e os mecanismos de ...
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
Na Ucrânia se trava uma grande batalha contra o fascismo, o triunfo das forças obscuras deixaria aberta a via da opção fascista, nunca descartad...
A crise da UE e a “experiência” grega
25/06/2015Ângelo Alves
A realidade na Grécia, mas também em toda a UE, é de uma luta de classes muito aguda. Nessa luta, os fatores nacional e supranacional relacionam-...
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
O modo como a crise financeira da Europa do Sul tem sido "resolvida", o vasto cemitério líquido em que se transformou o Mediterrâneo, o crescimen...
A nova xeopolítica do petróleo
01/06/2015Ignacio Ramonet
Saúde Laboral Saúde Laboral
30/6/2015 A central rexeita a implantación do traballo por obxectivos e a obrigatoriedade de vender produtos que a clientela non demanda
Delegados/as sindicais da CIG e traballadores/as desenvolveron hoxe unha protesta diante da sede central de Abanca en Vigo para rexeitar a presión e o acoso que a dirección exerce sobre o cadro de persoal da entidade financeira. Dende o sindicato denuncian que a empresa está a implantar o traballo por obxectivos e a impoñer un ritmo máis elevado, ao tempo que obriga os traballadores/as a vender produtos que a clientela non demanda.
25/6/2015 A CIG seguirá a reclamar un cambio normativo que protexa as persoas expostas a pó silicótico
O consello xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), reunido no día de hoxe, aprobou proceder a un cambio de criterio sobre o o tratamento asistencial aos traballadores/as afectados/as de silicose de 1º grao. Deste xeito, recoñecerase a incapacidade permanente total para quen presente esta doenza e na súa empresa non exista un posto de traballo alternativo libre de pó. A proposta de modificación da actual normativa foi presentada pola CIG-Construción hai máis dun ano na reunión do grupo de traballo creado ao efecto.
22/6/2015 O empregado, da compañía Euro Roca, faleceu o pasado venres día 12 tras quedar atrapado por unha máquina
A CIG, CCOO e UGT desenvolveron hoxe unha concentración ás portas do Concello do Porriño en solidariedade coa familia do operario da empresa Euro Roca, dedicada ao tratamento de granito, falecido o pasado venres 12 tras quedar atrapado por unha máquina. Dende as tres centrais sindicais reclámanlle ás distintas Administracións públicas que velen polo cumprimento das condicións de seguridade no traballo e instan as empresas a cumprir a lexislación nesta materia.
8/6/2015 Produciuse un accidente laboral no Hospital Cirúrxico de Conxo por lavar material de risco biolóxico de forma precaria
A CIG-Saúde de Compostela xunto con USAE veñen de denunciar perante a Inspección de Traballo e Seguridade Social as condicións do proceso de lavado e desinfección do material de uso persoal de pacientes (cuñas) do Hospital Provincial Cirúrxico de Conxo. A denuncia realizouse tras producirse un accidente laboral no Hospital Cirúrxico de Conxo.
29/5/2015 Malia ter solicitado os datos a principios de maio a Xerencia non deu aínda os datos oficiais
A CIG-Saúde de Compostela denuncia a pretensión do SERGAS de pechar unidades e camas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago durante os meses de xullo, agosto e setembro. Uns peches que afectarían, no Hospital Provincial a cinco unidades, ademais do bloque de Quirófanos/Despertar; no Clínico a dúas e no Gil Casares a outras dúas.
19/5/2015 A mutua obrigouna a traballar até a semana 30, a pesar de estar en contacto con produtos químicos e ter que pasar excesivas horas de pé
A CIG-Servizos realizou unha concentración este martes diante dos xulgados de Ferrol con motivo da celebración do xuízo contra a Mutua Fremap, que obrigou a unha peiteadora a permanecer no seu posto até a semana 30 de embarazo, cando as recomendacións, e o habitual nese estabelecemento, é ir de baixa por risco no embarazo a partir da semana 22 ou 24.
18/5/2015 A mobilización será o xoves 21 e sairá ás 20:30 horas da Praza da Horta do Seminario
A Sección Sindical da CIG-Saúde vén de manifestar o seu apoio á manifestación do próximo 21 maio convocada pola plataforma veciñal con motivo da reivindicación dos novos servizos prometidos para o HULA. A central fai un chamamento á poboación para que acudan masivamente á mobilización, que sairá ás 20:30 horas da Praza da Horta do Seminario.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com