Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grecia e a recuperación da política na economía
03/07/2015Alfredo Serrano
A democracia participativa non ten cabida na economía dos expertos. Velaquí a cuestión: a economía deseñada por uns poucos a favor duns poucos ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
A solução dos problemas do povo grego só pode ser alcançada no caminho da afirmação da soberania e da ruptura com o diktat e os mecanismos de ...
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
Na Ucrânia se trava uma grande batalha contra o fascismo, o triunfo das forças obscuras deixaria aberta a via da opção fascista, nunca descartad...
A crise da UE e a “experiência” grega
25/06/2015Ângelo Alves
A realidade na Grécia, mas também em toda a UE, é de uma luta de classes muito aguda. Nessa luta, os fatores nacional e supranacional relacionam-...
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
O modo como a crise financeira da Europa do Sul tem sido "resolvida", o vasto cemitério líquido em que se transformou o Mediterrâneo, o crescimen...
A nova xeopolítica do petróleo
01/06/2015Ignacio Ramonet
30/6/2015 A central rexeita a implantación do traballo por obxectivos e a obrigatoriedade de vender produtos que a clientela non demanda
Delegados/as sindicais da CIG e traballadores/as desenvolveron hoxe unha protesta diante da sede central de Abanca en Vigo para rexeitar a presión e o acoso que a dirección exerce sobre o cadro de persoal da entidade financeira. Dende o sindicato denuncian que a empresa está a implantar o traballo por obxectivos e a impoñer un ritmo máis elevado, ao tempo que obriga os traballadores/as a vender produtos que a clientela non demanda.
30/6/2015 A Xunta de Persoal do Chuvi volveu hoxe á rúa para reclamar a gratuidade do aparcadoiro e un servizo de transporte público axeitado
A federación de Saúde da CIG de Vigo denuncia que ante a “apertura forzada” do novo hospital da cidade que tivo lugar no día de onte, traballadores/as e usuarios/as padeceron unha serie de consecuencias derivadas da falta de sinalización no aparcadoiro ou polo feito de que os baños aínda están sen rematar. A Xunta de Persoal do Chuvi volveu hoxe á rúa para reclamar a gratuidade do aparcadoiro e un servizo de transporte público axeitado ao centro médico.
30/6/2015 CIG-Servizos denuncia que a empresa despediu a unha traballadora que formou parte da candidatura da central nas eleccións sindicais
Traballadoras/es da residencia de maiores de Outeiro de Rei, xestionada por Geriatros, concentráronse na tarde deste martes para exixir á empresa a readmisión da traballadora despedida e que, curiosamente, foi na candidatura da CIG ás eleccións sindicais. Ademais, coa protesta tamén se quere rexeitar a decisión unilateral da empresa de recortar o plus de actividade que até o de agora viña cobrando o persoal.
30/6/2015 A última represión da empresa consistiu en denegarlle a adaptación do posto, que a traballadora solicitou por motivos de saúde
Este mediodía, un grupo de delegados e delegadas da CIG concentráronse diantedo Centro de Educación Especial (CEE) Souto de Leixa de Ferrol, para protestar polas actitudes que a Xerencia da empresa está a ter coa delegada da central sindical no Comité. Unhas actitudes, denuncian, “totalmente discriminatorias e arbitrarias,e que están a traer graves consecuencias para a súa saúde e situación laboral no centrode traballo”.
30/6/2015 A central convoca folga indefinida na recollida do lixo de Nigrán o 20 de xullo ante a falta de acordo na negociación do convenio
A federación de Servizos da CIG de Vigo vén de gañar por maioría absoluta as eleccións sindicais celebradas nas empresas Cespa, concesionaria do servizo municipal de mantemento de parques e xardíns, e Pull&Bear. Por outra banda, a central ten convocada unha folga indefinida na recollida do lixo de Nigrán a partir do 20 de xullo ante a falta de acordo na negociación do convenio colectivo.
30/6/2015 As traballadoras e os traballadores, que teñen pendente de cobrar media nómina de abril e todo maio, volveron mobilizarse este martes
As traballadoras e os traballadores do Grupo Editorial La Capital volveron mobilizarse este martes, 30 de xuño, coincidindo co remate do segundo ERE temporal, que teñen vixente dende o pasado ano. Coa protesta queren reivindicar, unha vez máis, o abono dos salarios adebedados e un plan de viabilidade que garanta a continuidade dos empregos e o mantemento dos distintas cabeceiras que edita o grupo empresarial.
cig.prensa@galizacig.com