Inicio
Quen somos
Estrutura
Convenios
Documentos
Pronunciamentos
Publicacions
Directorio
Ligazóns
 

Documentos

Cumprimento Lei de Transparencia 2016 (2016-07)

Cumprimento Lei de Transparencia 2016

Propostas da CIG en materia laboral e social para unha nova lexislatura (2016-05)

As sucesivas contrarreformas laborais le-vadas adiante polos gobernos españois, con posterioridade á aprobación do Estatuto dos Traballadores de 1980, supuxeron un importante retroceso nos dereitos individuais e colectivos da clase traballadora ao desregular e/ou flexibilizar as condicións en materias como a contratación, o despedimento, a xornada, o salario ou mesmo o cumprimento ou negociación dos convenios colectivos. Estamos a falar dun calculado e con-tinuado proceso de desmantelamento do dereito do traballo a prol da parte máis forte nas relacións laborais, a prol do capital.

En defensa da negociación colectiva en Galiza (2016-05)

Unha representación da Executiva da CIG reuniuse este luns con representantes dos grupos parlamentares do BNG e AGE para alertar do grave deterioro que sofre a negociación colectiva en Galiza e solicitar a presentación de iniciativas en defensa dun Marco Galego de Relacións Laborais. Ambos os grupos manifestaron o seu apoio ás propostas da central sindical que está pendente de manter xuntanzas tamén, ao longo desta semana, co PSOE e co Grupo Mixto. O único que non contestou aínda foi o PP.

Situación laboral das mulleres en Galiza 2015 (2016-03)

A crise, as reformas laborais implantadas ao seu abeiro e que deterioraron os dereitos laborais, as reformas fiscais que incrementaron directamente as desigualdades, a redución da capacidade distributiva do sector público, etc., fixeron agromar unha nova figura laboral -xa case esquecida- que se vén coñecendo como “pobre laboral”, un traballador ou traballadora con emprego pero cuxos ingresos non lle permiten superar a liña de pobreza.

O mercado de traballo en Galiza 2015 (2016-03)

En principio, é difícil cuantificar como afecta a redución do estado do benestar á clase traballadora, mais o que si se pode cuantificar é a redución dos ingresos. Para iso temos os datos da Axencia Tributaria, que nos amosan unha caída xeneralizada dos salarios dos traballadores/as e un medre considerábel da desigualdade entre estes/as.

Orzamentos Xunta 2106 (2015-11)

Estamos ante os últimos orzamentos desta lexislatura do Sr. Núñez Feijoo, e polo tanto ante un ano electoral, o que sen dúbida vai modificar a política orzamentaria.

Cumprimento da Lei de Transparencia 2015 (2015-04)

Cumprimento da Lei de Transparencia 2015

Negociación colectiva 2015 (2015-02)

Nestes dous últimos anos, por efecto do momento económico e principalmente pola aplicación da reforma laboral, prodúcese un retroceso e debilitación con carácter xeral na negociación colectiva.

Salarios 2013 (2015-06)

A Axencia Tributaria elabora todos os anos unhas estatísticas sobre os ingresos que se declaran a Facenda por parte das persoas asalariadas, desempregadase pensionistas do Estado español. Utilízase como base para o estudoa Declaración Anual de Retencións e ingresos a conta sobre rendementos do traballo, de determinadas actividades económicas, premios e determinadas imputacións de renda (modelo 190). É, polo tanto, unha base moi exhaustiva de información; trátase, ademais, dunha declaración que non posúe ningún suposto de exención da obriga de declarar. Así todas as entidades, incluídas administracións públicas,que pagan salarios, pensións ou prestacións por desemprego están obrigadas a presentar o modelo, con independencia da personalidade, a actividade, a dimensión ou o carácter público

Orzamentos do Estado para 2015 (2015-06)

O proxecto de orzamentos do estado para 2015, a lei máis importante que o goberno do estado  promulga no ano, que determina a maior parte das súas políticas, ademais, de sela base sobre a que se moverá a economía durante o ano, non nos aporta ningunha novidade con respecto a anos anteriores;  estamos pois ante uns orzamentos continuistas, onde o máis importante é facer fronte a débeda pública, capítulo que absorbe a maior parte do incremento do gasto; onde se reducen os gastos en desemprego cando cada vez temos unha maior parte de poboación sen ingresos derivado do traballo, onde se reduce a investigación en sanidade e medra en defensa...; e todo isto sobre un escenario macroeconómico de difícil credibilidade.