Inicio
Quen somos
Estrutura
Convenios
Documentos
Pronunciamentos
Publicacions
Directorio
Ligazóns
 

Documentos

Paro rexistrado no ano 2012 (2013-01)

Rematado 2012, xa van 5 anos consecutivos medrando o número de desempregados rexistrados nas oficinas do SEPE (Servizo Público de Emprego ), a finais de 2012 había 278.787 persoas paradas, 123.800 máis que a finais de 2007, en Galicia. O máis grave xa non é que aumente o desemprego, senón que o fai máis que no ano anterior; se ben mes a mes segue unha mesma secuencia, a evolución interanual cada vez é máis negativa

Orzamentos Xunta de Galiza: ano 2013 (2013-01)

Novamente, e xa van catro anos, a Xunta presenta uns orzamentos restritivos, para o ano 2013 a cantidade presupostada alcanza a cifra de 9.479 millóns de euros, un 3,8% menos que a cantidade prevista para 2012. Dese o ano 2009, que  a crise se instala na nosa comunidade,  a caída das contas públicas foi de 2.300 millóns de euros.

Mocidade galega en 2012: Paro e emigración (2013-01)

Desde o ano 2008, que a crise se instalou en Galicia, case tódolos indicadores macroeconómicas arroxan cifras negativas, pero son os datos do mercado de traballo os que encabezan o ranking. Caeu a actividade económica, pero a caída da ocupación e o medre do desemprego están tendo un comportamento moito máis negativo.

Orzamentos Xerais do Estado: ano 2013 (2012-11)

Inmersos nunha profunda crise dende fai catro anos e sen sinais de recuperación, o goberno do estado presenta un proxecto de orzamentos, novamente restritivo, que coidamos vai afondar aínda máis na xa precaria situación da nosa economía.

Situación político sindical e laboral - Documento Conferencia Sindical (2012-07)

A crise económica é unha crise de sobreprodución, dun reparto desigual da riqueza, vinculada a un modelo económico profundamente especulativo, xerador de burbullas diversas, que funciona á marxe da economía real, parasita e marxina a economía produtiva, precariza as condicións de traballo, transfire recursos públicos e rendas do traballo ao capital, incrementa as desigualdades sociais, concentra a riqueza en poucas mans e debilita á clase traballadora fronte á burguesía.

Avaliacion Reforma Laboral (2012-02)

Desde a crise económica dos anos oitenta inícia-se un proceso continuado de desmantelamento do dereito do traballo a prol da parte máis forte nas relacións laborais, a prol do capital.  Ata agora, as tres grandes reformas foron reformas para a cri-se, que non solucionaron nin incidiron no gravísimo problema do desemprego, pero que determinaron o modelo de relacións laborais en todo o territorio do Estado español.

A muller no mercado laboral en Galiza (2011)

A situación máis precaria que soporta  a muller galega no mundo laboral, implica unha maior exposición os efectos negativos das últimas reformas. Máis aló das reformas legais, estamos asistindo día a día, a recortes en determinados servizos públicos, que están minando o xa cativo estado social que dispoñiamos, calquera minoración  destes servizos prexudica especialmente á mulleres, xa que o que non aporta o estado acaba por asumilo a muller a través de máis horas de traballo ou renunciando a el, tratase de coidade de dependentes, menores... Cando se aprobou a reforma das pensións, segundo os datos da memoria económica do anteproxecto de lei sobre a reforma, o 75% dos homes que se xubilaron en xaneiro de 2011 tiña os 38 anos e medio cotizados , no caso das mulleres o 24%, e polo tanto, de entrar a nova lei en vigor inmediatamente poderían xubilarse ós 65 anos e non ter que e esperar ós 67

Paro Rexistrado (ano 2011)

Desde mediados do ano 2007, estamos asistindo a un incremento continuo das persoas paradas rexistradas nas oficinas do servizo público de emprego (en diante, SEPE). Aínda que, mes a mes, se mantén a tendencia de descenso do número de parados/as nos meses estivais, (e máis próximos), a evolución interanual continuou empeorando ao longo de 2011. O ano 2011 rematou con 20.921 persoas paradas rexistradas máis que a finais de 2010. Son preto de 120.000 as persoas paradas que, desde mediados de 2007, se incorporaron ás listas do desemprego en Galiza, 20.900 das cales o fixeron neste último ano, acadándose en decembro a cifra de 258.234 parados/as, algo insólito na nosa historia económica.

O Mercado de Traballo en Galiza (2011)

Xa rematado o ano 2011, a realidade do mercado laboral galego é demoledora. Desde o ano 2008, asistimos a unha perda constante e importante de postos de traballo. Estamos falando de 110.400 postos de traballo destruídos no último lustro e, aínda, un maior aumento da poboación parada, xa que a poboación activa aumentou neste período. Dese o ano 2007, a partir do cal comeza a aumentar o desemprego, son 129.000 as persoas desempregadas que temos a maiores en Galiza.